AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
INTERNALITIES 17.02.2026 14:09
Mónica Maneiro comenta a exposición ‘INTERNALITIES. Arquitecturas Para Un Equilibrio Territorial’, que se pode ver no CGAC.
As estreas da semana en Xabarín.gal e AGalega.gal 16.02.2026 8:11
Begoña Vázquez tráenos as novidades de Xabarín.gal, que reforza a súa oferta nas vacacións de Entroido con estreas como 'Preparado, Eddie, xa!' e 'Os Bolechas, sabes unha cousa?'. Ademais, en Agalega.gal hai unha sección especial do Entroido. Tamén o filme ‘O país dos Mixtos’, sobre o Couto Mixto, de Xosé Luís Ledo Andión e Olaia Ledo.
Dous álbums ilustrados e unha guía do Entroido 16.02.2026 12:43
Andrea Jamardo tráenos dous álbums ilustrados para os máis pequechos e un libro divulgativo do Entroido: ‘Baia, a folliña do bosque’, de Lucy Fleming, traducido por Alejandro Tobar en Editorial Tambre; ‘Guía ilustrada do Entroido Galego’, de Xabier Domínguez e Alba De Evan con ilustracións de Iria Prol. En Xerais; E ‘Piolliños’, de Paula Merlán, con ilustracións de Laura Miranda en Antela.
A penaltis 16-02-2026 16.02.2026 2:00:58
Polémica polo gol anulado ao Celta en Barcelona. Falamos con Lalo Suárez e Rubén López, seleccionadores galegos sub14 e sub 16. Entrevistas a Vítor Vázquez "Churre", exxogador de Racibng e Pointevedra, e a Pablo Porrúa, xogador do Estradense.
Mercedes máis eu 13.02.2026 10:25
Afonso Becerra fálanos de ‘Mercedes máis eu’, de Janet Novás & Mercedes Peón, que se puido ver o pasado día 6 no GUIdance - Festival Internacional de Dança Contemporânea de Guimarães.
Podcast 105. Construción con madeira 13.02.2026 23:43
Os enxeñeiros Manuel Guaita e Manuel Touza reciben o premio do COAG “Arquitectura para un mundo mellor” polo seu labor na recuperación do coñecemento e a cultura da construción con madeira
'Cumbres borrascosas' e 'Historias del buen valle' 12.02.2026 5:49
Moncho Lemos recomenda ‘Cumbres borrascosas‘, de Emerald Fennell, para ir ao cine esta fin de semana. Con Jacob Elordi e Margott Robbie nos papeis protagonistas. E tamén ‘Historia del buen valle’, de José Luis Guerín. Un documental sobre o arrabalde barcelonés de Vallbona.
Podcast 104. El mal de l' amor 12.02.2026 21:48
Samuel Diz e Jonatan Alvarado presentan "El mal de l´amor", o proxecto de recuperación do legado musical inédito de Gustavo Durán. E despois as Sociedades Filarmónicas
A dolce vita de Amaral 12.02.2026 22:13
A dolce vita de Amaral Canda Tito Lesende falamos con Eva Amaral e Juan Aguirre da xira que teñen en marcha e do seu disco máis novo: Dolce Vita. Estarán o día 21 no Coliseum da Coruña no que será o seu único concerto en Galicia.
Podcast 103. Espantallos. 11.02.2026 17:37
O fotógrafo Manuel Sendón presenta na Fundación Laxeiro de Vigo a mostra "Espantallos 2012-2025". As series fotográficas son o resultado de fotografar a evolución de tres espantallos desde 2012 ata a actualidade. E ademais o premio da Libraría Bandini
MARIÁN 10.02.2026 9:13
Carlos Crespo tráenos a Marián Romero, que debuta con ‘Esperta, muller salvaxe’, un álbum íntimo con cancións en galego, castelán e inglés. O disco conta cunha colaboración de Guadi Galego e, na súa versión física, trae un kit con varios obxectos
Podcast cultural 102. Rimas Murguía 10.02.2026 22:34
A Real Academia Galega presenta o volume "As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía. Edición e estudo dos materiais conservados", unha investigación de Diego Rodríguez. E despois 50 anos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Refugallo paintings 10.02.2026 8:39
Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Refugallo paintings’, de AlmudenaFernández Fariña en Sirvent SVT Espacio de Arte, en Vigo. Na mostra, a artista cuestiona o papel do marco e da pincelada na pintura tradicional mediante o uso de desproveitos.
Podcast cultural 101. Retornos 09.02.2026 16:55
“Retornos” a exposición de Álvaro de la Vega na galería Moret Art. A RAG presenta a programación do Día das Letras dedicado a Begoña Caamaño.
Fútbol, aldeíñas e tesouros 09.02.2026 12:28
Andrea Jamardo comenta a novela infantil ‘Mariña e o balón. O primeiro gol’ de Pere Tobaruela, publicada na colección Merlín de Xerais; o álbum ilustrado ‘Pequerrecho’, de Mireia Aleu na editorial Oqo e mais os poemas de ‘Tesouro’ de Milja Praagman na editorial Hércules.
Galicia en xogo motor 08-02-2026 08.02.2026 30:57
Tras unha semana onde o culebrón tivo un nome, o de Javi Pardo, neste espazo de motor recuperamos a conversa de Chema Rodríguez, patrón de Recalvi, e os compañeiros da TVG sobre o proxecto case pechado do alaricano cun Toyota Yaris. Asimesmo escoitamos a varios protagonistas na gala da FGA.
Diario cultural fin de semana 07-02-2026 07.02.2026 56:58
O CGAC acolle "Internalities. Arquitecturas para un equilibrio territorial", exposición que chega a Galicia tras representar a España na Bienal de Arquitectura de Venecia 2025. Falamos cun dos seus comisarios, Roi Salgueiro. O bailador Fran Sieira coméntanos "Benquerer", o espectáculo de danza que acaba de estrear. Alba Rodríguez explícanos por que permeneceu esquecido durante...
Erregueté publica o seu número 110 06.02.2026 8:27
Afonso Becerra celebra os 110 números de Erregueté/Revista Galega de Teatro: “Estase escribindo a historia das nosas artes escénicas”
Podcast 100. 'Vou pa Portujal' 06.02.2026 21:07
“Vou pa Portujal”, o novo disco do Caimán do Río Tea. O grupo manténse nas coordenadas do rock bravú pero vira un chisco o seu son cara ao blues.
'La fiera' 05.02.2026 7:10
Moncho Lemos fálanos de ‘ La fiera’, de Salvador Calvo. , unha película do tipo falso documental que está baseada en feitos reais arredor do salto base con alas.
Podcast cultural 99. Internalities 05.02.2026 22:11
O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a primeira itinerancia de "Internalities", o proxecto que os arquitectos galegos Manuel Bouzas e Roi Salgueiro presentaron na última Bienal de Arquitectura de Venecia. E despois BenQuerer de Fran Sieira
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.