AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2316 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

María Ruido, premiada na Mostra de Cangas 26.06.2024

Conversamos coa artista visual e investigadora María Ruido, á que a Mostra de Cangas recoñece co premio 'Mulleres en Acción' pola súa "contra-narrativa feminista e de clase".  A Mostra proxecta este mércores o seu último filme, 'Las reglas del juego' e expón as súas primeiras creacións na mostra '4 Performances'.

No verán, Café con Ardora 26.06.2024

Durante este verán compartiremos 'Cafés con Ardora' con Estíbaliz Espinosa. Conversas sobre cultura e ciencia nas que comparten protagonismo, ao mesmo nivel, a literatura e a astronomía, a física e a música, a arte e a neurociencia. Neste primeiro café estival falamos do fenómeno da ardora e de bioluminescencias, con  música de Kozmic Muffin e textos de Kobayashi Issa e Clarice Lispector...

Aquis Querquennis 25.06.2024

Falamos co arqueólogo do Grupo Larouco, Santiago Ferrer, das perspectivas de cara á campaña de escavacións deste verán no Aquis Querquennis, en Baños de Bande.

Dona Teresa de Zúñiga 25.06.2024

Principia a serie de mulleres na Historia que, cada martes e durante a tempada de verán, nos vai achegar o historiador Miguel García Fernández

'Alén', memoria do rural que esmorece 25.06.2024

Conversamos co fotógrafo Vicente Fraga, gañador da XVIII edición Premio Luís Ksado coa serie 'Alén'. Estas doce imaxes forman parte dun proxecto máis amplo, 'Adeus', co que documenta desde 2021 o esmorecemento da cultura rural tradicional. 

A riqueza da nosa toponimia 25.06.2024

Vicente Feijoo, filólogo especialista en Toponimia, fálanos este verán da enorme riqueza que constitúen os nomes galegos de lugar.  Un patrimonio excepcional no ámbito europeo pola súa densidade, variedade e antigüidade, que intentan preservar en Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa á que xa contribuíron unhas 6.000 persoas. 

De tesouros vellos e novos 24.06.2024

Soledad Felloza fálanos de patrimonio, lendas e tradicións. Hoxe, os tesouros de Castrolandín

Romanticismo musical no ClasClás 24.06.2024

Luís Miguel Crespo debulla o programa da sétima edición do Festival ClasClás de Vilagarcía. Ata o 29 de agosto o certame ofrece, baixo o título 'Andante',  concertos que poñen o foco na música romántica, nos grandes quintetos de piano e cordas ou a música checa.

En xogo motor 22-06-2024 22.06.2024

A sexta cita do Campionato Galego de rallys celebrouse no Carballiño, con vitoria de Vitor Senra, por diante de David González nunha proba marcada polos abandonos, sobre todo dos primeiros dorsais da lista de inscritos.

Paseo sonoro 21.06.2024

Un paseo sonoro pola Rúa Nova de Santiago grazas a códigos QR nos escaparates. Unha proposta diferente encadrada no proxecto O que non se escribe, que mañá ofrece no Teatro Principal un concerto de Sús e Mel. Falamos coa súa responsable, Aitana Cuétara

Cía IO 21.06.2024

Álvaro Reboredo "Fiti" é un artista de circo que acaba de graduarse na Escola Superior de Arte Dramática. Á fronte da súa propia compañía, IO, convertirá en espectáculo o seu TFG.

Carabela navegan 'A noite' 21.06.2024

Carabela preséntannos o seu segundo EP, 'A noite', no que crean atmosferas oníricas que combinan a calidez da voz humana e os sons sintéticos. Conversamos con Ana Moas e Pablo Pazos, dous dos membros deste cuarteto de Noia.

Lecturas adolescentes 21.06.2024

Eva Mejuto despídese antes das vacacións con dous libros sobre sexo destinados a adolescentes. Puberdade en marcha, traducido ao galego por Iago Nicolás e publicado por Kalandraka,  pensado para rapazada entre os 11 e 13 anos e Sexualidades, da sexóloga e influencer Isa Duque. Despedímonos con música de jazz e a novela Trompeta, de Jackie Kay, en versión galega de María Reimóndez e publicada por H...

Máis alálá, unha exploración poética, sonora e visual 21.06.2024

O escritor e performer Xelís de Toro e o músico Alejandro Vargas publican 19 postais sonoras con imaxes de Manuel Vilariño. Máis alálá é un obxecto artístico literario a partir dos poemas de De catro a catro. Música improvisada e poesía sonora nun traballo do que falamos con Xelís de Toro: “Ao aspecto sonoro das palabras non se lle dá a importancia que ten”.

Dique. Marta Pazos dirixe o novo espectáculo de Nova Galega de Danza 20.06.2024

“Dique tamén cuestiona a cultura do esforzo” Hai 150 anos 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. A escavación do Dique da Campa de Ferrol centra o espectáculo que dirixe Marta Pazos: “Para min é importante honrar o legado para sementar o que vén”. Falamos coa directora e co responsable de Nova Galega de Danza, Jaime...

Del revés 2 e Alumbramiento 20.06.2024

Xa está nos cines Del revés 2. Agora coa nena protagonista entrando na adolescencia da man de dúas emocións máis. A outra película que nos trae Moncho Lemos é Alumbramiento, que aborda o internamento de adolescentes embarazadas e o roubo de bebés na España dos 80’s

Arte e física, mirando xuntas máis alá 20.06.2024

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías conmemora o seu 25 aniversario cunha exposición de arte realizada en colaboración co departamento artístico do CERN. 'Instrumentos de visión' achega vídeos e fotografías do artista italoalemán Armin Linke sobre as complexas ferramentas que a ciencia contemporánea utiliza para investigar a composición da materia.  A comisaria da mostra é a co...

Voces do Gozo Festival 20.06.2024

Escoitamos con Tito Lesende os artistas que participarán no Gozo Festival, o 6 de xullo en Santiago. De Ed Sheeran a Fillas de Cassandra, pasando por Bomba Estéreo, Mon Laferte, Angelina Mango e Milky Chance.

Arranca a sétima edición do Clasclás 20.06.2024

Tiro de saída para a sétima edición do Clasclás, o festival internacional de música clásica que ten lugar en Vilagarcía. Falamos coa directora do Conservatorio profesional e tamén do certame, Rosina Sabrido

O legado de Enrique Macías 19.06.2024

“O meu irmán era un gran intelectual moi descoñecido” 29 anos despois da morte do compositor a familia atopa o espazo para os materiais que conforman o arquivo de Enrique Macías. “Queremos que ese material poda ser estudado e darlle valor ao seu traballo”. Falamos con Xabier Macías, irmán do compositor, e con Roberto Oliveira, investigador e responsable da dixitalización do legado.

Xerme 19.06.2024

Luz Castro tráenos na súa derradeira colaboración da tempada Xerme, de Acariño Games, unha aventura de descubrimento coa enerxía coma protagonista. Tamén nos recomenda achegarnos ao Museo do Videoxogo de Cangas, que acaba de abrir un salón Arcade.

Las Edades del hombre 19.06.2024

Santiago acolle a exposición itinerante de arte sacra Las edades del hombre. “Hospitalitas” comparte sede entre Compostela e Vilafranca do Bierzo. Pode visitarse ata novembro na catedral e no mosteiro de San Martiño Pinario. Falamos co comisario da mostra, Ramón Yzquierdo

O nadador 18.06.2024

Dolores Vilavedra remata tempada con O nadador, de John Cheever, traducido ao galego por Moisés Barcia para Rinoceronte. Personaxes adúlteros, nómades, insatisfeitos que desexan evadirse e mudan de vida nun instante… Este é o quinto dos seis volumes de contos que publicou John Cheever, e o mellor de todos eles, segundo a crítica.

O 'Amuleto' de Grampoder 18.06.2024

Roi Fernández e Martiño Suárez forman Grampoder, un dúo nacido das cinzas do grupo The Homens que acaba de publicar o seu terceiro LP. 'Amuleto' aproveita ao máximo o formato de guitarra e batería para soster cancións que narran o desencanto vital de toda unha xeración. 

'Simbiose', gráfica seriada e expandida 18.06.2024

Mónica Maneiro comenta a exposición 'Simbiose', unha mostra de gráfica expandida na que presentan as súas creacións 24 artistas de España e Portugal, entre eles un bo número de membros do grupo dx5 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A mostra forma parte dun proxecto artístico Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo'.

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.