AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’ 17.12.2024 12:21
“Son máis ca fotos. O discurso complétase con outras actividades artísticas”. Xa pode verse en Vigo ‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’. O eixe narrativo da exposición do fotógrafo Blas González é a nostalxia emocional que provocou na súa nai o desastre paisaxístico e medioambiental da desecación da Lagoa de Antela en 1958.
Os corpos fráxiles 17.12.2024 11:15
Dolores Vilavedra comenta ‘Os corpos fráxiles’, de Sofía Ruvira. A primeira novela da autora trata da relación entre unha neta e unha avoa. Sobre a descuberta da finitude, da fraxilidade.
'Ao meu pai' 17.12.2024 8:49
Mónica Maneiro comenta a mostra 'Ao meu pai', que o artista Teo Soriano expón na Galería Vilaseco da Coruña. A exposición homenaxea o proxenitor do artista, defensor do legado artístico de Soriano desde o grave accidente que sufriu, e inclúe 12 obras, seleccionadas pola directora de Vilaseco, Miriam Pérez, e o artista Álvaro Negro. 'Ao meu pai' pode visitarse ata o 21 de febre...
Prisciliano e a Gallaecia 16.12.2024 16:13
“É un persoeiro esencial da cultura europea” ‘Prisciliano e a Gallaecia’, un documental de Aser Álvarez producido por Arraianos Producións. Trátase dunha pequena road movie que propón un itinerario polos principais xacementos arqueolóxicos vinculados co priscilianismo: Santalla de Bóveda, Valga, Quiroga ou Compostela, pero tamén aqueles lugares polos que se estendía a antiga provincia romana da G...
Zavala 16.12.2024 9:34
Carlos Crespo trae hoxe á palestra a Zavala, que son Carla Romalde (voz, frauta), Ana Lage (baixoo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos Castro «Kos» (programación , bases e visuais) e Víctor Ledo (guitarra e voz). Escoitamos un adianto do seu disco novo
Cantamos! 16.12.2024 11:16
Pablo Sánchez Quinteiro avánzanos os concertos participativos que a Real Filharmonía de Galicia ofrece en Santiago os días 19 e 20 de decembro. A orquestra une varios coros amadores, a participación do público e solistas galegos nun programa que inclúe 'Gloria' de Vivaldi e o 'Mesías' de Haendel baixo o título 'Cantamos!'.
Unha imaxe de si 16.12.2024 12:10
”A sociedade e a arte teñenn un claro compromiso feminista e o MARCO deféndeo”. A exposición Unha imaxe de si inicia a colección do museo que dirixe Miguel Fernández Cid
"La Parra", "¿Es el enemigo?. La película de Gila" 12.12.2024 11:52
Falamos de duas estreas da semana: "La Parra", terceira longametraxe do ferrolán Alberto Gracia; e de "¿Es el enemigo?. La película de Gila", de Alexis Morante.
Rod Stewart en 4 cancións 12.12.2024 16:00
Tito Lesende repasa a traxectoria musical de Rod Stewart, que actúa no Coliseum da Coruña o 15 de decembro, a piques de facer 80 anos. De 'Maggie May' a 'Do you think I´m sexy' pasando pola súa etapa nos Faces, unha carreira de 60 anos resumida en catro cancións
Memes 11.12.2024 12:54
Os memes convertéronse en mensaxes con gran impacto no mundo de internet e son hoxe en dia unha parte esencial da comunicación política. Falamos desta nova forma de linguaxe e de como a Biblioteca Nacional de España está creando un arquivo para que se poida conservar e interpretar correctamente no futuro.
Francisca Herrera, a primeira muller que escribiu unha novela en galego 10.12.2024 10:07
A publicación nun volume da obra literaria en galego ao completo de Francisca Herrera da pé a Dolores Vilavedra a lembra-la figura da escritora coruñesa. Fálanos da súa relación con Murguía e Rosalía, das dificultades que tivo que superar trala guerra civil ou dos inxustificados atrancos que demoraron o seu ingreso na RAG.
G. Face en galego 09.12.2024 14:22
O tomiñés Gabriel Fandiño, G. Face, animouse a gravar un disco en galego tras gañar o concurso da canción do verán da TVG con "Vaivén". "G. Face na casa" é o título do documusical que acaba de subir ás redes este artista de 23 anos.
Máis Black Metal: Astarot e Mileth 09.12.2024 8:57
Segunda entrega do Black Metal galaico. Guitarras potentes soando na Radio Galega.
Galicia en xogo motor 07-12-2024 07.12.2024 30:57
Noite de copilotos no espazo de Motor da Radio Galega. Diego Vallejo contou a súa experiencia sudamericana no Rally Camiños do Inca, a proba máis mítica do motorsport do Cono Sur. Tamén conversamos con Elías González, tras proclamarse campión de españa de copilotos Xunior no CERA.
"WTF" 06.12.2024 9:31
Afonso Becerra fálanos de "WTF", unha peza de rúa dunha compañía de recente creación, Ay Cariño!. Os creadores Diego M. Buceta e Cris Vilariño póñense na pel de duas criaturas chegadas á terra dende un planeta lonxano.
Lecturas galegas desde México 06.12.2024 11:21
Eva Mejuto proponnos tres libros sobre libros desde a FIL, o maior evento editorial de Iberoamérica.
Amar o mar 05.12.2024 15:37
Amar o mar é o primeiro albúm de Belem Tajes. É un disco pero tamén un proxecto artístico que abraza a natureza. Cun formato artesanal e innovador, “trátase dun 'ecodisco' feito de materiais respectuosos co medio natural”.
'Emilia Pérez' e 'Here' 05.12.2024 9:25
Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana: -‘Emilia Pérez’, de Jacques Audiard. Unha película musical para unha historia criminal multipremiada en Cannes. -‘Here’ (Aquí), de Robert Zemeckis, está baseada na novela gráfica homónima de Richard McGuire.
Sellier Film Festival 05.12.2024 12:19
Sellier Film Festival Debullamos a programación deste festival de cine singular, que só proxecta filmes en formatos fotoquímicos: 16 e 35 mm e mais Super 8. A oitava edición do Sellier Film Festival desenvólvese entre o 5 e o 8 de decembro, no Circo de Artesáns da Coruña. Todas as actividades son gratuítas.
Lesións e lobishomes 05.12.2024 15:27
Tito Lesende escolle múisca galega do pincho para este xoves: o avance do novo EP de Pava, o proxecto musical da escritora Lucía Aldao; estreas de Amoebo e Deleiba e a colaboracion das pandeireteiras Lilaina co grupo madrileño Soleado.
'Andrés Fernández-Albalat. Arquitecto da memoria' 04.12.2024 12:01
'Andrés Fernández-Albalat. Arquitecto da memoria' A Real Academia Galega e a delegación coruñesa do Colexio de Arquitectos de Galicia homenaxean esta tarde a Andrés Fernández-Albalat Lois co gallo do centenario do seu nacemento. A partir das 18.30h con entrada libre na sede do COAG na capital herculina
De comidas, ceas e sobremesas de Nadal 04.12.2024 12:27
Raquel C. Pico fálanos hoxe de comidas e sobremesas típicas do Nadal. Mudaron os costumes? Dende cando tomamos as uvas en fin de ano?
BD desde México 04.12.2024 10:13
Manel Cráneo fala hoxe de cómics desde a Feira Internacional do Libro de Guadalajara, o evento editorial máis importante de Iberoamérica, onde tamén hai espazo para a banda deseñada.
Frei Rosendo Salvado chega á televisión 03.12.2024 15:34
“Foi un avanzado defensor dos dereitos dos aborixes australianos e o primeiro galego global da historia”. A vida do tudense frei Rosendo Salvado, misioneiro bieito do século XIX, chega á televisión nunha docuserie da TVG dirixida por Valentín Carrera.
'Pirotecnia' 03.12.2024 10:40
Dolores Vilavedra comenta a obra gañadora do premio Repsol de narrativa breve 'Pirotecnia' , de Alberto Ramos
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.