AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2314 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 6, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

De perfumes, cheiros e recendos 18.09.2024

Con Raquel C.Pico achegámonos á memoria olfativa do século pasado

O metal submariño de Urko 18.09.2024

Urko é un trío compostelán de metal que reivindica desde o seu nome o mito do can do mar, e con el, a música subterránea.  Acaban de publicar o seu primeiro EP, 'Capítulo I: Retorno do abisal', que presentan en directo en Santiago o 28 de setembro. 

Cadros de BD 18.09.2024

Manel Cráneo explora a relación entre artes visuais, museos e a banda deseñada.

O anxo que nunca fun 18.09.2024

"Hai cousas moi sorprendentes para min mesmo" M. Outumuro revisa a influencia dos recordos da infancia na súa obra. O fotógrafo inaugura en Ourense a exposición "O anxo que nunca fun"

O gabinete de Ricardo Blanco-Cicerón 17.09.2024

O gabinete de Ricardo Blanco-Cicerón. Do coleccionismo ao museo Deica o 10 de novembro no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Falamos con Erea Castro Alfonso, a comisaria desta exposición: “Era un adiantado na conservación de patrimonio galego”.

Os mortos que amei 17.09.2024

 Dolores Vilavedra comenta “Os mortos que amei”, de Iria Collazo . Unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós,

Comeza a temporada artística 17.09.2024

Mónica Maneiro repasa o comezo da temporada de exposicións en galerías e museos. 

Nadie González 16.09.2024

Carlos Crespo preséntanos a Nadie González. Do primeiro disco desta viguesa, que fai hiphop “blandito”, escoitamos Coroa de flores e A Carrasquiña.

Xudef Klas e Suevia 16.09.2024

Patty Castro segue descubríndonos a historia e o presente do metal galego, hoxe cos clásicos Xudef Klas e as contemporáneas Suevia. 

Música Imaginaria 16.09.2024

"Descubrín outras sonoridades". Vibráfono e acordeón están na xénese de Música imaginaria Sae o novo proxecto de Baldo Martínez Sexteto. 

En Xogo Motor 14-09-2024 Video 14.09.2024

A provincia da Coruña acollerá a oitava edición do Ecorally, que este ano é valedeiro para o mundial da especialidade. Tamén analizaron a previa do GP de China de motocross, penúltima cita do mundial polo que loita Jorge Prado

Ópera 13.09.2024

Alfonso Becerra debulla La Bohème, que arrancou a temporada de Ópera na Coruña

Noites na cidade vella 13.09.2024

Arranca na Coruña o III ciclo de concertos “Noites na cidade vella”

Chega aos cines 'Justicia Artificial' 13.09.2024

Conversamos con Santi Prego e Ledicia Sola, dous dos intérpretes galegos que participan no thriller 'Justicia Artificial', que explora os dilemas que suporía o uso da intelixencia artificial na xustiza. Dirixida e coescrita por Simón Casal, a longametraxe está participada pola produtora galega Abano e pola TVG. Estréase nas salas de cine este venres 13 de setembro e proxectarase na secci...

Lecturas para o novo curso 13.09.2024

Na semana do comezo do curso escolar Eva Mejuto propón lecturas para rapazada e docentes. 'Fóra de campo' é unha obra de teatro de Rosalía Fernández Rial  que pode ser lida e interpretada por adolescentes e explora que hai máis alá do mundo supostamente perfecto de Instagram. Da mesma autora, 'Mover ficha' achega propostas para as clases de lingua e literatura. A terceira propo...

Celme de zanfona 12.09.2024

Os cegos cantores, portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media, son os protagonistas do IV Celme de Zanfona Unha colección de Pregos de cordel do Arquivo Castro Vicente permite ver de preto as cualidades formais, editoriais, literarias e relativas á estampa. Inclúe un espectáculo teatralizado de Quico Cadaval que recrea a alianza dos cegos cantores coa arte dos monicreq...

Dous thrillers de estrea 12.09.2024

Moncho Lemos tráenos hoxe dous thrillers: Justicia artificial, do coruñés Simón Casal e a estadounidense No hables con extraños, de James Watkins

Catro días de música nas Revenidas 12.09.2024

Visitamos o festival Revenidas, que ata este domingo acolle en Vilaxoán concertos de Fillas de Cassandra, Lendakaris Muertos, Rebeliom do Inframundo ou Vértebras. Nesta edición do festival despídese do público o proxecto Nación Quilombo de García MC e tamén a banda catalá La Pegatina, visitante habitual das Revenidas.  Imaxe de Christian Pérez

Verbena, política e melodía 12.09.2024

Hoxe Tito Lesende tráenos dúas estreas do país: 'Papá & Mamá', reviravolta de Ortiga ao clásico de Los Satélites, e 'Cantare', unha peza na que Hugo Guezeta une forzas coas rapeiras Nadie González e Temible Olivina. Ademais escoitamos a Jake Bugg, que participa no OUR Fest.

V Encontro profesional de Música Galiza-Portugal 12.09.2024

12 showcases de bandas de Galiza e Portugal no MUMI Comeza o  V Encontro profesional de Música Galiza-Portugal en Tui e Valença

Un mosteiro, un mar de historias 11.09.2024

 “Un mosteiro, un mar de historias” pon en valor o patrimonio do Real Mosteiro de Oia, o único da  Orde do Císter ubicado na costa atlántica. A mostra percorre 875 anos -dende o s. XII ata o s. XXI- desvelando por vez primeira episodios descoñecidos do monumento e da propia historia de Galicia. Na sede de Afundación en Vigo ata o 5 de outubro.

Os inicios da radio en Galicia 11.09.2024

Os inicios da radio en Galicia. Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, primeira estrela mediática galega e impulsor do Padroado Rosalía de Castro. Estvo en antena de 1933 a 1936

Mulleres que resistiron ao fascismo 11.09.2024

Mulleres que resistiron ao fascismo  A Casa-Museo Casares Quiroga da Coruña acolle unha exposición dedicada á resistencia das mulleres ao fascismo na guerra civil española  e na segunda guerra mundial. Unha mostra documental e fotográfica que pode visitarse ata finais do mes de outubro. No marco da exposición o 12 de setembro desenvolverase un faladoiro no que participarán descendentes de varias m...

50 anos do Gaspariño 11.09.2024

Manel Cráneo recorda a Gaspariño, un personaxe co que Xaquín Marín empezou a publicar viñetas na nosa lingua no xornal 'El Ideal Gallego' en 1974. Lembramos a mirada crítica e humorística daquel neno filósofo e a importante traxectoria deste pioneiro do cómic galego.

Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico 11.09.2024

O deseño galego dende as primeiras décadas do século XX á actualidade: A Fundación DIDAC acolle a mostra Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico. Trátase dunha versión da mostra que representou a Galicia na Porto Design Biennale e completa o traballo da Fundación para a creación dun arquivo dixital

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.