AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
'Familia' e dúas estreas 16.01.2026 10:52
Afonso Becerra comenta ‘Familia’, de Amalia Fernández e nos reta a adiviñar como vai facer para estar hoxe en dúas estreas na Coruña e Vigo: ‘Ninguén tira fotos nos enterros’, de Carlota Mosquera no Rosalía...e ‘Alén’, do Colectivo Globo no Teatro Ensalle.
Podcast cultural 86. Cultura urbana 16.01.2026 20:23
A editorial Alvarellos publica o libro colectivo "Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas", unha das primeiras contribucións galegas á bibliografía sobre o muralismo contemporáneo.
'Turno de guardia' 15.01.2026 13:09
Moncho Lemos recomenda ir ao cine esta fin de semana para ver a estrea da película suíza ‘Turno de guardia’. Tamén lle gusta a española ‘Rondallas’, pero non tanto ‘Una batalla tras otra’, a gran triunfadora dos Golden Globes.
PODCAST CULTURAL 85. B Graña, ao compás do corazón 15.01.2026 16:39
"Eu deixaba que a man se movese ao compás do corazón". Lembramos a voz de Bernardino Graña e acompañamos o cabodano do escritor revisando a súa obra.
Unha manchea de novidades 15.01.2026 12:54
Tito Lesende pica hoxe: os remixes do último disco de Baiuca; un novo avance do próximo álbum de Familia Caamagno; a colaboración que Carlangas e Leiva publican esta semana; e a homenaxe de Rufus T. Firefly a Triángulo de Amor Bizarro.
'Mamá' e 'Adelina' 14.01.2026 12:54
Malores Villanueva tráenos dúas novelas gráficas: ‘Mamá’, de Glòria Vives en Edicións Embora; e ‘Adelina’, da lucense Sandra Lodi na editorial Galaxia.
Podcast cultural 84. Tío Marcos 150 14.01.2026 24:01
Conmemórase en 2026 o 150 aniversario de O Tío Marcos d’a Portela, publicación fundacional da prensa popular en lingua galega. E despois a cega de Noceda en 'O violín que trae o vento'
Amorodo 13.01.2026 1:05:36
Carlos Crespo tráenos a Xavi Simón, un rapeiro de Arbo que se fai chamar Amorodo.
Podcast cultural 83. A celebración de Monroy 13.01.2026 19:28
A vixencia da linguaxe e a contemporaneidade da súa figura son os piares da mostra “Guillermo Monroy. Aquí e agora” que se presenta na Fundación Luís Seoane na Coruña. Unha mostra comisariada por Ángel Cerviño. E despois Labañou anos 70: “O eco dos días rotos”.
'Como atraer a luz e deixala dentro' 13.01.2026 26:25
Canda Mónica Maneiro falamos con Alba López Porto, responsable da galería Néboa de Lugo, pola exposición 'Como atraer a luz e deixala dentro', de Pablo Quesada.
Podcast cultural 82. Rosalía virtual 12.01.2026 23:16
Preséntase o Museo virtual de iconografía de Rosalía de Castro, unha viaxe sobre a evolución da imaxe da escritora, un mito en continua reconfiguración.
‘Lis e o bosque das sombras’ e ‘Bruxas e dragóns 1: Baba Iagá 12.01.2026 13:49
Andrea Jamardo tráenos o álbum ilustrado ‘Lis e o bosque das sombras’, de Clara Artiaga (Antela) e mais ‘Bruxas e dragóns 1: Baba Iagá’, de Ledicia Costas e Luismi Pérez, con ilustracións de Bea Gregores (Triqueta).
Diario cultural fin de semana 10-01-2026 10.01.2026 56:54
Falamos de protagonistas culturais deste ano que bota a andar. Por exemplo, Otero Pedrayo, de quen se cumpren 50 anos do seu pasamento; ou Begoña Caamaño, a quen a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letrtas. Este ano veremos a adaptación teatral das "Memorias dun neno labrego" que dirixiu Candido Pazó. Tamén apuntamos cales serán as próximas novidades literarias e cinmematrográfi...
'O proceso' 09.01.2026 13:17
Afonso Becerra comenta ‘O proceso’, de Malasombra, escrita por Cándido Pazó. Un sainete cómico que relata o sucedido trala denuncia do bispo de Ourense a Curros Enríquez por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento galego.
Podcast cultural 81. Begoña Caamaño 09.01.2026 18:03
A Real Academia Galega inaugura na Rede as Letras Galegas dedicadas á escritora e xornalista Begoña Caamaño
Song, song blue 08.01.2026 19:34
Moncho Lemos lembra o actor ferrolán Siro Ouro “Gold Sirope”, que faleceu aos 24 anos esta Noitevella. Tamén nos fala das chamadas “pelis sorpresa” e recomenda ir ver ‘Song Sung Blue’ un drama biográfico musical escrito, coproducido e dirixido por Craig Brewer. A película, baseada nun documental homónimo de 2008, está protagonizada por Hugh Jackman e Kate Hudson como Mike e Claire Sardina, que...
Podcast cultural 80. Unha bicicleta azul 08.01.2026 21:11
O dó atravesa o corpo da novela e da protagonista de “Perder o norte”, unha viaxe por diversos territorios físicos e emocionais coa que María Quiroga gañou o Premio Illa Nova. E despois "Regreso" de Clara Cantore
Novidades de xaneiro 08.01.2026 13:46
Tito Lesende pica dúas primicias con marca galega, os avances dos discos de Tomás Porteiro e de Apolo 18. Tamén da banda estadounidense Alter Bridge e da solista Ella Red, que publican traballos este mes de xaneiro.
'Os antropólogos' 07.01.2026 13:43
Malores Villanueva comenta ‘Os Antropólogos’, de Ayşegül Savaş, unha novela encantadora sobre a pasaxe á vida adulta. Traducida ao galego por Carlos Meixide para a editorial Rodolfo e Priscila
Podcast cultural 79. A voz de Otero 07.01.2026 16:58
“Unha presa de terra”. No ano de Otero Pedrayo achegámonos á figura do ourensán con Patricia Arias Chachero
O que vai traer 2026 06.01.2026 12:10
Carlos Crespo fálanos do que vai traer este 2026 e ademais pica a estrea do primeiro sinxelo de Javi Maneiro tras deixar Heredeiros
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.