AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2315 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O Dique de Nova Galega de Danza 05.07.2024

A última produción de Nova Galega de Danza "Dique" será a encargada de abrir a 40 edición do MIT de Ribadavia o 19 de xullo

Mundos dixitais 04.07.2024

Arranca na Coruña Mundos dixitais, o Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media. Falamos co seu director, Manuel Meijide, e con Jorge Morais, finalista no festival e relator no congreso

Dúas comedias españolas 04.07.2024

Moncho Lemos tráenos dúas estreas de cine español: Mala persona e El bus de la vida. Teñen en común o seren comedias dramáticas e xiraren en torno ao cancro

De Ninghures e Portamérica 04.07.2024

Tito Lesende estrea os novos temas de De Ninghures e de Baiuca. Avanzamos tamén o festival Portamérica, con música de León Benavente e Sarria. 

Adeus a Justo Beramendi 03.07.2024

Esta noite faleceu aos 82 anos o historiador, ensaísta, profesor e articulista Justo Beramendi. Ana Romaní traza o seu perfil e falamos del con Ramón Villares, Luís Álvarez Pousa e Concha Losada. Co seu libro "De provincia a nación. Historia do galeguismo político" gañou o Premio Nacional de Ensaio en 2008. A obra xa recibira o Premio da Crítica de Galicia.

Despedidas musicais 03.07.2024

Repaso polos artistas que este ano anunciaron despedida: de Nación Quilombo a Leilía

Verán cultural para a rapazada 03.07.2024

Exploramos algunhas das opcións culturais ao dispor da rapazada e mocidade durante o verán. Campamentos musicais como o San Simón Fiddle, obradoiros artísticos e laboratoratorio de arquitectura no MARCO  e oportunidades para descubrir disciplinas como o circo co colectivo Circonove.

A cara oculta da Lúa 03.07.2024

Estíbaliz Espinosa fala da cara oculta da Lúa e doutros obxectos cósmicos e conflitos ocultos. Con versos do libro 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'

Suplantacións 02.07.2024

A Fundación Pazos Cuchillo en Oza-Cesuras abre a exposición «Suplantación»Esta experiencia está comisariada por Nilo Casares. O colectivo Tronante, formado polo artista visual Juan Lesta e o arquitecto Xosé Suárez, desenvolve o proxecto Suplantación, a unión da obra de ámbolos creadores por xunto e por separado.  

Galegas da Idade Media contra os casamentos obrigados 02.07.2024

As mulleres da Idade Media en Galicia fronte aos malos casamentos: denuncias, fuxidas, infelicidade e morte.

As baleas cantan no Festival Atlántica 02.07.2024

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica espalla a súa duodécima edición por 30 cidades, vilas e aldeas de Galicia e Portugal. Por primeira vez, a programación para público adulto supera en número á infantil e familiar. Con nomes como Paula Carballeira ou Cándido Pazó. Escoitamos a directora do encontro, Soledad Felloza, e a dous dos máis de cincuenta narradores participantes, Anxo Mou...

Que información agachan os topónimos? 02.07.2024

O filólogo Vicente Feijoo falános hoxe da información histórica, lingüística e cultural que levan consigo os topónimos e da campaña 'Toponimízate', que busca concienciar a poboación da importancia desta riqueza patrimonial

O segredo do ourive 01.07.2024

Falamos coa directora luguesa Olga Osorio da rodaxe da súa nova película en Elciego. El secreto del orfebre, con Mario Casas e Michelle Jenner, adapta a novela do mesmo título de Elia Barceló. -------------------------------------

Vilar de Donas 01.07.2024

A igrexa lucense de Vilar de Donas, en Palas de Rei, chega aos oitocentos anos. Coñecemos algunhas das moitas curiosidades desta xoia do Románico

Merza prepárase para o Galaico Brass Festival 01.07.2024

Luís Miguel Crespo avánzanos o programa da cuarta edición do Galaico Brass Festival, que acolle a parroquia dezá de Merza entre 7 e 12 de xullo. Un encontro arredor dos instrumentos de vento metal que inclúe concertos, formación e convivencia, coa presenza de músicos de orquestras internacionais. 

En xogo motor 30-06-2024 30.06.2024

No Galicia en Xogo desta fin de semana falaron varios protagonistas da sexta cita do CGR, desputada no Carballiño. Ademais, repasouse o máis salientable da presentación do Rally Rías Baixas, proba valedeira para o Supercampionato de España de Rallys.

Deseño galego premiado 28.06.2024

A deseñadora Uqui Permui, alzouse co reputado Premio Europeo de Deseño, polas coloristas bolsas de sementes que creou para a empresa “Sementares”. Bolsas actractivas na aparencia externa e feitas con criterio sostible, xa que se fabrican a partir de fibras de tomate. A maiores, outros 3 estudios galegos recibiron galardóns por deseños de lámpadas de teito feitas con granito, libros bordados ou a w...

Danza para o Orgullo 28.06.2024

Dende Lyon, o noso experto en Artes Escénicas recoméndanos "Blondi", un espectáculo do bailarín e coreógrafo David Loira, co que reivindicar o Orgullo

Principia en Cangas a Mostra de Teatro 27.06.2024

Inclusión e convivencia son os eixos da 41 edición da Mostra de Teatro de Cangas, que se celebra dende hoxe ata o 7 de xullo. O programa inclúe a última produción de Chévere: Helen Keller, a muller marabilla e 7 estreas absolutas. Falamos coa pregoeira, a actriz Patricia Vázquez, e coa directora artística, María Armesto.

Novidades na carteleira 27.06.2024

Hoxe falamos de dúas novidades na carteleira: *Casa en llamas, de Dani de la Orden. *Kind of kindness, de Yorgos Lanthimos

Teatro sobre rodas 27.06.2024

'De Vilatriste a Vilalegre' é o título da nova obra da compañía Teatro Ó Cubo, da que falamos con Sofía Espiñeira e Roberto Casal. Unha coprodución co Centro Dramático Galego que percorre o país nun escenario móbil, o camión “A utópica rodante”. O domingo 30 de xuño estará na Mostra de Teatro Cómico festivo de Cangas.

De Maricarme a Alice Cooper 27.06.2024

Tito Lesende comeza o repertorio deste xoves con Maricarme, o trío folk formado por Cibrán Seixo, Migui Carballido e Antía Amexeiras, que ademais participa con Sabela Caamaño na canción 'As vidas caladas' de Antía Muíño.

Arranca o Resurrection Fest 26.06.2024

Comeza en Viveiro o RESU 2024, que vai pola súa edición número 19. A estrela desta xornada de apertura é Alice Cooper pioneiro do heavy-glam e historia viva do rock aos seus 76 anos. Falamos con Esteban Girón, director de comunicación do Resurrection Fest, consolidado coma referente mundial da música metal, punk, rock e hardcore

Supergrupos galegos 26.06.2024

Carlos Crespo fálanos de proxectos musicais conformados por artistas galegos que xa teñen os seus propios grupos.

María Ruido, premiada na Mostra de Cangas 26.06.2024

Conversamos coa artista visual e investigadora María Ruido, á que a Mostra de Cangas recoñece co premio 'Mulleres en Acción' pola súa "contra-narrativa feminista e de clase".  A Mostra proxecta este mércores o seu último filme, 'Las reglas del juego' e expón as súas primeiras creacións na mostra '4 Performances'.

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.