AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
'Padre no hay más que uno. Campanas de boda' 18.07.2024 14:19
O compañeiro Moncho Lemos trae unha película de estrea destinada a arrasar na billeteira: 'Padre no hay más que uno. Campanas de boda'. Santiago Segura volve ós cines, agora coa cuarta entrega da saga. Coas outras tres tomas recadou case 40 millóns de euros rachando récords en encabezando as listas das películas españolas máis vistas dos últimos tempos.
A música non entende de envexas 17.07.2024 7:39
O noso colaborador, Carlos Crespo, analizará a cada vez máis frecuente colaboración entre músicos galegos, alleos a vellas rivalidades e envexas.
María Perez, a Balteira, e María Castaña 16.07.2024 12:22
Revisamos o que sabemos con certeza ou non sobre as figuras de María Pérez, a Balteria, e María Castaña.
A Torre da Barreira 15.07.2024 13:13
Sole Felloza achéganos á Torre da Barreira que está na parroquia de Riobóo, do concello de A Estrada.
En xogo motor 13-07-2024 13.07.2024 30:57
O espazo dedicado ao motor desprazouse á bisbarra do Sur do Condado para contar o acontecido na sétima cita do CGR, unha proba marcada polas moitas penalizacións a case tódolos pilotos por exceso de velocidade nos parques de asistencia. Andrés Vieites recolleu as declaracións dos pilotos que coparon o podio e do presidente da Escudería Surco Bruno Rivera.
Identidade, memoria histórica e movementos sociais 12.07.2024 30:57
“Identidade, memoria histórica e movementos sociais” Luis Seoane volve exhibirse na Fundación homónima logo de tres anos de obras no edificio coruñés. Son 50 obras entre óleos, gravados, debuxos e produción editorial. Falamos con Silvia Longueira, comisaria da exposición que estará aberta ao público durante un ano.
Festival Almada 12.07.2024 30:57
Afonso Becerra está en Portugal seguindo o Festival Almada, que o domingo acollerá a produción do Centro Dramático Galego, “Manuela Rey is in da house”
Festival de Ortigueira 12.07.2024 30:55
O Festival de Ortigueira ofrece deica o domingo actuacións do talle de Backwest, Fillas de Cassandra, Green Lads, Kanaris Quintet, a propia Escola de gaitas de Ortigueira, Caledonia Pipe Band, Nogood Boyo, Dervish ou Capercaillie. Falamos con Xan Pampín,do grupo Ailá, e co gaiteiro asturiano José Manuel Tejedor.
Tres lecturas de e para o verán 12.07.2024 30:55
Raquel C. Pico estrea colaboración con estas tres propostas literarias: *A campá de vidro, de Sylvia Plath. Tradución de Celia Recarey. *Nos días encantados de agosto, de Manolo González *O marabilloso mundo das profesións. Tradución: María Reimóndez.
Os viquingos chegan a Compostela 11.07.2024 14:52
A exposición "Unha vida viquinga", na Cidade da Cultura, agrupa 120 pezas arqueolóxicas únicas chegadas de Suecia, Dinamarca e Francia... e unha barca viquinga de 17 metros! A mostra pretende achegar unha visión máis rica e veraz sobre a cultura viquinga, cuestionando todos os clichés.
'Fly me to the moon' 11.07.2024 11:52
Tempo para as estreas con Moncho Lemos... con aromas a Frank Sinatra. "Fly me to the moon", protagonizada por Scarlett Johansson e Channing Tatum.
Conta atrás no Festival de Ortigueira 10.07.2024 30:57
Mañá comeza o Festival Internacional de Música Celta. Emilio Españadero, director de ‘Lume na Palleira” debulla o programa con Bruno Lozano, o presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira.
De Baiuca a De Ninghures 10.07.2024 30:57
De Baiuca a De Ninghures. Carlos Crespo fálanos dos grupos que están renovando a música tradicional galega mesturándoa coa electrónica.
Xoves de Códax 10.07.2024 30:57
Miguel Poveda e Miguel Lamas abren a XI edición do ciclo musical «Os xoves de Códax» coas entradas esgotadas. Falamos con eles e con Rosa Bugallo, directora artística nas adegas Martín Códax.
Café con ardora e abellas 10.07.2024 30:57
Café con ardora con Estíbaliz Espinosa. Hoxe detémonos nas abellas. Sabiades que non todas fan enxames? E que hai moscas disfrazadas delas?
Patrimonio Invisible en Pontevedra 09.07.2024 30:57
“Esgotadas as prazas para tomar parte na Semana do Patrimonio Invisible en Pontevedra en apenas 4 minutos”. Manuel Rial, o seu coordinador, debulla connosco os seis lugares que poderán coñecer quen se apuntaron a estas visitas guiadas. Son o Pazo de Gandarón, San Bartolomeu, os xardíns de Lourizán, San Salvador de Lérez, o Parador e mailo Teatro Principal.
Xoana Vázquez das Seixas 09.07.2024 30:57
Miguel García-Fernández achéganos a figura de Xoana Vázquez das Seixas, unha muller empoderada na Galicia medieval de finais do século XIV
"A era das fábulas" 09.07.2024 30:57
Este mércores inaugúrase a exposición "A era das fábulas" no Museo de Pontevedra, unha mostra que poderemos visitar ate o 29 de setembro no Edificio Castelao. Inclúe obras de Maruja Mallo, Kandinski, Picasso, Miró… Falamos con Ángeles Tilve, comisaria e directora do museo.
Para que serve o nomenclátor de Galicia? 09.07.2024 30:57
Da man de Vicente Feijoo, descubrimos para que serve o nomenclátor en Galicia.
Atlantic Pride 08.07.2024 30:57
Xa está en marcha o Atlantic Pride na capital herculina. Falamos con César Pérez, codirector desta cita do Orgullo Norte que se alonga toda a semana. Nesta quinta edición cun marcado carácter eurovisivo...
Ruta emocional por Serra de Outes 08.07.2024 30:57
Con Soledad Felloza percorremos a ruta dos carpinteiros cos pés mollados, en Serra de Outes. Esta ruta litoral de pouco máis de tres quilómetros permite coñecer a carpintaría de ribeira, que a comezos do século XX foi fundamental no desenvolvemento da zona. Vai de Freixo, pasando pola praia de Siavo, ata o areal de Broña . Poden mirarse ramplas de pescadores, obradoiros artesanais e ata un museo.
Galego sen fronteiras 08.07.2024 30:55
XXXIV edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia, que se desenvolven en Santiago dende o pasado día 3 e ata o 24 Organizan a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña. Falamos con María López Sández e dous dos seus alumnos, un da India e out...
O Galicia Clarinet Fest 08.07.2024 30:55
Luís Miguel Crespo debulla o Galicia Clarinet Fest, que vai ter lugar en Lalín do 12 ao 19 deste mes. A capital do Deza será o epicentro mundial do virtuosismo do clarinete, ofrecendo un espazo académico, formativo e de ocio.
En xogo motor 06-07-2024 06.07.2024 30:57
No espazo de motor semanal atenderon á segunda e última cita do Spuercampionato de España de rallys, desputada en terras viguesas. A vitoria de Ruiloba por diante de Cachón e Cohete Suárez e as súas declaracións, tanto na Radio Galega como no despregue a pé de treito da G2.
Arranca a cátedra Rosalía de Castro na USC 05.07.2024 30:57
Bota a andar na USC a cátedra institucional Rosalía de Castro. Falamos coa súa codirectora, Mª do Cebreiro Rábade Villar, dos antecedentes e proxectos desta novo foco académico para alumear como merece a insigne poeta galega e universal
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.