AGalegaAudio

Todos os podcast | Ao contraataque

Sports GL ↓ 442 episodes

Toda a actualidade deportiva de Galicia. Información, entrevistas e opinión. De domingo a xoves, a partir das 23:00 na Radio Galega

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Aug 28, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ao contraataque 29-11-2023 29.11.2023

Toni López conversa coa pontevedresa Tere Abelleira na véspera de que a selección feminina de fútbol voe a Galicia para xogar o seu partido en Pasarón. No hóckey, analizamos con Juan Copa, o adestrador do Liceo, o comezo dos coruñeses na Liga de Campións visitando o Barça. E no baloncesto, o Basquet Coruña cae por un punto en Burgos, 76-75.

Ao contraataque 28-11-2023 28.11.2023

O vigués Rubén Albés, técnico do 'Albescete', é o convidado á mesa de debate a uns días de que os manchegos xoguen na Malata. No baloncesto, dúas olladas: en Ourense escoitamos os adestradores do COB 72-Tizona 79 da LEB; e en Lugo charlamos con Tito Díaz, o director xeral do Breogán. E no balonmán, conectamos con Dinamarca para conversar coa naronesa Alicia Fernández, fixa na selección,...

Ao contraataque 27-11-2023 27.11.2023

Sempre é proveitoso escoitar a Carlos Mouriz. O director xeral e deportivo do Racing de Ferrol quítalle ferro ás críticas aos árbitros e confirma que Carlos Vicente é un dos xogadores con ofertas de Primeira División. Este luns, ademais, xoga Ao contraataque o presidente do Ourense CF, líder da 2ª RFEF, e felicitamos ao ciclista Andrés Taboada, que ficha polo equipo profesional portugués Mortágua...

Ao contraataque 26-11-2023 26.11.2023

Nesta xornada poñemos sobre a mesa de debate a continuidade de Rafa Benítez no Celta e de Imanol Idiakez no Deportivo, que seguen acumulando malos resultados. En contraste, imos en directo á Malata, onde afeccionados do Racing decidiron recibir o equipo tralo empate en Leganés.

Ao contraataque 23-11-2023 23.11.2023

O presidente da Federación Galega de Fútbol dá explicacións trala polémica pola venda das entradas para o partido de España en Pasarón. Conversamos con Borja Jiménez, o ex do Deportivo, antes de recibir o Racing agora como técnico do líder Leganés. No baloncesto, previa da xornada da LEB do venres e do derbi Celta-Ensino. E no espazo olímpico visítanos o triatleta vigués Antonio Serrat.

Ao contraataque 22-11-2023 22.11.2023

O adestrador do Celta Fortuna, o porriñés Claudio Giráldez, responde ás preguntas sobre a actualidade do filial e as súas opcións de chegar ao primeiro equipo. No baloncesto, o Breogán superou ao Hapoel Holon na Liga de Campións. E no 'Díxencho eu' o gran Luis Moya revive un dos momentos icónicos da historia do deporte, cando quedou a uns metros de gañar o mundial de rallys con Carlos Sa...

Ao contraataque 21-11-2023 21.11.2023

O delegado de AFE en Galicia, Borja Yebra, e o ex do Racing de Ferrol, David Darmon, participan no coloquio sobre a actualidade do fútbol. Logo, escoitamos protagonistas dos tres equipos galegos de fútbol sala, Noia, Burela e O Parrulo, tras quedar eliminados na Copa. E, no baloncesto, preparamos o partido do Breogán na Liga de Campións co Hapoel de Israel.

Ao contraataque 19-11-2023 20.11.2023

Os nosos expertos discuten se os futbolistas xogan demasiados partidos e, por iso, hai tantas lesións. No repaso da xornada, atendemos ao tropezo, no último suspiro, do Racing na Malata e aos resultados da 1ª RFEF. Na segunda hora, como sempre, o resumo máis completo da xornada da Terceira División.

Ao contraataque 20-11-2023 20.11.2023

Noite de análise de todo o que nos deixou a xornada de fútbol, con especial atención ao Racing 1-Burgos 1 e á 1ª RFEF. En Ourense, felicitamos a Amin Abaradan, o máximo goleador da Segunda Federación. E no fútbol sala conversamos con Juanma Marruba ante a súa volta a Burela agora como adestrador rival.

Ao contraataque 16-11-2023 16.11.2023

Imanol Idiakez xoga Ao Contraataque para avaliar o inicio de temporada do Deportivo e contestar as preguntas do equipo do programa. No Fica coa Bola temos a Lino Estévez, o novo adestrador do CD Barco, e no Galicia en París poñemos as zapatillas para conversar con Tariku Novales.

Ao contraataque 15-11-2023 15.11.2023

Ángel Castro, presidente do Sestao River e de pais de Noia, fálanos da eliminatoria co Celta na segunda rolda da Copa e Manuel Abalo, o presidente do Arosa, celebra o cruzamento co Valencia. No baloncesto, o Breogán perdeu co Holon e escoitamos voces do Ensino, o Uni e o Celta antes dos seus partidos do xoves. No balonmán, o Guardés venceu o Rocasa e o Porriño caeu en Málaga e, no fútbol sala, o N...

Ao contraataque 14-11-2023 14.11.2023

Mesa de debate á que convidamos a Francisco Javier Villaverde, o axente de Fran Vieites, trala actuación do porteiro de Pontecesures no derbi Sevilla-Betis, e na que tamén recibimos o ex do Dépor, Lugo, Racing e Pontevedra, Diego Seoane. Na ximnasia Melania Rodríguez volve con sabor agridoce do Mundial de trampolín, onde gañou un ouro pero quedou a unhas décimas da praza olímpica. E no baloncesto,...

Ao contraataque 13-11-2023 13.11.2023

Xogan Ao Contraataque dous ex xogadores agora adestradores: o ex do Celta Patxi Salinas comenta os problemas dos de Benítez; e Luis César destaca as virtudes do Racing, como equipo e como club, ademais de lembrar as súas experiencias no Deportivo e no CD Lugo. E na vela felicitamos a Támara Echegoyen polo seu bronce nos Europeos de Portugal.

Ao contraataque 12-11-2023 12.11.2023

Noite de análise dos partidos dos equipos galegos na principais categorías: os problemas sin fin do Celta, a enerxía do Racing, os triunfos do Deportivo e do Celta Fortuna, o empate do Arenteiro ou a derrota do Lugo no Anxo Carro.

Ao contraataque 09-11-2023 09.11.2023

Kevin, un dos capitáns do RC Celta, admite os problemas do equipo sen querer buscar desculpas nas arbitraxes. Dende Ferrol, Álvaro Giménez repasa a súa contribución no Racing pero recoñece que debe facer máis goles. O repaso ao resto do fútbol e tamén baloncesto coas previas da LEB e a vitoria da selección feminina de Miguel Méndez.

Ao contraataque 08-11-2023 08.11.2023

O adestrador do Club Deportivo Lugo, Pedro Munitis, é o convidado á mesa de debate sobre a actualidade futbolística. No baloncesto, falamos da derrota do Breogán, 86-71 en Bonn na Liga de Campións, e conversamos coa ourensá Paula Ginzo, pivote do FCB; e no balonmán, o Cangas perdeu en Cuenca, 33-28.

Ao contraataque 07-11-2023 07.11.2023

Conversamos sobre a actualidade do fútbol co técnico do Pontevedra, Yago Iglesias, que nos falará do grande inicio dos granates na 2ª RFEF. No baloncesto, miramos cara a Lugo na véspera da visita do Breogán ao Bonn na cuarta xornada da BCL.

Ao contraataque 06-11-2023 06.11.2023

Debatimos se o Celta debe protestar ou non polas últimas arbitraxes, sobre o futuro de Carlos Vicente e sobre a situación do Deportivo na 1ª RFEF. Ademais, xoga Ao Contraataque a marinense Irene Trabazo, líder da Copa de España de ciclocross.

Ao contraataque 05-11-2023 05.11.2023

Os expertos do programa debaten se teñen fundamento as queixas do Celta sobre as arbitraxes e analizan o resto dos resultados da fin de semana, entre eles o Racing 1-Andorra 0 e o Real Unión 3-Deportivo 0.

Ao contraataque 02-11-2023 02.11.2023

O presidente do Arosa explica en directo a decisión de club de Vilagarcía de presentar recurso pola suposta aliñación indebida do porteiro do filial do Granada na vitoria dos andaluces, 0-3, na Lomba. Ademais, a previa dos partidos do Ensino, o Uni Ferrol e o Celta na liga feminina de baloncesto e a conversa coa ximnasta Melania Rodríguez no Galicia en París.

Ao contraataque 01-11-2023 01.11.2023

No fútbol, falamos en directo con Gazzaniga despois de gañar co Racing en Marbella e repasamos as eliminatorias do Celta, o Deportivo, o Lugo, o Arenteiro, o Boiro e o Compostela. No baloncesto, chegou a primeira derrota do Basquet Coruña e felicitamos a Patri Corral pola clasificación do Castro para final a 8 da Copa da Raíña de fútbol sala.

Ao contraataque 31-10-2023 31.10.2023

A última hora dos sete partidos de Copa que xogan o mércores os equipos galegos: Celta, Racing, Lugo, Deportivo, Arenteiro, Compostela e Boiro. Ademais, repasamos o 1-7 da selección feminina en Suíza con dúas asistencias da pontevedresa Teresa Abelleira.

Ao contraataque 30-10-2023 30.10.2023

A máis completa mesa de debate dos luns para avaliar os resultados da xornada no fútbol á que convidamos o presidente do Turégano, rival do Celta na Copa. Ademais, falamos con Juan Copa polo mal inicio de temporada do Liceo da Coruña na OK Liga.

Ao contraataque 29-10-2023 29.10.2023

Escoitamos os protagonistas do Racing de Ferrol despois de gañaren 1-3 no campo do Racing de Santander. Ademáis, reunimos a habitual mesa de debate dos domingos para avaliar o resto da xornada deportiva da fin de semana.

Ao contraataque 26-10-2023 26.10.2023

Preparamos co galego Richi, que foi capitán do Girona, a visita do Celta a Montilivi. No Galicia en París visítanos a atleta Ester Navarrete, logo de bater o récord da medio maratón da gran Julia Vaquero. E no Terceiro Tempo... pelexa de galos.

Listen to the Todos os podcast | Ao contraataque podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.