AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
MARÉ, música e diversidade 26.09.2024 30:57
Ata o 29 de setembro o festival MARÉ celebra a diversidade con concertos en diferentes espazos de Santiago de Compostela. A Pedreira, Albert Pla, Ana Lua Caiano, Francisco, el Hombre ou Alana son algúns dos artistas que participan neste encontro con músicos de dez países diferentes, que incorpora nesta edición un espazo profesional. Conversamos co coordinador do festival, Quique Costas, e con Sés,...
Bala, O Portughés, Mariagrep 26.09.2024 30:57
Tito Lesende repasa a programación do festival Noites do Porto, na Coruña, no que actúan Bala o venres 27 de setembro. Tamén escoitamos cancións novas d'O Portughés e mais de Mariagrep.
Bulebule 26.09.2024 16:57
"Hai unha certa idade na que de repente perdemos o público" Os Náufragos Teatro estrea Bulebule, un espectaculo sobre o TDAH e o valor da diversidade que retoma o ronsel do premiado Hugo.
Antes de Nós 25.09.2024 30:57
Conversamos coa directora Ángeles Huerta sobre a película “Antes de Nós”, que xira arredor da figura de Castelao e está en plena rodaxe. “Para min un artista excepcional dunha sensibilidade moi elevada” Non é unha biografía convencional, xa que busca entender como era Castelao antes de se converter nunha icona. As cousas así, céntrase en dous momentos fundamentais: o seu labor como médico en Rianx...
Polos camiños de Santiago con Edith Warthon 25.09.2024 30:57
Con Raquel C. Pico seguimos as pegadas de Edith Wharton pola Galicia dos anos vinte. Considerada unha das escritoras máis populares da literatura estadounidense contemporánea, a súa novela máis coñecida é ‘A idade da inocencia’ En 1925 e 1928 percorreu o noso país e quedaron testemuñas escritas nun diario e apuntes para un libro. Segundo dixo Galicia ten unha “paisaxe inigualable, a non ser pola...
Inconformistas da música clásica 25.09.2024 30:57
Coñecemos a nova temporada da Real Filharmonía de Galicia con Baldur Brönniman e Sabela García-Fonte, director técnico e artístico e directora técnica respectivamente. Baixo o título 'Inconformistas', a programación pon o foco en compositores que abriron novas vías sonoras. Canda Beethoven ou Berlioz, nomes do noso tempo como Isabel García-Tomás, Premio Nacional da Música en 2022 e comp...
Visita ao castro de Astérix 25.09.2024 30:57
Manel Cráneo lévanos á aldea de Astérix... ou máis ben ao parque temático que a recrea desde hai 35 anos. Unha oportunidade de pasear entre os personaxes dun dos cómics máis lido do mundo e moi querido en Galicia, onde dispoñemos dos álbums da serie traducidos á nosa lingua.
A pintura que mira 25.09.2024 16:58
“O cadro tamén mira”. Ánxel Huete expón na Coruña obra recente. A Galería Nordés acolle a exposición “A pintura que mira” comisariada por Juan de Nieves
Hórreos 24.09.2024 30:57
“O hórreo é un sinal de identidade de primeira liña”. Carlos Henrique Fernández Coto, presidente da Rede Internacional Hórrea de Graneiros Elevados Tradicionais. Galicia acolle por vez primeira o seu Encontro Internacional do 27 ao 29 deste mes en A Estrada.
Unha casa onde vivir 24.09.2024 30:57
Dolores Vilavedra comenta o poemario ”Unha casa onde vivir”, de Inma Núñez, a obra gañadora da XXIII edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.
A paisaxe interior de Mayte Vieta 24.09.2024 30:57
A paisaxe interior de Mayte Vieta Mónica Maneiro comenta a mostra 'O son do mar' da fotógrafa catalá Mayte Vieta, a mostra coa que o CGAC abre a temporada expositiva.
X Encontro Cultura e Cidadanía 24.09.2024 16:57
Os dereitos culturais e as transformacións na cultura dos últimos dez anos a exame no encontro Cultura e Cidadanía que se desenvolve en Santiago de Compostela 600 profesionais participan no programa do Ministerio de Cultura
Cine galego en San Sebastián 23.09.2024 30:57
Falamos con Chelo Loureiro, que presenta dúas curtametraxes da súa produtora de animación Abano. Son "Lola, Lolita, Lolaza" e "Eu vou comigo". Ademais forma parte da produción da película Justicia Artificial, que compite na sección oficial.
Filloas 23.09.2024 30:57
Carlos Crespo tráenos o vigués Filloas , que acaba de publicar un adianto do seu terceiro disco. “22 minutos”. Mestura tecno, pop, punk e electrónica,
A conquista romana do Noroeste, en 3D 23.09.2024 30:57
A conquista romana do Noroeste, en 3D O proxecto Finis Terrae pescuda a conquista romana no Noroeste da Península e utiliza novas metodoloxías para a investigación e a divulgación. Conversamos cos arqueólogos José Manuel Costa-García e Francisco Alonso Toucido.
'Bel canto' e música de cine Video 23.09.2024 30:57
'Bel canto' e música de cine Pablo Sánchez Quinteiro ponnos música de Donizetti, Bruckner e John Williams mentres repasa o calendario de concertos de clásica para os próximos días. Tempada lírica da Coruña, concertos de clásica no OUFF e un repaso pola presenza de músicos galegos en orquestras berlinesas.
Semana de cine de Lugo 23.09.2024 16:57
"En Lugo hai moitísimos cinéfilos que aprenderon cine con nós e agora van cos seus fillos e netos". Comeza a 46 edición da Semana de Cine de Lugo A Semana de Cine proxecta 147 filmes en cinco espazos da cidade.
En xogo motor 21-09-2024 21.09.2024 31:01
O Campionato Galego de Rallys chega ao seu fin e desputou este sábado a súa penúltima cita : O Rally Ourense Ribeira Sacra. Ante a ausencia do xa campión Víctor Senra, a loita estivo entre dani Berdomás e Alberto Meira, caendo do lado do coruñés, que suma o seu primeiro rally absoluto na súa carreira deportiva. Ambos, xunto ao resto de protagonistas, pasaron polo Galicia en Xogo Motor.
IRIBARNE 20.09.2024 30:57
IRIBARNE , do Centro Dramático Nacional é-segundo a propia compañía- un intento (irreverente) por comprender como chegamos ata aquí camiñando da man de secundarios imprescindibles da Historia de España. Pero ollo, non é un biopic sobre Manuel Fraga Texto Esther F. Carrodeguas Dirección Xavier Castiñeira
Revoltallo, festival parroquial 20.09.2024 30:52
Visitamos a trixésimo primeira edición do Revoltallo, un festival gratuíto e comunitario que organiza a parroquia viguesa de Valadares. Música de Os Vacalouras, Sun Iou, Silvia Penide ou Cabodano, obradoiros e programación familiar durante toda a fin de semana.
Papóns e Anna Kadabra 20.09.2024 30:52
Papóns e Anna Kadabra Eva Mejuto proponnos hoxe ler Papóns, un álbum ilustrado de Sandra Lodi gañador do premio Alberte Quiñoi. E xa está en galego Anna Kadabra, unha maga rebuldeira creada por Pedro Mañas que se converteu en todo o un fenómeno literario.
PROTO (SN1806) 20.09.2024 17:01
Janet Novás trae ao teatro Rosalía da Coruña PROTO (SN1806). O espectáculo de danza parte das supernovas e reivindica a forza do colectivo a través de tres performers.
Galician Freaky Film Festival 19.09.2024 30:57
Do 20 ao 28 deste mes desenvólvese en Vigo a oitava edición do Galician Freaky Film Festival na Praza Elíptica. Na sección oficial compiten 60 curtametraxes chegadas de 29 países. Conversamos con Juan de Castro, director do festival, que salienta as producións galegas e as homenaxes aos 40 anos de Terminator e Pesadelo en Elm Street. Tamén as dúas décadas da mítica Toxic Percebe.
Estreas recomendadas 19.09.2024 30:57
Moncho Lemos fálanos de dúas estreas de cine español. Puntos Suspensivos, dirixida por David Marqués, é un thriller que combina o mundo da literatura cosuspense psicolóxico Solos en la noche, de Guillermo Rojas. Un grupo de avogados laboralistas agóchase nunha casa cando se produce o golpe de Estado do 23-F.
A cincenta que non quería comer perdices 18.09.2024 30:57
Sarabela Teatro preestrea ‘A cincenta que non quería comer perdices’ no Teatro Principal de Ourense cun pase para escolares. A obra busca desmontar os falsos mitos do amor romántico a partir da historia escrita por Nunila López Salamero con dramaturxia e dirección de Fina Calleja. Falamos con ela e tamén co actor Fernando Calleja da necesidade de rachar cos estereotipos de xénero.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.