AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2312 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 5, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Primicias 16.01.2025

Tito Lesende traenos en primicia "O mundo ao revés" que publican os muradáns Deleiba. Tamén escoitamos o novo ddos vigueses Sila Lúa, "Danzas de amor y veneno", e Pablo Lesuit, "Me equivoqué". Para rematar: "El cuarto dorado", de Cora Velasco.

60 anos de Mafalda 15.01.2025

En setembro Mafalda, o legado máis popular do debuxante arxentino Quino, cumpriu 60 anos. Manel Cráneo explícanos como esta persoaxe chegou a ser unha icona universal.

Peter Petrowski: "Intento meterme na cabeza de cada artista co que traballo" 15.01.2025

Máis de 20 artistas colaboran no primeiro álbum que publica Peter Petrowski baixo o seu nome. 'All Stars' celebra dez anos na música do produtor e beatmaker porriñés e inclúe 11 cancións nas que participan artistas como Hugo Gz, Nadie González, MJ Pérez, Flow do Toxo, García MC ou Nuria Vil.

"Brilla arenoso y dorado" 14.01.2025

Mónica descríbenos a exposición "Brilla arenoso y dorado" de Cristina Mejías na galería Nordés da Coruña. A artista andaluza, galardonada co premio aos novos talentos de ARCO, amosa creacións cargadas de simbolismo realizadas con materias naturais que evocan a artesanía.

Los TóniKash 13.01.2025

Presentamos Los Tónikash, unha banda de Pontevedra que fai música country e canta en inglés. Escoitamos o último EP gravado por este trio formado por Toño Caballero, Javi Rodríguez e Charli Pereiro.

Primeiros concertos do ano en Galicia 13.01.2025

Pablo Sánchez comenta os primeiros concertos do ano en Galicia: o da Real Filharmonia interpretando o "Peer Gynt" de Eduard Grieg, e o da Sinfónica de Galicia e a Orquestra Xove tocando a "Sinfonía Alpina" de Richard Strauss e o "Concerto para piano en sol maior" de Ravel.

Galicia en xogo motor 11-01-2025 11.01.2025

Na sección adicada ao motor analizaron xunto ao especialista Manu Varela o arrinque do campionato AMA Supermotocross, o novo reto de Jorge Prado, poucas horas antes do seu inicio. Ademáis Iago Gayoso conversa cunha galega, de Cabana, Silvia Costilla, que está traballando no Dakar na relacción cos participantes.

O teatro de Ana Vallés 10.01.2025

Afonso Becerra tenta describirnos o traballo de creación artística de Ana Vallés, a dramaturga, actriz e poeta visual ferrolá galardonada coa Medalla de Oura das Belas Artes que outorga o Ministerio de Cultura.

"Desmontando un elefante" e "A metade de Ana" 09.01.2025

Moncho Lemas comenta as dúas últimas estreas de películas españolas: "Desmontando un elefante", unha cinta sobre os tabús das adiccións protagonizada por Enma Suárez, e "A metade de Ana", un drama dirixido por Marta Nieto.

Oda ás salas de concertos 09.01.2025

Tito Lesende repasa a programación da sala Capitol de Santiago, a sala galega que ofrece máis concertos. Soan Ortiga, Baiuca, Loita Amada e Tarque.

A evolución dos xoguetes 08.01.2025

Raquel cóntanos como evolucionaron os xoguetes dende a prehistoria ata agora explicando cales eran os máis populares en cada época, cando comezou a industrializarse a súa produción ou cales eran os máis comúns en Galicia.

'Charlie Hebdo', a morte nuns trazos 08.01.2025

Manel Cráneo lembra o décimo aniversario do atentado contra a revista 'Charlie Hebdo' e dá conta do presente desta publicación satírica francesa.

"Lampíricos" 07.01.2025

Dolores Vilavedra fálanos de "Lampíricos (Diarios 8)" un libro de poemas de Antón Lopo publicado en versión bilingüe traducida por Ismael Ramos pola editorial Letraversal.

Os espazos téxtiles de Sara Coleman 07.01.2025

Falamos de arte téxtil con Sara Coleman, que explora este ámbito como artista e deseñadora e tamén como docente e investigadora. Publica o ensaio 'Espacios textiles: Habitando la interfaz', que propón unha lectura complexa da relación corpo espazo a través da interfaz téxtil.

Machetazo e Dioivo 06.01.2025

Patty Castro lémbranos a traxectoria dunha banda mítica do deathgrind, os coruñeses Machetazo. Tamén falamos do poder crerativo do dúo vigués Dioivo.

"Cousas que soan" 03.01.2025

A valenciá Sandra Gómez presentou dias atrás en Vigo o seu espectáculo de danza contemporanea "Cousas que soan". Afonso Becerra descríbenos esta peza que pon o foco na sonoridade da relación entre persoas e obxectos.

Libros para pedirlle aos Reis 03.01.2025

Moitos pais están pensando en que entre os agasallos dos Reis para os pequenos da casa haxa tamén libros. Eva Mejuto fainos varias propostas: "Nadalario", de Rena Ortega; "Soño de neve", de Eric Carle; e o calendario de Rosa de Cabanas "O mundo na cabeza".

"Herexe" e "A luz que imaxinamos" 02.01.2025

Moncho Lemos fálanos de "Herexe", unha película de terror de Scott Beck e Bryan Woods, cunha loubada interpretación de Hugh Grant. Tamén comentamos "A luz que imaxinamos", unha produción india, premiada en Cannes, e que opta aos Glovos de Ouro.

Discos galegos para 2025 02.01.2025

Tito Lesende avanza os próximos lanzamentos dalgúns músicos galegos como Carlos Ares, Heredeiros da Crus, Carla Lourdes ou De Ninghures.

O Lanzarote de Jesús Madriñán 31.12.2024

anzarote' recolle parte do traballo que o fotógrafo Jesús Madriñán realizou nesta illa canaria durante 2024. Unha mirada á identidade do lugar no que conflúen persoas migrantes e turistas, a través de imaxes e bodegóns elaborados con residuos. A mostra pode visitarse ata o 31 de xaneiro na Galería Trinta de Santiago.

Resumo do ano clásico e metaleiro 30.12.2024

Pablo Sánchez Quinteiro e Patty Castro resúmennos o ano no metal e na música clásica en Galicia. Soan cancións Zënzar e Brutal, obras de Beethoven e Johan Strauss, e falamos da historia do metal galego, do auditorio Fuxan os ventos e da Orquestra Vigo 430.

Resumo do ano clásico e metaleiro 30.12.2024

Patty Castro e Pablo Sánchez Quinteiro resúmennos o ano no metal e na música clásica en Galicia. Soan cancións Zënzar e Brutal, obras de Beethoven e Johan Strauss, e falamos da historia do metal galego, do auditorio Fuxan os ventos e da Orquestra Vigo 430.

Galicia en xogo motor 28-12-2024 28.12.2024

Como sempre que remata o ano, a información de motor na CRTVG centra a súa atención no raid máis duro do mundo, o Dakar. Nesta edición de Galicia en Xogo Motor escoitamos o programa completo de Trata de Arrancalo da TVG, con Diego Vallejo, Eduardo Iglesias e Iván Merichal

40 anos da OCV 27.12.2024

“Queremos poñer en valor o traballo desenvolvido” A Orquestra Clásica de Vigo celebra o seu 40 aniversario sendo a decana das formacións orquestrais de Galicia. Conversamos co seu director técnico, Manuel Martínez. O domingo ofrecerán un concerto extraordinario de Nadal co Teatro Afundación cheo a rebentar para escoitar obras de Tchaikovsky e Rachmaninov

O mellor das artes escénicas 27.12.2024

Afonso Becerra tráenos o balance do ano no ámbito das artes escénicas, que ten coma nome propio o de Ana Vallés, medalla de ouro ao mérito nas Belas Artes. E tamén escolle a súa obra teatral favorita deste 2024...

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.