AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Begoña Caamaño e os fíos da amizade 27.01.2026 15:49
Xa están nas librarías as dúas primeiras obras sobre Begoña Caamaño, a quen se lle adica este ano o Día das Letras. Trátase de 'Os fíos de Begoña' e 'Begoña ou o pracer da amizade'
Os premios Feroz 26.01.2026 7:45
Begoña Vázquez repasa os Premios Feroz, que se entregaron o sábado en Pontevedra
Podcast cultural 91. Retratos 26.01.2026 24:03
A limpeza da mirada que se perdeu. Santiago Barreiros percorre 50 anos de fotografía a través dos retratos na exposición “Read me”. E lemos a tradución ao galego da novela “A praza do Diamante”.
Lectura fácil e audiolibros 26.01.2026 18:53
Andrea Jamardo tráenos dous libros en formato de lectura fácil e outro en versión audiolibro. Son as adaptacións de ‘O misterio do torque de Burela’, de Antía Yáñez; e ‘Meigas’, de Esteban Folgar. Canto o audiolibro, trátase de ‘Ícaras’, de Carlos Labraña. Os tres están publicados por Galaxia e conversamos co seu director de edicións, Marcos Calveiro
Diario cultural fin de semana 24-01-2026 24.01.2026 56:58
Falamos con Aiadna Silva do documental "360 curvas", que recolle a loita de resistencia dos veciños da Fonsagrada contra o seu illamento e perda de servizos. Antía Amarante preséntanos o seu primeiro libro de poemas, "Vostede está aquí". Begoña Vázquez cóntanos os preparativos dos premios Feroz, que se entregan en Pontevedra. Lucía Carballeda amósanos a galería Dupla e conversa...
'Ninguén tira fotos nos enterros' 23.01.2026 12:33
Afonso Becerra comenta a ópera prima de Carlota Mosquera, ‘Ninguén tira fotos nos enterros’. Nesta autoficción performativa a autora propón unha reflexión colectiva sobre a morte, e faino dende a mirada dunha nena que, no mesmo día, asiste ao funeral da avoa e a voda dos tíos.
Podcast cultural 91. DUPLEX 30 23.01.2026 20:40
A sala de cinema ferrolá DUPLEX celebra 30 anos de vida . Percorremos a súa historia.
'Ídolos' 22.01.2026 9:02
Pendentes de se ‘Sirat’ conseguen meterse na loita polos Óscar, Moncho Lemos comenta a película de estrea ‘Ídolos’, con Ana Mena e Óscar Casas, que xira arredor do mundo do motociclismo e da que di que “é unha telenovela preciosa”.
Podcast cultural 90. Videoxogos 22.01.2026 16:34
Xogalego é un proxecto que procura facer visible e accesible todo o catálogo de videoxogos dispoñibles en galego. E despois 'Ninguén tira fotos nos enterros'.
De Hydn a Sés 22.01.2026 14:02
Tito Lesende pica a última canción de Hydn, o disco conxunto de mariagrep e Mundo Prestigio, e o novo álbum de Ángel Stanich antes dos seus concertos en Galicia. Tamén a Sés, que segue presentando en directo 'Nadando na incerteza'.
'Illa de sangue' 21.01.2026 13:51
Malores Villanueva comenta ‘Illa de sangue’, a primeira novela de Carmen Valiña, autora de ‘As tolas que non o eran’ sobre o psiquiátrico de Conxo. A obra, que decorre na illa de San Simón, alzouse co premio de narrativa breve Repsol 2025.
Podcast cultural 89. 360 curvas 21.01.2026 18:57
O filme documental que recupera a memoria das mobilizacións veciñais da Fonsagrada nos 90 chega ás salas. A preestrea de 360 curvas esta fin de semana na Fonsagrada
Carballo 20.01.2026 13:27
Carlos Crespo trános a Carballo, un músico emerxente formado na clásica que acaba de sacar ‘Simbiose’, o seu disco primeiro
Podcast cultural 88. Vostede está aquí 20.01.2026 25:00
Na pausa, na suspensión, ábrese o poema. "Vostede está aquí" é o primeiro libro de poemas de Antía Marante. E despois Buciños + Buciños
'Aquí e agora' 20.01.2026 12:25
Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Aquí e agora’, dedicada ao pintor vigués Guillermo Monroy, membro fundador de Atlántica falecido aos 28 anos en 1982. A mostra, comisariada por Ángel Cerviño, reivindica a importancia da súa obra. Pode visitarse ata o 15 de febreiro.
Dous documentais e unha webserie 19.01.2026 10:56
Begoña Vázquez recomena dous documentais e unha serie web que se poden ver en Agalega.gal. Trátase de ‘Morabeza’, ‘Á destra e á sinistra’ e ‘Peter Brandon’ respectivamente.
Podcast cultural 87. Dupla 19.01.2026 19:42
A galería Dupla propón un diálogo entre o escultor Iván Prieto e o artista visual Zësar Bahamonte na exposición "Absurdo" que enlaza coa filosofía de Albert Camus, e a incesante busca do significado do mundo
Libros para bebés, para primeiros lectores e para adolescentes 19.01.2026 13:01
Andrea Jamardo tráenos unha novela xuvenil, unha colección de libros para bebés e un libro silente: - ‘Dipnoi’ de María Canosa, unha novela para o público xuvenil, que chega este xoves ás librarías na colección Fóra de Xogo da editorial Xerais. -Da colección de Kalandraka Do berce á lúa: ‘Flores’ e ´Limón’, de Antonio Rubio e Óscar Villán -E por último un libro sen texto, tamén de Kalandraka, ‘Ped...
Galicia en xogo motor 18-01-2026 18.01.2026 30:57
A última hora de Cristian Costoya, Jorge Prado e Fran Gómez Pallas. Protagonistas na gala 2025 da FGA celebrada en Ourense.
Diario cultural fin de semana 17-01-2026 17.01.2026 56:54
Un ano despois da súa morte lembramos a Bernardino Graña conversando co seu amigo, o crítico Héitor Mera. Olaia Sendón fálanos de "A casa grande", a obra coa que foi finalista do premio Xerais de novela. A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago impulsa o primeiro museo en liña de iconografía rosaliana. Explícanos o seu contido Laura Camino, que se encargou da catalogación...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.