AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
9Louro debuta con 'Nove Noves' 27.12.2024 16:01
O muradán Martín Louro publica o seu primeiro disco con só 20 anos. 'Nove Noves' é un percorrido por diferentes formas de expresión musical dentro do ámbito das músicas urbanas.
Un ano de lecturas LIX 27.12.2024 11:52
Eva Mejuto resume o 2024 no ámbito da literatura infantil e xuvenil en Galicia. Álbums ilustrados, BD, teatro, poesía... De Manuel Rivas e Ledicia Costas ás traducións de Heartstopper, Pippi Mediaslongas ou David o gnomo
Jaime Pena, un home de cine 26.12.2024 12:43
Jaime Pena, director da Filmoteca de Galicia “Afronto este labor con ilusión, ambición e responsabilidade. O coruñés leva tres décadas coma programador na institución, e dende novembro está á fronte do arquivo fílmico galego, que restaura, recupera e dixitaliza o noso patrimonio cinematográfico.
'Nosferatu' e 'Sin instrucciones' 26.12.2024 11:51
Moncho Lemos comenta dúas películas que xa están nos cines: “Sin instrucciones”. A última de Paco León, dirixida por Marina Seresesky. Un remake da cinta mexicana de 2013 'No se aceptan devoluciones', de Eugenio Derbez. “Nosferatu”, de Robert Eggers. Nova versión da película homónima de 1922 de F.W. Murnau, baseada na novela 'Drácula', de Bram Stoker
2024 en cinco cancións 26.12.2024 15:40
Tito Lesende escolle cinco cancións de 2024 para resumir o momento que vive a música galega. Da consagración de The Rapants ao retorno de Berto con Resaca Emocional, os novos discos de Baiuca e Carlangas, o renacemento da Pedreira e a estrea de Carlos Ares.
A Gramola Gominola 24.12.2024 14:00
Xa vén o Apalpador! A Gramola Gominola presentan o libro-disco e tamén espectáculo ‘O Nadal da avoa Fina’. Paula Romero e Anxo Sánchez debullan connosco os temas rockeiros para toda a familia que fan parte deste novo traballo.
'Ben mantidos' 24.12.2024 11:33
Dolores Vilavedra comenta e recomenda ‘Ben mantidos’, de Xabier Castro Pérez. Un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía, dende o cocido e o caldo ata o polbo ou as empanadas.
Tocan panxoliñas!!! 24.12.2024 15:06
“Para que unha tradición siga viva ten que ser do pobo”. Conversamos de panxoliñas con Gustavo Couto: do tradi ao rock pasando polos clásicos angloxasóns.
Irving Penn 24.12.2024 11:37
Mónica Maneiro comenta a exposición sobre Irving Penn organizada pola Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) no porto da Coruña
Axudádeme a sentir...tamén polo Nadal 23.12.2024 12:12
‘O que está a pasar en Galicia é algo único no mundo’. Xabier Díaz e Adufeiras de salitre andan a xirar con ‘Axúdame a sentir’, o seu último traballo
Sun Iou 23.12.2024 10:01
Carlos Crespo tráenos a Sun Iou, rock melódico de raíz en feminino desde o barrio vigués de Teis. E unha estrea en primicia...
Cantares e contares 23.12.2024 18:07
Escolmando na memoria sonora: a importancia da oralidade. A banda de música tradicional Tres Pesos (Pepe de Calo, Xoán Porto e Felisa Segade) tocan e cantan no Diario Cultural pezas do seu disco novo ‘Cantares e contares’.
Chelo Loureiro e Ana Vallés, medalla de ouro das Belas Artes 23.12.2024 9:42
Chelo Loureiro, medalla de ouro ao Mérito nas Belas Artes ”É un recoñecemento inesperado para todo o audiovisual galego”. O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destaca o traballo da cineasta á fronte da produtora Abano, que fundou en 2007. Chelo Loureiro xa ten catro premios Goya e na edición do ano que vén optará ao quinto pola curta "Lola, Lolita, Lolaza", de Mabel Lozano. Cómpre sali...
Galicia en xogo motor 21-12-2024 21.12.2024 30:57
Nesta #GaliciaenXogo desta semana do motor escoitamos ao piloto de Salceda de Caselas Jorge Pérez conversar con Iago Gayoso. Tamén escoitamos a Fran Gómez Pallas sobre a súa ausencia no Dakar 2025
Cen anos da arracada de Vilar de Santos 20.12.2024 12:55
“É u nha peza excepcional” César Llana, director do Museo arqueolóxico de Ourense. Centenario da descuberta da arracada de Vilar de Santos Esta tarde, no salón multiusos do consistorio haberá unha xornada dedicada a esta alfaia do noso patrimonio castrexo e tamén se procederá a entregar unha arracada de honra á familia do seu descubridor
Imos ao circo 20.12.2024 13:16
Afonso Becerra lévanos ao circo de pista, de rúa, de pallasos...
Concertos de Nadal 20.12.2024 18:45
Opcións para desfrutar de música en directo de diferentes xéneros durante as festas. Músicos de rock vigueses promoven o concerto 'Wonder Christmas', Carlos Núñez leva a súa xira de Nadal por Ferrol, Pontevedra, Vigo e A Coruña e Fisión Atlántica unen a música de Haydn, as danzas de Reis e a prosa de Suso de Toro.
Lecturas de Nadal con música 20.12.2024 8:22
Eva Mejuto tráenos lecturas musicais para este Nadal. Cantacontos de Nadal converte catro panxoliñas en historias ilustradas por Fernando Martín. Agora que vén a noite, de Marcos Calveiro, conta unha historia adolescente de acoso e redención que formará parte do espectáculo 'Axudádeme a cantar', creado por Felisa Segade e Montse Rivera, dúas das compoñentes de Leilía.
Arranca a XIX edición de Rebulir 19.12.2024 14:46
“Buscamos o abrazo das culturas” Arranca en Ourense o Festival Internacional Rebulir, que chega a súa edición número dezanove e, o seu directorAlexandre Sotelino, dános tódalas claves. O FIR 2024 é un espazo de convivencia intercultural con vocación pedagóxica que se fai latente nas múltiples actividades socioeducativas que integran o programa. Entre os premiados deste ano, a Asociación de Gaiteir...
'Cónclave' e 'Un lío de millones' 19.12.2024 11:00
Moncho Lemos recomenda dúas películas para a fin de semana: ‘Cónclave’, de Edward Berger, un thriller ambientado no Vaticano con Ralph Fiennes de protagonista. ‘ Un lío de millones’, comedia española de enredo dirixida por Susan Béjar.
Pava convértese en banda con 'Pava 3' 19.12.2024 14:16
O proxecto musical de Lucía Aldao é xa un grupo, o que asina e interpreta as cancións deste terceiro traballo, 'Pava 3', con títulos tan suxestivos como 'Catastro', ' O himno da lesión' ou 'Tremendamente coquetas'. A presentación en directo será o 5 de xaneiro na sala Mardi Gras da Coruña
Catro estreas galegas 19.12.2024 12:34
Tito Lesende pica novas cancións de proxectos musicais galegos de diferentes xéneros. Do 'Tradi' de Budiño á colaboración de Caamaño &Ameixeiras con Rodrigo Cuevas en 'Catro cousas', pasando por 'Déjà vu' de Dios ke te crew e 'Inercia, parte III' dos John Deeres.
Visitamos o coro orixinal do Mestre Mateo 18.12.2024 14:31
"Conseguimos moito, pero aínda queda traballo arreo". Unha investigación da USC reconstrúe virtualmente o coro do mestre Mateo da catedral de Santiago, desmontado no século XVII . Falamos con Francisco Prado-Vilar, investigador principal de KosmoTech_1200
Resumo do trimestre 18.12.2024 10:37
Con Raquel C. Pico repasamos as curiosidades máis interesantes de cantas trouxo a este espazo semanal no último trimestre do ano.
BD en feminino plural 18.12.2024 30:57
Manel Cráneo analiza o aumento de autoras de banda deseñada e recomenda obras de Emma Ríos, Aldara Prado, Alicia Jaraba, Bea Gregores ou Ana Moreiras
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.