AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
As orixes do día dos namorados 12.02.2025 10:28
Raquel C. Pico pescuda nas orixes da celebración de San Valentín, o día dos namorados...ou dos consumidores?
'Súbete ao EVA', terceiro disco de Filloas 12.02.2025 15:52
Conversamos con Iago Galego sobre o novo disco de Filloas, o proxecto musical que botou a andar en 2022. O último traballo titúlase 'Súbete ao EVA', hyperpop cheo de referencias aos videoxogos, ao anime, e a reflexións ssobre saúde mental e o paso do tempo, ademais de revisitar algúns dos temas do seu primeiro disco.
BD social: Baudoin & Troubs 12.02.2025 10:49
Manel Cráneo comenta a novela gráfica 'Humanos. A roya é um rio', unha novela gráfica documental sobre o colectivo Roya, que axuda a persoas migrantes que intentan entrar en Europa. Foi publicada en galego en 2019 por Figurandorecuerdo(s).
Siro López: 40 anos de autonomía en viñetas 11.02.2025 11:55
“Foi unha etapa moi grata que agora botamos en falta”. 40 anos de autonomía de Galicia a través das caricaturas de Siro López. Afundación reúne unha selección de 230 viñetas políticas publicadas en La Voz de Galicia entre 1985 e 2006
"Runrún" 11.02.2025 11:07
Dolores Vilavedra comenta “Runrún”, de Ana Varela. A novela fala dos coidados e de como todo pode virar nun momento, do fácil que é estar no outro lado do espello.
Por que non está 'lubre' no dicionario? 11.02.2025 17:24
Luar na Lubre pediranlle á RAG que incorpore esta palabra O grupo Luar na Lubre vai pedirlle á RAG que inclúa 'lubre' no seu Dicionario. Bieito Romero explica como escolleu o nome para a banda e Manuel González, director do Dicionario, debulla os criterios da Academia para incorporar novas palabras.
Arte con fermentos lácteos 11.02.2025 8:55
Mónica Maneiro comenta a exposición 'Alguien nos entenderá cuando estemos muertos', a primeira colaboración de Carlos Fernández-Pello coa Galería Nordés. A mostra inclúe pezas creadas polo artista canda un artesán queixeiro e tamén pinturas acrílicas a partir de follas de táboas de datos.
Adeus a Xosé Vizoso 10.02.2025 30:55
“Era un artista total”.Aser Álvarez, xornalista e cineasta, amigo persoal de Xosé Vizoso. O mindoniense, de 74 anos, finou este domingo a consecuencia dunha EPOC, e estaba pendente de ir a Lugo, onde estes días pode verse unha gran exposición retrospectiva. O artista gráfico, Premio Nacional de Escultura en 1968, foi parte da alma de Sargadelos, para quen conceptualizou as súas pezas de cerámica....
Leria 10.02.2025 30:55
Carlos Crespo tráenos a Leria, un cuarteto de rapazas coruñesas que fan indie pop en galego.
Fernando Blanco: 50 anos de arquitectura 10.02.2025 30:57
A Fundación Luís Seoane acolle a exposición 'Fernando Blanco. Paisaxe. Conciencia. Fábrica', que percorre as cinco décadas que o arquitecto carballiñés lle dedicou á arquitectura, pero tamén recolle algunhas das súas pinturas e esculturas. Conversamos co propio Fernando Blanco e mais con Luis Gil Pita, un dos responsables da publicación que completa a mostra, que pode visitarse ata o 13...
Groba, Yeol Eum Son, Cuarteto Hana 10.02.2025 30:57
Pablo Sánchez Quinteiro lembra a Rogelio Groba, finado hai 2 anos e homenaxeado pola Orquestra de Cámara Galega. Avanzamos ademais o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia que terá como solista a pianista surcoreana Yeol Sum Son e a actuación do Cuarteto Hana na programación da Sociedade Filharmónica da Coruña.
Galicia en xogo motor 08-02-2025 08.02.2025 30:55
Na sección de Motor desta semana o piloto salvaterrán Yago Martínez, campión da Dacia no CGR, explica o seu proxecto para o ano 2025, tamén co apoio da Deputación de Pontevedra: a Clio Trophy galega. Ademáis pechamos resumo do Dakar coa experiencia de Iván Merichal e a análise de Diego Vallejo
Tres dos galegos nos Goya 07.02.2025 30:57
“Foi a rodaxe onde vin máis xestión emocional” “A nominación recoñece a todo o equipo” “Sacar unha superprodución coma esta con China foi un reto de case 12 anos”. Falamos coa actriz Lucía Veiga, o director de produción Carlos Amoedo e mailo director de animación e guionista, Xosé Zapata. Son tres dos galegos candidatos aos Goya que se entregan este sábado en Granada por “Soy Nevenka” (como actriz...
Fado Alexandrino 07.02.2025 30:57
Con Afonso Becerra achegámonos á obra teatral “Fado Alexandrino”, adaptación da novela sobre a Revolución dos Cravos do escritor portugués António Lobo Antunes.
'Reconversión', de Ibuprofeno Teatro 07.02.2025 30:55
A nova montaxe de Ibuprofeno Teatro narra a vida do pai de Santiago Cortegoso, un dos 1.600 traballadores do asteleiro Ascón que quedaron na rúa en 1984. Oito intérpretes dan vida aos protagonistas da historia, que inclúen políticos e celebridades da época, a través dunha charanga que lle pon banda sonora en directo. O espectáculo estréase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña os días 7 e 8 de feb...
Artistas e cantareiras 07.02.2025 30:55
Lemos con Eva Mejuto 'Galegas nas artes' e 'Canta, miña compañeira' Dúas lecturas que teñen que ver coa creación artística das mulleres. 'Galegas nas artes' é un percorrido polas biografías de 21 artistas plásticas e visuais, e 'Canta, miña compañeira' de María Lado revisa o legado das cantareiras no ano no que se lles dedica o Día das Letras
"María Calas" e "A Rede Fantasma" 06.02.2025 13:49
María Callas, do chileno Pablo Larraín: En 2016 fixera “Jackie” sobre a ex-primeira dama estadounidense Jacqueline Kennedy e en 2021 “Spencer”, centrada nun momento concreto da vida de Lady Di. A actriz que dá vida a María Callas é Angelina Jolie. “A convulsa, fermosa e tráxica historia da vida da mellor cantante de ópera do mundo, revivida e reimaxinada durante os seus últimos días no París dos a...
De Ninghures inventan o 'tuareg enxebre' 06.02.2025 29:27
Tito Lesende pica hoxe o último avance do novo disco de De Ninghures. 'En fin que máis dá' é unha peza 'tuareg enxebre' na que Xoel López colabora nas guitarras. Escoitamos tamén novo material do noiés Rhome e avanzamos a axenda de concertos dos próximos días con cancións de León Benavente e Virginia Maestro.
Candidaturas dos Mestre Mateo 06.02.2025 12:40
Repasamos as obras finalistas nos premios do audiovisual galego, nas que a serie 'Rapa' e os filmes 'As neves', 'Honeymoon' e '+Cuñados' acaparan 40 candidaturas. A gala de entrega desenvolverase por primeira vez en Lalín, o 15 de marzo. Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual, e a presentadora Teté Delgado, avánzannos algúns porme...
Como e cando chegou a pizza a Galicia 05.02.2025 10:46
Raquel C. Pico contounos como e cando chegou a pizza a Galicia, unha historia ben interesante!
O Festival de Angoulême 05.02.2025 12:07
Manel craneo descríbenos a súa experiencia no 52º Festival de banda deseñada de Angoulême. Fálanos do que alí atopou: exposicións, espectáculos, obradoiros... e da presenza de creadores españois nunha carpa patrozinada polo Ministerio de Cultura.
"A muller xeada" 04.02.2025 11:57
Rinoceronte Editora publica en galego "A muller xeada", libro da premio Nobel Annie Ernaux. É a terceira obra que traduce da autora francesa. Dolores Vilavedra comenta este texto, nacido da experiencia vital de Ernoux, que narra como se aprende a ser muller nunha sociedade patriarcal.
Sumrrá fan 25 anos 04.02.2025 20:33
Conversamos co contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería LAR Legido, que forman Sumrrá co pianista Manuel Gutiérrez. Repasamos unha traxectoria de 25 anos que comezou nas jams do Dado Dadá e que hai uns meses os levou a colaborar con Niño de Elche. E escoitamos algúns dos seareiros que peregrinan cada domingo á Casa das Crechas de Santiago para vivir a experiencia de velos en directo.
A historia de Galicia vista a través de "ollos de vidro" 04.02.2025 6:31
Mónica Maneiro lévanos á exposición "Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia", que se pode visitar no Auditorio de Galicia en Compostela. A mostra, comisariada por Germán Labrador, está composta por case trescentas pezas de diversos autores coas que se pretende ofrecer unha visión alternativa da historia e a identidade de Galicia
Mocho Gris 03.02.2025 12:10
É un dúo formado polo músico de Catoira Lucas de Centi (ao que coñecíamos por liderar proxectos como Néboa ou Mel ou polas súas colaboracións con Xosé Lois Romero e Alibroria) e o portugués Joao Neves, unha figura prominente do circuíto alternativo luso. Teñen ademais outro importante nexo común: ambos forman parte do entorno artístico de Baiuca, a quen Lucas incluso acompaña ocasionalmente en dir...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.