AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2304 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 4, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Patas de Peixe e Verme Editora 28.02.2025

Eva Mejuto propón hoxe dúas lecturas de editoras galegas de LIX creadas por mulleres. Patas de Peixe, proxecto editorial creado pola tradutora Laura Sáez, publica Cono can e Gato cono, dous  álbums ilustrados das canadenses Sarah Howden e Carmen Mok. O título máis recente de Verme Editora, iniciativa de autoedición de Baia Fernández, é Caracol cara de col, que tamén incorpora un audiolibro. 

Medea-mamá-monstro 27.02.2025

“É unha montaxe interactiva na que o público determina cal será o final da protagonista”. Medea–Mamá–Monstro chega ao ciclo Clásicas desfeitas na Cidade da Cultura. Nunha experiencia escénica que mestura o falso documental co freak show, Laura Porto e Helena Varela reúnen as pezas sobre Medea que deixaron Eurípides, a poeta Chantal Maillard e a novela de Christa Wolf para tratar de dilucidar quen...

‘A Complete Unknown’e ‘El secreto del orfebre’ 27.02.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas : * ‘A Complete Unknown’, de James Mangold, retrata os primeiros anos de Bob Dylan na música. *‘El secreto del orfebre’, de Olga Osorio, adaptación da novela homónima de Elia Barceló. Drama romántico.

Talía Teatro estrea 'Un deus salvaxe' 27.02.2025

Talía Teatro estrea unha das obras máis exitosas da dramaturga francesa Yasmina Reza. 'Un deus salvaxe' disecciona os valores e contradicións da sociedade contemporánea a través de dúas parellas reunidas despois dunha pelexa dos seus fillos na escola. Cee acolle o 28 de febreiro a estrea da montaxe, que percorrerá no mes de marzo teatros de Bertamiráns, Carballo, Vimianzo, A Coruña, Sant...

Gala i Ovidio e Boyanka Kostova 27.02.2025

Escoitamos o segundo single do proxecto de Aida Tarrío e Raül Refree, Gala i Ovidio e a última canción de Boyanka Kostova. Avanzamos tamén concertos de Hugo Guezeta.

Favoritas aos María Casares 26.02.2025

“Exploramos os límites actorais e narrativos” Ánxeles Cuña, directora de “O dragón de ouro” (Sarabela Teatro), favorita para a edición deste ano dos Premios María Casares, con 14 nominacións. E con 12, ‘Iribarne’ (Butacazero), de Esther Carrodeguas “Estamos moi contentos, está a ter moi boa acollida”.

As filloas sonche o máis! 26.02.2025

Raquel C. Pico pescuda nas orixes das filloas. Sabiades que hai séculos foron moeda de cambio? E que ata chegou aos tribunais un intento de asasinato con filloas envelenadas?

'Delincuente' 26.02.2025

Nuria Vil preséntanos 'Delincuente', unha curtametraxe de ficción a partir dun poema inspirado por Xela Arias e por 'La Maradona', a líder dunha banda xuvenil no Vigo dos oitenta. 'Delincuente', dirixida por Alba Domínguez, proxéctase o 26 de febreiro nos Multicines Norte de Vigo e o 29 de marzo na Coruña, na Filmoteca de Galicia. 

Voces da BD: Neves Rodríguez 26.02.2025

Neves Rodríguez é comunicadora, actriz, autora do poemario 'Cuspindo miserias' e unha gran lectora de BD. Manel Cráneo convídaa a contarnos como empezou a ler cómics, a facer recomendacións e a explicar a súa experiencia no podcast sobre BD 'Metrópoles delirantes'.

Montedapena 25.02.2025

“É unha viaxe pola música pop” Montedapena, o proxecto en solitario do moañés Héctor Rodríguez (Lontreira). Debuta cun disco homónimo (Ernie Records) que promete non deixar indiferente a ninguén, con letras en galego, catalán e inglés...para bailar e pensar

‘Domingo e outras historias’ 25.02.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Domingo e outras historias’, de Irène Némirovsky, quince relatos publicados entre 1934 e 1940 en revistas e anos despois reunidos nun libro que agora nos chega traducido ao galego por Rocío Viéitez nunha edición de Laiovento.

De Ninghures lévannos á 'Feira' 25.02.2025

Feira' é o segundo disco de De Ninghures e representa unha evolución moi significativa no son do grupo, baixo a produción de Juan de Dios.  O novo traballo preséntase ao vivo na sala Capitol de Santiago o xoves 13 de marzo, con convidados do ámbito tradi e das músicas urbanas. 

Compostela, vista por Lara Pintos 25.02.2025

A artista coruñesa expón as súas pinturas sobre Santiago na galería Dupla Monica Maneiro comenta a mostra 'Lo que cabe en una almendra', na que a artista coruñesa Lara Pintos ofrece unha mirada poética e íntima sobre Santiago.  Pinturas que retratan rúas icónicas de Compostela fuxindo do monumental e tamén espazos interiores que reflicten a atmosfera da cidade. 

Viñetas en cor de Pepe Carreiro  24.02.2025

A exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!' recolle 50 viñetas publicadas por Pepe Carreiro no desaparecido Xornal de Galicia na primeira década deste século. Moitas delas incorporan cor, unha singularidade dentro da longa traxectoria de humorismo gráfico en xornais de Carreiro. A mostra, organizada pola Fundación Galiza Cultura, pode visitarse ata o 6 de marzo no local de agrupa...

Unha galega na Filharmónica de Berlín 24.02.2025

Pablo Sánchez Quinteiro pon en valor o nivel da educación musical en Galicia co exemplo de Raquel Areal, unha violinista tudense que conseguiu praza na Orquestra Filharmónica de Berlín. No repaso á programación da Sinfónica e da Real Filharmonía de Galicia soan a Sinfonía nº 1 de Bizet e o Preludio á sesta dun fauno' de Debussy.

Galicia en xogo motor 22-02-2025 22.02.2025

Na sección de motor desta semana Iago Gayoso conversa con Alfonso "Pisko" Ventín, trala vitoria no Rallysprint Concello de Piñor. Tamén falou Vitor Senra sobre a nova temporada 2025 e visitamos o salon Retro Auto de Vigo para coñecer máis da mítica montura Alpine.

Rosalía é mundial 21.02.2025

Anxo Angueira debulla connosco as actividades que organizan este ano na honra de Rosalía, coa iniciativa 'Rosalía é mundial' para decatármonos de que a poeta de Padrón segue presente. O domingo será a xornada central canda os recitais, o Caldo de Gloria e maila Alborada para Rosalía

'Non pasarán' 21.02.2025

Afonso Becerra comenta ‘Non pasarán’, a última produción da compañía teatral Ártika, coa que andan de xira polo país. Mañá actúan en Ourense

'Dona Carme' e 'Números' 21.02.2025

Eva Mejuto proponnos un conto acumulativo e un libro sobre números 'Dona Carme' é un conto popular acumulativo que levou ao papel Manuel Bragado con ilustracións de Iván R.  'Números' acaba de recibir unha mención especial nos Ragazzi Awards da feira do libro infantil de Boloña. Unha idea de Cibrán Rico e Suso Vázquez, con ilustracións de Álvaro Valiño, que propón un achegament...

‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’ 20.02.2025

“Paseime un pouquiño e da lenda negra cheguei á lenda rosa” ‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’, da compañía Excéntricas, co actor e dramaturgo Evaristo Calvo, na pel do monarca inglés para contar unha versión revisada do personaxe descrito por Shakespeare. A obra inaugura unha nova entrega de Clásicas desfeitas (XII), o ciclo de coproducións do CDG e a Cidade da Cultura.

'El mono' e 'Daniela Forever' 20.02.2025

Moncho Lemos comenta dúas películas de estrea para a fin de semana: ‘El mono’, de Osgood Perkins e ‘Daniela Forever’, de Nacho Vigalondo. Unha comedia de terror baseada nun relato de Stephen King e un drama romántico de ciencia ficción.

Nabiza Girl e a Cultura Minguante 20.02.2025

Sada acolle o domingo 23 de febreiro a estrea de 'As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante'. A superheroína interpretada por Isabel Risco enfróntase desta volta ao esmorecer da cultura galega. 

De Budiño a Ruxe Ruxe 20.02.2025

Escoitamos con Tito Lesende música de Budiño, que o 27 de febreiro dará na sala Capitol de Santiago un concerto especial con convidados como Guadi Galego, Julián Hernández ou De Vacas. Tamén picamos o último single de Marián, o novo disco de Heredeiros da Crus e a Ruxe Ruxe, que continúan coa xira 'Pub Rock'. 

Parabenizamos a Encarna Alonso 19.02.2025

“Estou moi contenta e agradecida” Parabenizamos á script Encarna Alonso, premio de honra dos Mestre Mateo do audiovisual Vinculada ao sector dende hai preto de 40 anos, é un referente no seu oficio, centrado en garantir a continuidade, coherencia e fidelidade do relato visual e narrativo nas producións de cinema e televisión .

Crimes reais: quen matou ao marqués de Valladares? 19.02.2025

Raquel C. Pico lévanos ata a Chantada do século XVIII nunha viaxe no tempo: o crime do marqués de Valladares, un caso sobre o que se verteron ríos de tinta

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.