AGalegaAudio
Todos os podcast | Ao contraataque
Toda a actualidade deportiva de Galicia. Información, entrevistas e opinión. De domingo a xoves, a partir das 23:00 na Radio Galega
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ao contraataque 25-10-2023 25.10.2023 1:59:49
Analizamos a xornada da Liga de Campións co galego Ismael García, técnico asistente no Galatasaray. Falamos co xogador do Deportivo Mikel Balenciaga e Álex Gesto responde as preguntas dos oíntes.
Ao contraataque 24-10-2023 24.10.2023 1:59:57
Falamos co galego Toni Dovale, novo director deportivo do Vizela portugués, e co ex do Sporting Braga Dani Mallo. No baloncesto, o director deportivo do Obradoiro, Eduardo Pascual, avalía a 'espantada' de Washington e conversamos con Pablo Hernández do grande inicio de liga do Basquet Coruña na LEB Ouro.
Ao contraataque 23-10-2023 23.10.2023 1:03:54
No fútbol, analizamos os partidos dos equipos galegos na fin de semana e falamos co compostelanista Juampa Barros tralo seu espectacular gol de tacón na 2ª RFEF. No baloncesto, Eric Washington négase a volver ao Obradoiro.
Ao contraataque 19-10-2023 19.10.2023 1:59:54
Ollamos para a xornada de fútbol con Rodolfo, ex do Celta e o Atlético, e co ex do Racing e do Eldense Iván Forte. Entrevista co ferrolán Míchel Alonso despois de fichar como adestrador da SD Compostela. E no Galicia en París Toni López tráenos o nadador paralímpico Jacobo Garrido.
Ao contraataque 18-10-2023 18.10.2023 1:59:51
Escoitamos os protagonistas do Breogán despois de gañarlle 68-48 ao Bursaspor turco na Liga de Campións de baloncesto. No fútbol, convidamos á mesa de debate ao ex adestrador do Deportivo Rubén de la Barrera, agora seleccionador de El Salvador. E tamén imos a Noia tras perder co Peñíscola do galego Santi Valladares na LNFS.
Ao contraataque 17-10-2023 17.10.2023 1:58:28
Os presidentes do Boiro e do Arosa avalían as eliminatoria co Mallorca e co Granada. Imos ata Turégano para coñecer o humilde rival do Celta. E preparamos con Veljko Mrscic o regreso do Breogán a Europa.
Ao contraataque 16-10-2023 16.10.2023 1:59:54
Escoitamos os protagonistas do Racing trala derrota pola mínima en Valencia. O Celta perde a Aidoo todo o que resta de temporada e falamos co dianteiro do Vilalbés Santi Gegunde.
Ao contraataque 12-10-2023 12.10.2023 1:59:52
A selección masculina de fútbol dá un gran paso cara a Eurocopa tras derrotar a Escocia. Ademais, conversamos co xogador do Racing de Ferrol Fran Manzanara e celebramos a clasificación do Boiro para a Copa do Rei, na que recibirá un Primeira División.
Ao contraataque 11-10-2023 11.10.2023 1:59:54
No baloncesto, escoitamos os protagonistas do Obradoiro 80-Zaragoza 72. No fútbol visitamos a familia do CD Boiro antes da eliminatoria previa da Copa do Rei en Santander e falamos co xogador do Deportivo José Ángel.
Ao contraataque 10-10-2023 10.10.2023 1:59:54
Falamos con Argimiro Marnotes da petición do CD Arenteiro para contar cun novo campo no Carballiño. Imos a Boiro a dous días de xogar a eliminatoria previa da Copa do Rei, ademais de baloncesto, Bestiario e o Terceiro Tempo.
Ao contraataque 09-10-2023 09.10.2023 1:59:54
Os expertos de Ao Contraataque valoran os resultados da fin de semana de fútbol; entrevista co xogador do Lugo César Morgado; e Mario Dorado lémbranos o seu gol co tempo cumprido que lle deu o triunfo ao Balonmán Cangas na liga Asobal.
Ao contraataque 08-10-2023 08.10.2023 1:55:16
Repasamos todo o que nos deixou un intensísimo día de fútbol: os empates do Celta en Primeira e do Racing na Segunda, o triunfo do Lugo en Pamplona e a vitoria do Celta Fortuna ante o Deportivo en Riazor.
Ao contraataque 05-10-2023 05.10.2023 1:29:33
O programa arrinca nada máis rematar o partido da liga da Segunda División na Malata. Logo, a previa da próxima xornada e a entrevista co regatista vigués Nicolás Rodríguez despois de que a RFEV lle negase a praza olímpica para 2024.
Ao contraataque 04-10-2023 04.10.2023 1:59:54
Analizamos as vitorias do FC Barcelona e do Atlético de Madrid na Liga de Campións e a concesión do Mundial 2030 a España, Portugal e Marrocos. Falamos co xogador do Getafe Domingos Duarte e coa porteira do Melilla de fútbol sala Silvia Aguete.
Ao contraataque 03-10-2023 03.10.2023 58:54
Analizamos o mal inicio do Celta co ex do equipo vigués Emilio López, que foi adestrador de porteiros do Getafe, próximo rival dos celestes en Primeira División.
Ao contraataque 02-10-2023 02.10.2023 58:13
Imos ao estadio de Gran Canaria e ao de Cornellá para escoitar en directo os protagonistas do Las Palmas 2-Celta 1, coa remonta do equipo amarelo nos últimos minutos, e dun Espanyol 3 -Racing 0 marcado pola controvertida expulsión de Moi Delgado.
Ao contraataque 01-10-2023 01.10.2023 1:59:58
Poñemos a ollada na 1ª RFEF, cos empates do Celta Fortuna e do Arenteiro e, en especial, o 2-1 que apañou o Deportivo en Fuenlabrada, con dous goles dos madrileños nos últimos minutos. Ademais, a última hora do Celta e do Racing, que xogan o luns, e o repaso á 2ª e 3ª RFEF.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.