AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A muller misteriosa 10.09.2024 30:43
Quen é aquela moza? Situémonos: 1957. Aldea das Aguias, Muras (Lugo). O oftalmólogo e investigador Antón Beiras tira 35 fotografías da malla na eira da casa dos de Pascual, os seus sogros. 2024. As imaxes expóñense por vez primeira na vella caseta de correos da estrada que comunicaba Lugo con Viveiro. O cartel da exposición amosa unha rapaza que traballou naquela malla. Tódolos retratados están id...
Todos os lonxes 10.09.2024 30:43
O debut literario de Breogán Xague “Todos os lonxes”, un diario poético
Palestina existe e persiste 10.09.2024 30:57
Mónica Maneiro comenta a mostra 'Palestina existe e persiste', na galería compostelá Patio de Luz. A exposición reúne obras e instalacións de Raquel Álvarez Méndez, María Xosé Domínguez e Elena Fernández Prada. A galería acollerá unha acción especial relacionada coa mostra o 14 de setembro, na Noite dos Museos.
Patrimonio invisible en Compostela 09.09.2024 30:57
Coas entradas esgotadas arranca en Compostela a Semana do Patrimonio Invisible. Con Vituco Neira achegámonos a algúns destes espazos agochados, coma os mananciais de Vite ou a Torre do Tesouro da Catedral.
hydn 09.09.2024 30:57
Hoxe coñecemos á coruñesa hydn, de nome real Sandra Guedev, creadora no seu momento do "galenglish" pero que agora só canta engalego.
A nova regueifa toma os institutos 09.09.2024 30:57
A nova regueifa toma os institutos Nos últimos anos a improvisación oral en verso chegou a un feixe de centros escolares galegos a través do proxecto Regueifesta. Conversamos cos docentes Manolo Maseda e Séchu Sende, impulsores desta iniciativa, e con Marta Iglesias, unha das adolescentes que aprendeu no instituto a súa paixón pola regueifa.
La Bohème e Sensoxenoma 09.09.2024 30:57
Pablo Sánchez Quinteiro estréase como colaborador compartindo a súa paixón con Mahler, o comezo da tempada lírica na Coruña con 'La Bohème' de Puccini e explicando en que consiste o proxecto Sensoxenoma no que colabora a Real Filharmonía de Galicia.
Espazos Sonoros, o patrimonio a través da música Video 09.09.2024 16:57
Espazos Sonoros, o patrimonio a través da música A escritora Luísa Villalta protagoniza en Viena a primeira colaboración entre o ciclo Espazos Sonoros e o festival Viertel Barock.
Cidade Imaxinaria 06.09.2024 30:19
‘Cidade Imaxinaria’ inclúe 14 espectáculos de circo, maxia e teatro. A idea é que pais e cativos compartan unha tarde de ocio. Falamos con Ana Isabel Vázquez Reboredo, xerente da Cidade da Cultura, e con Xabi Lozano, capaz de converter calquera obxecto nun instrumento musical. A cita é mañá pola tarde no Gaiás
ANÖA 06.09.2024 30:19
Coñecemos o espectáculo de danza ANÖA, da compañía Elvi Balboa en coprodución co Centro Coreográfico Galego.
Chanfaina Lab 06.09.2024 30:55
Visitamos o concello coruñés de San Sadurniño durante a novena edición do Chanfaina Lab. Este encontro audiovisual reúne 25 cineastas de diferentes idades e procedencias, profesionais e amateurs, para compartiren o entusiasmo de facer cine durante unha fin de semana.
'Heartstopper' e ferreñas 06.09.2024 30:55
'Heartstopper' e ferreñas Eva Mejuto empeza a temporada traéndonos un libro recén chegado ás librarías, Heartstopper. Rapaz coñece rapaz, o best-seller xuvenil da británica Alice Oseman, agora traducido ao galego por Nee Barros e Éric Dopazo. Lembramos a Dorothé Shubarth no primeiro cabodano do seu pasamento co libro 'Ferreñas e rock and roll', de Larura Romero e Iria Pedreira....
Presentación do FIOT 33 06.09.2024 16:57
O FIOT estrea Mulleres que viven soas de Berrobambán 36 espectáculos na nova edición do FIOT que se presenta co lema "Agora é sempe"
Justicia Artificial 05.09.2024 30:57
“É un thriller político” O coruñes Simón Casal preestrea hoxe na cidade herculina a súa última película “Justicia artificial”, que xira en torno á introdución da IA na Xustiza.
Dúas estreas españolas 05.09.2024 30:57
Moncho Lemos tráenos dúas estreas para a fin de semana: - “El 47”, de Marcel Barrena. A historia real dun acto de disidencia pacífica e o movemento veciñal de base que en 1978 transformou o extrarradio de Barcelona para sempre. -”Estación Rocafort”, de Luis Prieto. Terror paranormal nunha estación de metro.
Flores no FIC Bueu 05.09.2024 30:57
As flores do cine de Jonas Mekas son o leit motiv da 17ª edición do Festival Internacional de Cine de Bueu. Ademais da retrospectiva deste cineasta experimental, o FIC Bueu proxectará 29 curtametraxes de 18 países na sección oficial. Na súa primeira fin de semana o certame acolle unhas dedicadas este ano a reflexionar sobre a relación entre ciencia e cinema, coa presenza do director Jaime Rosales,...
Baiuca e Carlangas soben ao monte Viso 05.09.2024 30:57
Tito Lesende tráenos hoxe a última colaboración de Baiuca e Carlangas, 'Monte Viso', que formará parte do próximo álbum do músico de Catoira. Escoitamos tamén novas pezas de grupos que actúan en directo nos últimos festivais do verán: 'Pedindo perdón' de Tanxugueiras e 'Ahí estás' de Amaral.
XXIII Festival Agustín Magán 05.09.2024 16:57
Comeza o XXIII Festival Agustín Magán que organiza FEGATEA Seis compañias de teatro afeccionado presentan os seus últimos traballos en distintos espazos da cidade de Santiago.
O cura monicrequeiro 04.09.2024 30:57
Domingo Martínez de Presa, o cura monicrequeiro. Foi abade de San Miguel de Feás, en Xinzo da Limia. Deseñaba autómatas e escribiu un libro sobre eles en 1662. Falamos con Inacio Vilariño, que reproduciu un deses enxeños para o Museo ddas Marionetas de Lalín.
O primeiro libro en galego para aprender a ler 04.09.2024 30:57
Raquel C. Pico descóbrenos o primeiro manual para aprender a ler en galego. “Método de lectura”, publicado en 1932, de Josefa Iglesias Vilarelle. Unha mestra que exerceu en Mouronte (Pontevedra)
HerDanza en Santiago 04.09.2024 30:57
A oitava edición do festival HerDanza toma Santiago ata o 7 de setembro. Leodán Rodríguez e Isábel Sánchez debullan a programación do festival, que leva espectáculos de danza a espazos como a igrexa das Ánimas, a praza de San Martiño Pinario ou o Museo do Pobo Galego.
Glosario da BD 04.09.2024 30:57
Manel Cráneo estrea a súa sección sobre banda deseñada aclarando algúns conceptos sobre esta arte que para el é tan vella como os debuxos nas paredes das cavernas.
Os límites das fronteiras mentais 04.09.2024 16:57
Máis de 20 curtametraxes compiten nas seccións a concurso da novena edición do festival de curtametraxes de Verín
As primeiras da lista 03.09.2024 30:55
Son os artistas galegos con máis actuacións en concertos e festivais dunha escena bulideira sen precedentes. Coñecémolos un pouco mellor falando con eles. -Fillas de Cassandra é un dúo musical formado en 2022 por dúas coruñesas, María SOA e Sara Faro. A súa música baséase na tradición oral, o feminismo, a mitoloxía grega e a electrónica. -The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros...
O xogo de Escher 03.09.2024 30:55
«O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción, unha novela curta coa que Manuel Esteban se adentra na metafísica e nos propón xogarnos a vida cun computador en diferentes momentos da Historia
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.