AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Sports GL ↓ 2302 episodes

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Sep 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Adiantos, estreas e concertos 05.02.2026

Tito Lesende pica música recén saída do forno de Dani Cornes, Fillas de Cassandra e MARIÁN. Na axenda de concertos, Jeff Tweedy estará o domingo na Coruña e Nacho Vegas o día 14. E en Santiago, na Capitol, actuacións mañá de Familia Caamagno e o venres 13 de Def con Dos.

A penaltis 05-02-2026 05.02.2026
'Alguén ao lado' 04.02.2026

Malores Villanueva recoméndanos o último de Xabier Quiroga: “Alguén ao lado”, publicada por Xerais. Unha novela sobre a identidade, o desexo e a capacidade humana de reinventarse.

Podcast cultural 98. Das marxes 04.02.2026

Alba Rodríguez Saavedra procura no ensaio “Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes” a resposta á invisibilidade da obra da investigadora e tradutora estadounidense.

A penaltis 04-02-2026 04.02.2026
Lobeira 03.02.2026

Carlos Crespo tráenoa a Lobeira, unha banda que nace nocorazón de Madrid a principios de 2023 e agora saca disco. Está formada pola tamén actriz e directora Sara Casasnovas (voz/letras), Alfonso Rajado (guitarras/sintetizadores), Félix García (batería) e Jorge Hernández (baixo/sintetizadores).

Podcast cultural 97. 30 FITU 03.02.2026

O Festival Internacional de Teatro Universitario celebra 30 edición e acolle a conmemoración dos 35 aniversario da Aula de Teatro da USC. E ademais ‘San Sebastián, corpo de beleza e dor. Unha paixón privada’,

A penaltis 03-02-2026 03.02.2026
Podcast cultural 96. Ilustración 02.02.2026

A exposición “Un país ilustrado” pon o foco no protagonismo e relevancia dos deseñadores que traballaron na Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia . E despois Siro López no Día da Ilustración 2026

De rebelións e fuxidas 02.02.2026

Andrea Jamardo fala de ‘A rebelión da lectura’, un álbum ilustrado que acompaña o documental do mesmo título, dedicado ao proxecto Espazo Lectura, que leva 20 anos promovendo a lectura en galego entre rapazada e mocidade de Gondomar. Ademais, outras dúas propostas: ‘Grande e pequena’, de Arianna Squilloni e Raquel Catalina, publicado por Kalandraka e gañador do Premio Internacional Compostela de á...

A penaltis 02-02-2026 02.02.2026
Galicia en xogo motor 01-02-2026 01.02.2026

Repaso do máis salientable do programa da TVG "Trata de Arrancalo", cos membros do Team Dakar Galicia, Edu Iglesias e Ricardo Ramilo.

Diario cultural fin de semana 31-01-2026 31.01.2026

O Museo do Pobo Galego desenvolveu unha nova edición do Seminario 'Museos, Feminismos, Canon' , que desta volta estivo centrado na figura de Maruja Mallo. Falamos cunha das relatoras participantes, a investigadora Estrella de Diego. Estréase en Gondomar o documental "A rebelión da lectura", que narra a historia do Espazo Lectura. Ímos descubrir como naceu e prosperou esta asoci...

ALÉN 30.01.2026

Afonso Becerra comenta ALÉN, unha creación escénica de danza contemporánea do Colectivo Globo. O espectáculo parte do desexo de habitar os límites a través dunha vivencia poética e sensorial que se move na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser. Coproducida polo Centro Coreográfico Galego.

Podcast cultural 95. Expediente Velo 30.01.2026

A curtametraxe documental ‘Expediente Velo’ revisita a peripecia vital do militante antifranquista e escritor Xosé Velo. Dirixida por Aser Álvarez, a peza documenta o papel central de Velo no secuestro do barco ‘Santa Liberdade’.

Universo Castelao 29.01.2026

Hoxe fanse 140 anos do nacemento de Castelao. Begoña Vázquez recoméndanos a programación especial da CSAG ‘Universo Castelao’.

'Aída y vuelta' 29.01.2026

Moncho Lemos recomenda ‘Hamnet’que, aínda que non é estrea da semana, segue a formar fileiras ás portas dos cines. E para a fin de semana fálanos de ‘Aída y vuelta’, metalinguaxe televisiva dirixida por Paco León.

Podcast cultural 94. Bestiário 29.01.2026

Vítor Vaqueiro e Ánxel Huete presentan Bestiário, unha obra ilustrada sobre seres mitolóxicos galegos, publicada por Néspera editora.

De Boyanka Kostova a Bruce Springsteen 29.01.2026

Tito Lesende pica a nova canción de Boyanka Kostova, primeiro avance do seu próximo disco, e mais o tema que Dani Dicostas publica esta semana. Repasamos a axenda de concertos dos muradáns Lisdexia e escoitamos a canción coa que Bruce Springsteen protesta pola actuación do ICE nas rúas da cidade estadounidense de Minneapolis.

Begoña Caamaño: catro biografías 28.01.2026

Malores Villanueva tráenos catro biografías arredor de Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras: ‘A nena que perdeu un zapato na lama’, de Ramón Nicolás; ‘Begoña Caamaño, xornalista e escritora’, de Estefanía González; ‘Os fíos de Begoña’, de Eva Mejuto con ilustracións de Nuria Díaz; e ‘Begoña ou o pracer da amizade’, de Beatriz Maceda.

Podcast cultural 93. O caso M. Mallo 28.01.2026

"Por que as mulleres pintoras se chaman sempre surrealistas?" Estrella de Diego fala sobre Maruja Mallo no Seminario Museos, Feminismos, Canon. E despois as biografías de Begoña Caamaño para a infancia

A penaltis 28-01-2026 28.01.2026
Iá 27.01.2026

Carlos Crespo tráenos unha estrea exclusiva, tres temas do primeiro disco en solitario de Sara Merso : ‘Iá’. Logo de máis de 15 anos sobre os escenarios, a cantante e xornalista coruñesa vaino presentar o venres ás 22.00 horas na sala Garufa Club da cidade herculina.

Podcast cultural 92. Raquel Areal 27.01.2026

A Real Filharmonía de Galicia recoñece unha nova xeración de intérpretes que desenvolven as súas carreiras nos escenarios máis prestixiosos do mundo. É o caso de Raquel Areal, violinista da Filharmónica de Berlín.

Francisco Asorey, unha recuperación necesaria 27.01.2026

Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Francisco Asorey, unha recuperación necesaria’, que pode visitarse na Cidade da Cultura. A mostrea está comisariada por Miguel Fernández-Cid e coordinada por Carmen Asorey, neta do escultor e figura esencial na reivindicación da súa obra e vida.

Listen to the Todos os podcast | En xogo motor podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.