AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
'Dona Carme' e 'Números' 21.02.2025 8:02
Eva Mejuto proponnos un conto acumulativo e un libro sobre números 'Dona Carme' é un conto popular acumulativo que levou ao papel Manuel Bragado con ilustracións de Iván R. 'Números' acaba de recibir unha mención especial nos Ragazzi Awards da feira do libro infantil de Boloña. Unha idea de Cibrán Rico e Suso Vázquez, con ilustracións de Álvaro Valiño, que propón un achegament...
‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’ 20.02.2025 15:33
“Paseime un pouquiño e da lenda negra cheguei á lenda rosa” ‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’, da compañía Excéntricas, co actor e dramaturgo Evaristo Calvo, na pel do monarca inglés para contar unha versión revisada do personaxe descrito por Shakespeare. A obra inaugura unha nova entrega de Clásicas desfeitas (XII), o ciclo de coproducións do CDG e a Cidade da Cultura.
'El mono' e 'Daniela Forever' 20.02.2025 11:33
Moncho Lemos comenta dúas películas de estrea para a fin de semana: ‘El mono’, de Osgood Perkins e ‘Daniela Forever’, de Nacho Vigalondo. Unha comedia de terror baseada nun relato de Stephen King e un drama romántico de ciencia ficción.
Nabiza Girl e a Cultura Minguante 20.02.2025 14:31
Sada acolle o domingo 23 de febreiro a estrea de 'As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante'. A superheroína interpretada por Isabel Risco enfróntase desta volta ao esmorecer da cultura galega.
De Budiño a Ruxe Ruxe 20.02.2025 12:37
Escoitamos con Tito Lesende música de Budiño, que o 27 de febreiro dará na sala Capitol de Santiago un concerto especial con convidados como Guadi Galego, Julián Hernández ou De Vacas. Tamén picamos o último single de Marián, o novo disco de Heredeiros da Crus e a Ruxe Ruxe, que continúan coa xira 'Pub Rock'.
Parabenizamos a Encarna Alonso 19.02.2025 12:28
“Estou moi contenta e agradecida” Parabenizamos á script Encarna Alonso, premio de honra dos Mestre Mateo do audiovisual Vinculada ao sector dende hai preto de 40 anos, é un referente no seu oficio, centrado en garantir a continuidade, coherencia e fidelidade do relato visual e narrativo nas producións de cinema e televisión .
Crimes reais: quen matou ao marqués de Valladares? 19.02.2025 12:55
Raquel C. Pico lévanos ata a Chantada do século XVIII nunha viaxe no tempo: o crime do marqués de Valladares, un caso sobre o que se verteron ríos de tinta
O 'Sol Fuerza' volve en Vimianzo 19.02.2025 13:34
'Sol Fuerza' é o novo espectáculo da compañía aAntena, no que tres historias trenzan unha comedia sobre o futuro do planeta. Lucía Veiga, Manu Fernández e Virxinia Bermúdez forman o elenco do espectáculo, dirixido por Xosé Leis, que se estrea o sábado 22 en Vimianzo.
BD divulgativa: Santy Gutiérrez 19.02.2025 11:42
Manel Cráneo trae ás nosas conversas comiqueiras o debuxante e humorista gráfico Santy Gutiérrez, desta volta para falar de banda deseñada divulgativa.
"Ítaca" 18.02.2025 9:31
Dolores Vilavedra comenta ‘Ítaca’, de María Besteiros. Finalista do último Premio Xerais, a novela trata da desesperación de Penélope cando perde á filla no parto e da relación que ten co seu primoxénito Telémaco e o marido, Ulises.
Chicharrón cantan 'Vitoria' 18.02.2025 16:13
O grupo carballés publica un EP sobre o amor entre dúas mulleres no franquismo Chicharrón volven con 'Vitoria', un EP que se inspira no amor entre dúas mulleres durante a ditadura franquista. e que publica o selo independente Acuarela
'Resignificacións' de Concha Jerez e José Iges 18.02.2025 12:10
O CGAC expón unha mostra conxunta dos artistas conceptuais Concha Jerez e José Iges. Mónica Maneiro guíanos polas pezas e instalacións de 'Resignificacións', que botan man de linguaxes como a arte sonora, o vídeo ou a performance para botar luz sobre o noso mundo.
Laboratorio de cántigas 17.02.2025 7:57
“É un proxecto piloto para traballar a creatividade dende o colectivo e espallar as bases da música galega” O Laboratorio de Cántigas Novas 2025 é unha iniciativa do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que busca impulsar a creación artística a partir da riqueza da lírica galega de tradición oral. Este espazo formativo está dirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, en colaboración...
Ferror Records 17.02.2025 18:51
Carlos Crespo fálanos do selo ferrolán Ferror Records canda o seu codirector, Fernando Fernández Rego, que nos trae unha primicia: a estrea de “San Antonio” de Los Eternos
Brisca feminista 17.02.2025 15:55
Xogamos ás cartas coa terceira baralla do proxecto 'Feminismos no tempo'. Noelia Darriba García, Tania Merelas Iglesias e Raquel Veiga Teijeiro fálannos desta iniciativa para divulgar a historia das mulleres galegas e do feminismo de maneira lúdica.
A historia do metal extremo na Galiza 17.02.2025 11:54
Patty Castro preséntanos o músico e investigador Jorge Fernández Taboada, profesor de piano no Conservatorio de Ourense, guitarrista do grupo Scent of Death e autor do libro Una historia del metal extremo en Galicia.
Galicia en xogo motor 15-02-2025 15.02.2025 30:57
Na sección de motor escoitamos os novos proxectos deportivos de Cándido Carrera e do piloto, tamén de Salvaterra do Miño, Eliot Gómez.
A danza dos medos 14.02.2025 14:52
“Son títeres de animación á vista cos que rompemos a cuarta parede” Teatro Escena, unha compañía que reúne artistas de diferentes continentes, presenta este sábado no Auditorio de Galicia 'A danza dos medos'. É un espectáculo de monicreques codirixido por Manuel Mansilla e Jorge Rey. Conversamos con este último e co colombiano Héctor Loboguerrero, asistente de dirección e responsable de...
XIV GUIdance 14.02.2025 30:57
Afonso Becerra comenta a 14ª edición do GUIdance, o Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães, que abriu cun espectáculo de flamenco simbolista de Rocío Molina sobre a “outredade”.
Helena Egea: "Hai tanta oferta musical que é difícil chegar á xente" 14.02.2025 29:49
'Flares of Life' é o primeiro EP desta cantante e compositora Helena Egea presenta 'Flares of life', o seu primeiro EP. Composicións propias con influencias do blues, o soul e o rock, con letras en inglés e galego.
Debut da compañía Bengala Teatro Físico 14.02.2025 9:09
O auditorio Fuxan os ventos acolle a estrea do primeiro espectáculo da compañía Bengala Teatro Físico. Con dirección e dramaturxia de An González, a montaxe inspírase no Segismundo de 'La vida es sueño' e no filme de Xavier Dolan 'Laurence anyways' para sinalar a opresión e a deshumanización cunha linguaxe que combina o verbal e o corporal.
'Daydreaming', de María López 13.02.2025 14:25
"Gustaríame poder dedicarme á música pero estudo unha enxeñería porque vivir da arte é moi difícil” A naronesa María López preséntanos o seu álbum debut, Daydreaming, que se publica mañá. Multiinstrumentista precoz (piano, zanfona e gaita) aos 14 anos gaña a XXXIV edición do Trofeo MacCrimmon no Festival Intercéltico de Lorient. Agora, con 20, di estar vivindo un soño.
"Bridget Jones: loca por él" e "Vermiglio" 13.02.2025 11:09
Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana: - “Bridget Jones: loca por el”, de Michael Morris. Cuarta entrega da comedia romántica protagonizada por Renée Zellweger . - ”Ventimiglio”, de Maura Delpero. Drama de época ambientado nunha aldea de montaña dos Alpes italianos a finais da Segunda Guerra Mundial.
Resaca Emocional estrea 'De amor' en San Valentín 13.02.2025 16:22
Berto Mira e Ash Diz preséntannos o primeiro disco de Resaca Emocional, un colectivo de nove persoas que se encargan de diferentes aspectos creativos. 'De amor' é un disco que explora diferentes formas do amor desde a vulnerabilidade e a intimidade e publícase este 14 de febreiro, día de San Valentín.
De Amoebo a Tanxugueiras 13.02.2025 10:52
Tito Lesende pica novas cancións de Amoebo, Agoraphobia, Gala i Ovidio e Guadi Galego & Tanxugueiras Catro novísimas cancións galegas no repertorio semanal de Tito Lesende. Escoitamos 'Unha foto', último adianto do próximo disco de Amoebo, a recentísima estrea de 'Eyes never lie', de Agoraphobia, a estrea do proxecto Gala i Ovidio, de Aida Tarrío e Raül Refree e mais '...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.