AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2316 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Lecturas de luar 31.05.2024

Eva Mejuto tráenos tres libros que exploran a fascinación que a lúa inspira, sobre todo no lectorado miúdo. Noites confinadas, de Chema Mesías, Ilduara Penas e David Catalá; o poemario Máxica Lúa, de Xoán Neira, con ilustracións de Lucía Barrios, e o clásico contemporáneo A que sabe a Lúa, de Michael Grejniec.

Outras historias posibles 30.05.2024

"Outras historias posibles" celebra as traxectorias de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré como exemplos da diversidade creativa na arte contemporánea. A mostra reivindica a estas artistas galegas, que despuntaron nos 80’s peronon gozaron da visibilidade merecida debido aos condicionantes de xénero Falamos con Susana Cendán, que foi...

Dúas pelis para a finde 30.05.2024

Moncho Lemos tráenos dúas estreas; -Back to Black, un biopic amable sobre Amy Winehouse. -La mujer dormida, unha historia que mestura drama e misterio co paranormal e que progagoniza o galego Javier Rey.

S8: A periferia é o centro. 30.05.2024

A Mostra S8 revisa a filmografía de Narcisa Hirsch e estrea o novo filme de Annalisa D. Quagliata “A creatividade que as mulleres están aportando ao cinema é a protagonista pero dunha maneira natural. É máis do 90% da programación”. Falamos con Angel Rueda codirector de S8

O frío, a estrea de Pablo Dopazo 29.05.2024

O frío é a primeira dunha nova produtora que aposta por outras formas de facer cinema. “Falta un compromiso coa xente que filmas e á que filmas”. Falamos con Pablo Dopazo director da curta galardoada no festival de Cans.

Dous programadores no Galicia Escena Pro 29.05.2024

Falamos cos programadores culturais de Ordes, Santi Nieto, e de AGuarda, Teresa Espejo. Están asistindo á feira Galicia Escena Pro, en Compostela, e mergullámonos con eles nesta cita imprescindible para os profesionais do sector

A mansión dos anxos 29.05.2024

Luís Miguel Crespo tráenos un disco que recolle músicas de salón de compositores pontevedreses dos séculos XIX E XX

A fuxida de Cristina Rey 28.05.2024

 A nosa prescriptora de libros tráenos A Fuxida, de Cristina Rey Vázquez. É unha novela sobre a migración e unha alegación contra o racismo. De protagonismo feminino, incide na necesidade dos lazos de sororidade para enfrontar as situacións máis difíciles da vida dos personaxes, que transcorre entre Vigo e Ecuador

Legado Coidado, arte comunitaria para o Pasatempo 28.05.2024

Conversamos con Carme Nogueira, a artista e investigadora que realizou esta intervención no Parque do Pasatempo de Betanzos despois dun proceso participativo veciñal. Escoitamos tamén o mediador Fran Nogueira, do proxecto Concomitentes, que canalizou a iniciativa.

Sara Herranz dialoga con Simone de Beauvoir 28.05.2024

Mónica Maneiro comenta a exposición 'Sara Herranz & Simone de Beauvoir' que pode visitarse na galería Dupla de Santiago ata o 14 de xuño. A ilustradora canaria dialoga coa obra da escritora e pensadora francesa, figura clave do feminismo e o existencialismo.

Tres novos arqueólogos 27.05.2024

Conversamos con Carlos Vázquez, Israel Gázquez e Brahim Ouhdach, tres estudantes do máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade que imparten as tres universidades galegas. Con eles e con Mario César Vila falamos da formación dos futuros arqueólogos, das súas expectativas profesionais e ata da música que escoitan. 

XI Galicia Escena Pro: o mercado do que vai vir. 27.05.2024

A Feira das artes escénicas reúne dende hoxe e ata o 30 de maio en Compostela a 200 profesionais da programación teatral. Preséntase 20 espectáculos nun programa aberto público, que organizan Agadic e Escena Galega. Falamos con Juan Rodríguez

Sala 5 no festival de Cans 25.05.2024

Nesta ocasión, Begoña Vázquez desprazouse ata Cans para contarnos todo o que aconteceu no festival.

Unha volta por Cans 24.05.2024

O Festival de Cans é esa versión rural, divertida e moito menos comercial que do festival de cine francés. Na vixésimo primeira edición pasarán polo Porriño David Trueba, María Vázquez e moitas outras personalidades do audiovisual. Falamos co director do festival, Alfonso Pato.

"Os actos e as profecías" 24.05.2024

Afonso Becerra tráenos a última montaxe do Centro Dramático Galego: "Os actos e as profecías", unha obra dirixida por Tamara Canosa e que xira arredor dos "talent shows".

Acordamos cartografía: os lugares de memoria 24.05.2024

Do agrarismo ao ensino libre ou a organización colectiva contra os abusos. Preséntase en Cans o documental 'Acordamos'. Conversamos con Uxía, directora do filme.

'Furiosa' e 'Segundo premio' 23.05.2024

Con Moncho Lemos repasamos as novidades da carteleira: 'Furiosa', de George Miller; e 'Segundo premio', de Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez.

As programacións escénicas á procura dun novo modelo 23.05.2024

Comezan en Mariñán as II Xornadas da Academia Galega de Teatro .“O deseño das programacións teatrais galegas: á procura dun modelo cooperativo” reúne a compañías e profesionais dos concellos. Falamos con Xavier Castiñeira, coordinador das xornadas

O misterio de Santalla de Bóveda 22.05.2024

Viaxamos ata o conxunto arqueolóxico de Santalla de Bóveda. As modernas técnicas de investigación están proporcionando novas vías para entender un monumento que, até o de agora, era un dos grandes misterios do pasado romano en Galicia.

O galego nos videoxogos 22.05.2024

Con Luz Castro analizamos nesta ocasión a presencia do galego no sector dos videoxogos.

Xosé Lois Romero presenta “A mulher lyrio”. 22.05.2024

“A mulher lyrio” é a BSO da obra de teatro “Manuela Rey is in da house”, unha coprodución do CDG que recupera a memoria da actriz. Falamos co músico e compositor Xosé Lois Romero

A pulsión xeométrica de Menchu Lamas 21.05.2024

Regresamos ás pinturas da viguesa Menchu Lamas, a precursora que nos anos 80 estableceu os primeiros lazos entre modernidade e tradición, entre o abstracto e o figurativo. A galería Luisa Pita de Santiago acolle unha escolma de obras de Menchu Lamas dos últimos 5 anos. Cadros de grandes formatos nos que as formas circulares e a pulsión xeométrica volven adquirir protagonismo.

'O teu perfil na miña sombra' 21.05.2024

Con Dolores Vilavedra falamos da obra 'O teu perfil na miña sombra', de Rexina Vega.

Seis séculos de música no Festival de Música Cidade de Lugo 21.05.2024

Gli Incogniti abría o Festival de Música Cidade de Lugo. 51 Semana de Música do Corpus que ata o 1 de xuño programa oito concertos. Falamos co secretario da Sociedade Filarmónica de Lugo, José Luís Díaz.

Entre bosques de algas 20.05.2024

Imos somerxernos no fondo do mar para descubrir bosques de algas a través da mostra "Retrato dun bosque de laminarias", da artista viguesa Elena Alonso. Unha exposición na que combina pinturas coloristas, vídeo e realidade aumentada para poñer en valor estes ecosistemas mariños e concienciar sobre a súa conservación.

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.