AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A penaltis 10-03-2026 10.03.2026 2:00:54
Miguel Román perde a tempada por unha grave lesión, Buscamos casos semellantes no fútbol galego. Como é unha lesión no quinto metatarsiano do pé? Tamén: José Manuel Alvelo, ex futbolista do Celta; Pauleta, do Benfica; e Borja Rey, porteiro do Boiro Cun ollo posto na Champions League.
Podcast cultural 119. “Facedoras” 09.03.2026 16:40
A Mar Caldas presenta unha decena de retratos de gran tamaño realizados a mulleres dedicadas a tarefas vinculadas cos animais. “Facedoras de Lugo” dá continuidade aos proxectos “Facedoras de Bueu” e “Facedoras do Baixo Miño” que a artista visual ven desenvolvendo desde 2017.
Unha cadela, un pirata e Alicia 09.03.2026 11:12
Andrea Jamardo tráenos a novela ‘A historia de Brava Panadeira’, en SOPA DE LIBROS. Recomendada dos 10 anos en diante. De Alicia Borrás con ilustracións de Blanca Vila. Tamén un álbum ilustrado, ‘O Pirata Bruno’, de Olaia Sendón en Cuarto de Inverno. Para primeiros lectores E, ademais, un clásico adaptado para a cativada: ‘Aventuras de Alicia no País das Marabillas’. Traducida ao galego por Xabie...
A penaltis 09-03-2026 09.03.2026 2:00:58
Fútbol, risas e goles con Fran Cañotas e Antonio Mosquera
‘Oh, mammi blue!’ 06.03.2026 8:53
Afonso Becerra comenta ‘Oh, mammi blue!’, un monólogo teatral cómico-tráxico do colectivo Cinema Sticado (Noemi Rodríguez).Interpretado por Helena Varela, explora con humor e crueza os tabús, dúbidas e culpas da maternidade. Poderase ver esta fin de semana en Allariz.
Podcast cultural 118. “Interritmos” 06.03.2026 19:56
“Interritmos Raíces Vivas” é unha iniciativa que busca acompañar os talentos da música de raíz, e poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial.
"La novia" 05.03.2026 4:53
Moncho Lemos comenta a película de estrea “La novia”, terror de ciencia ficción dirixida, escrita e coproducida por Maggie Gyllenhaal. No reparto conta con Penélope Cruz,Christian Bale, Jessie Buckley, Peter Sarsgaard, Annette Bening y Julianne Hough.
Podcast cultural 117. Royal 05.03.2026 17:51
Circo e danza con ritmo, humor e acrobacias en "Royal". O novo traballo da Compañía de Paula Quintas combina o clown poético de Arturo Cobas e os equilibrios en movemento de Quintas . E despois nova edición do Salón Libro de Pontevedra
De Carlos Ares a Sés pasando por Estrogenuinas e M-Clan 05.03.2026 14:35
Tito Lesende pica música de Carlos Ares, que ten cinco candidaturas aos Premios MIN, e das salmantinas Estrogenuinas, que estrean disco co selo galego Ernie Records. E na axenda de concertos, M- Clan estarán no Expo Rock da Coruña a próxima fin de semana, e Sés ten máis datas da súa xira de directos.
'Aprendede dos lirios' 04.03.2026 8:09
Malores Villanueva comenta “Aprendede dos lirios”, de Iain Crichton Smith en Rinoceronte Editora. Como pano de fondo ten os feitos reais ocorridos cos desaloxos das Terras Altas escocesas entre 1792 e a década de 1850.
Podcast cultural 116. Teatro Clásico 04.03.2026 17:01
Once espectáculos na XXVI edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo. E despois "Tortura branca" de Narges Mohammadi.
'Coworkinaos' 04.03.2026 15:22
Moncho Lemos fálanos do inicio da rodaxe da comedia 'Coworkinaos', a primeira coprodución de ficción entre a TVG e a TPA. Conversamos tamén cunha das protagonistas, Esther Estévez, que debuta na ficción.
Kid Mount 03.03.2026 12:57
‘Perreo Paraíso’
Podcast cultural 114. M8PORLER 02.03.2026 21:22
A Fundación Cultural Galega Xistral crea ‘M8porler’, unha plataforma co obxectivo de espallar a lectura e os libros en galego e xerar un diálogo arredor deles. E despois a novela Mazarelos
Memoria, misterios e menstruación 02.03.2026 13:58
Andrea Jamardo comenta un álbum ilustrado sobre memoria histórica, ‘Alicia e a mestra de Oza’, de Paula Carballeira e Iván R.; a novela infantil de misterio ‘Xulia Belavista, detective animalista’, de Diego Ameixeiras e Jorge Campos e o libro informativo ‘Menstruación en marcha’, que publica en galego Kalandraka.
Diario cultural fin de semana 28-02-2026 28.02.2026 56:55
Presentamos diversas propostas culturais que ven a luz estes días. María Bañobre e Santiago Cortegoso fálannos de "Bio Construcción", a última creación da súa compañía, Ibuprofeno Teatro. Tamén estrea espectáculo Laboratorio Escénico. Chámase "Monte" e a el nos convida unha das compoñentes desta cooperativa de danza, Alba Fernández. Do novo disco de Treixadura, "Portalén&q...
'Un deus salvaxe' 27.02.2026 10:17
Afonso Becerra comenta “Un deus salvaxe” de Talía Teatro. Escrita por Yasmina Reza e dirixida por Artur Trillo. Con María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais
Podcast cultural 113. ‘Anfibia por veces’ 27.02.2026 18:14
Antía Muíño acaba de publicar o seu segundo álbum. ‘Anfibia por veces’ incorpora novas texturas na produción e explora diferentes camiños sonoros , entre o jazz, o tradicional e a canción de autora.
'Los miserables. El origen' 26.02.2026 5:21
Moncho Lemos fálanos das estreas do documental'Epic: Elvis in Concert', de Baz Luhrmann e da película ‘Los miserables. El origen’, de Éric Besnard
Podcast cultural 112. Bioconstrución 26.02.2026 22:20
Ibuprofeno Teatro estrea Bioconstrución, unha metáfora sobre o fracaso, a crise ecolóxica, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea. E despois Crónicas transatlánticas.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.