AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Un repaso dos Martín Códax 20.05.2024 18:01
Con Emilio Españadero repasamos os principais premiados dos Premios Martín Códax: Os Melidaos, Caamaño & Ameixeiras, Miudiño Sessions, A Arca da Noe... e un avance do próximo 'Lume na palleira'!
Tito Refoxo, Xaime Varela e Miguel Faus 18.05.2024 56:58
Noutro sábado de cine acollemos ó actor Tito Asorey, que estrea no Festival de Cans a súa primeira curtametraxe, titulada "Nai", con banda sonora de Moura. Con Xaime Varela anticipamos a impactante historia de Carlos Asorey Martínez, un documentalista oculto que filmou á emigración galega en París e traballou na TVG. Os seus filmes e súa historia sairán á luz na Sección Cineherdanzas do...
En xogo motor 18-05-2024 18.05.2024 30:57
A sección de motor da Radio Galega centrou a súa atención na conversa con Dani Berdomás, quinto clasificado no Rally da Mariña, así como nos diferentes vencedoras das copas de promoción. Tempo houbo para valorar a celebración da proba cun dos organizadores, Nacho Davila. Na recta final do espazo, escoitamos aos protagonistas galegos tralo GP de Galicia de motocross, desputado a pasada semana no ci...
Susana Villalta: "Luísa segue formando parte de min” 17.05.2024 7:09
Susana Villalta celebrou no GxD o Día das Letras e compartiu recordos da súa irmá: “estaría fondamente emocionada e participaría de todo isto”. “Luísa segue formando parte de min”.
Especial Diario Cultural Luisa Villalta 17.05.2024 58:16
Poeta, narradora, ensaísta, dramaturga e música, o perfil da autora complétase tamén desde o activismo social e político, o feminismo ou a defensa da lingua e a cultura galegas. Isabel Freire asina este programa dunha hora de duración no que podemos escoitar a numerosas voces entorno á figura de Villalta. Tanto a traxectoria vital como a profesional, social e política forman parte do especial no q...
"O teatro de Luísa foi volvéndose cada vez máis profundo e complexo" 16.05.2024 15:22
Co profesor e especialista en teatro galego Henrique Rabuñal analizamos a actividade teatral de Luísa Villalta. Escribiu cinco obras e deixou algún material inédito.
'Disco, Ibiza, Locomía' e 'Calladita' 16.05.2024 11:09
Con Moncho Lemos repasamos as principais novidades da carteleira: 'Disco, Ibiza, Locomía, dirixida por Kike Maíllo; e 'Calladita', de Miguel Faus
As accións performativas transforman Compostela. 16.05.2024 15:58
15 artistas no programa da quinta edición do Festival Plataforma que se desenvolve en distintos espazos Santiago ata o 25 de maio. Falamos con Mónica Maneiro
"Luísa era unha persoa sempre ávida de coñecemento" 15.05.2024 14:45
O compromiso de Luísa Villalta foi moi importante. Implicouse, estimulou a reflexión crítica, creou opinión e tomou partido. Á súa beira hai unha amiga que comparte ese cariño: a profesora, ex-deputada do BNG e escritora Pilar García Negro.
Sons adormecidos 15.05.2024 12:07
Con Luís Miguel Crespo repasamos os vindeiros concertos da Real Filharmonía de Galicia e da Orquesta Sinfónica de Galicia.
“A pel di todo”. A pel do Museo abre Infiltracións. 15.05.2024 15:58
O Museo de Pontevedra revisa a súa colección no ciclo Infiltracións que abre a artista Mónica Alonso coa mostra “A pel do museo”. Falamos con Monica Alonso e Iñaki Martínez Antelo, comisario do ciclo.
Pancho Pillado e Luísa Villalta: unidos pola música, a literatura e a cultura galega 14.05.2024 15:52
Ana Pillado é unha das fillas de Pancho Pillado, o que foi editor de Luísa Villalta, ademais do seu mentor e amigo. Uníronos a música, a literatura e o amor pola cultura galega. Isabel Freire mantivo unha conversa con ela.
'O incendio' 14.05.2024 11:25
Con Dolores Vilavedra falamos do libro 'O incendio', de Sara Vila Alonso, gañador do último Premio Blanco Amor de novela.
FITEI: Construción dun país 14.05.2024 15:58
Comeza na cidade de Porto un dos festivais máis relevantes do calendario peninsular. O FITEI acompaña nesta edición os 50 anos do 25 de abril. Falamos co director do Festival, Gonçalo Juncal Amorim
Música ao vivo, novidades e un premio máis que merecido 13.05.2024 9:34
Con Emilio Españadero conversamos sobre o premio honorífico Martín Códax da Música para Emilio Cao, o novo de Fuxan os Ventos, o “Cantar Galego ao Zeca” de Uxía e o concerto de aniversario de Milladoiro.
Escenas do Cambio 13.05.2024 9:28
Afonso Becerra fai balance do décimo festival Escenas do Cambio, que tivo lugar a pasada fin de semana na Cidade da Cultura.
Semana dos “Museos pola educación e a investigación” 13.05.2024 15:58
Comezan as actividades da celebración do Día Internacional dos Museos que o vindeiro 18 de maio subliña a dimensión educativa e investigadora destes espazos. Falamos con Esperanza Gigirey, presidenta do Consello Galego de Museos.
'As Neves', o Festival de Cans e 'Véxote' 11.05.2024 55:37
Conversamos con tres protagonistas do filme de Sonia Méndez "As Neves". Sentan nas nosas butacas Andrea Varela, David Rodríguez e Antía Mariño. O director do Festival de Cans, Alfonso Pato, debulla os contidos do certame, que comeza o 21 e remata o 25 de maio. Recibimos tamén a Óscar Pardo, que presenta en Cans a súa curtametraxe "Véxote", sobre os 'monstros' da mente...
En xogo motor 11-05-2024 11.05.2024 30:57
O campionato galego de rallys desembarcou na mariña lucense para desputar a cuarta proba do calendario. E como nas tres anteriores, o vencedor na clasificación xeral final foi o dumbriés Víctor Senra. Co seu Citroën C3 WRC impúxose a Alberto Meira, primeiro á súa vez no Supercampionato R5. Completou o podio Jorge Pérez Oliveira.
'As neves', o debut de Sonia Méndez 10.05.2024 13:52
Dende hoxe, 24 cines acollen o filme 'As neves', o debut na dirección da viguesa Sonia Méndez, que tamén escribiu o guión.
O 'Galego is not dead' con Pauliña 09.05.2024 10:55
Pauliña volve cun disco rockeiro que bascula ao ska, reivindicativo e festivo ao mesmo tempo. Titúlase 'Galego is not dead' e está composto por oito cancións.
'As neves' e 'O reino do planeta dos simios' 09.05.2024 15:10
'As neves' de Sonia Méndez e 'O reino do planeta dos simios' ocuparán a carteleira que nos trae hoxe Moncho Lemos.
“Adaptamos un poema que amosa todo o compromiso social de Luísa” 09.05.2024 13:40
A Banda da Loba presenta “E a mar”, unha canción homenaxe a Luísa Villalta, a escritora a quen se lle dedica este ano o Día das Letras.
De caveiras con gominolas e serigrafías con "Colacaos" 08.05.2024 14:25
Visitamos a exposición "Héctor Francesch. Colección de favoritas" na Fundación Abanca en Vigo. O universo deste artista abarca dende o debuxo á pintura, pasando polas instalacións. Converte en arte obxectos que todos temos a mán, apostando por unha pintura colorista que nos remite ao pop art e ao cómic.
Xornada Power Up 08.05.2024 12:57
Con Luz Castro coñecemos máis da Xornada Power Up arredor de Videoxogos Aplicados e Persuasivos, que organiza o Campus Industrial de Ferrol en colaboración coa coordinación do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos e co Concello de Ferrol.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.