AGalegaAudio

Todos os podcast | Ao contraataque

Sports GL ↓ 442 episodes

Toda a actualidade deportiva de Galicia. Información, entrevistas e opinión. De domingo a xoves, a partir das 23:00 na Radio Galega

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Aug 28, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ao contraataque 09-01-2024 09.01.2024

O 'galego' Sebastián Méndez achégase ao estudio para falarnos da súa etapa no Vélez arxentino, onde non renovou tras conseguir a salvación, e, por suposto, comentar a situación do RC Celta. No fútbol, escoitamos tamén as voces do día (Vadillo, Quique Fornos...) e analizamos a fichaxe do porteiro Eric Puerto no Deportivo. E na sección de baloncesto saudamos ao xogador do Breogán Albert Ve...

Ao contraataque 08-01-2024 08.01.2024

O luns toca exame en Ao contraataque: os expertos do programa revisan as citas que tiveron os equipos galegos nas principais categorías de fútbol, con especial interese nas eliminatorias da Copa do Rei. Ademais, na segunda hora do programa saimos en bici con Carlos Canal, a principal baza do pelotón galego que esta temporada correrá no potente Movistar.

Ao contraataque 07-01-2024 07.01.2024

Primeira mesa de debate do ano para analizar o triunfo do Celta sobre a lama de Amorebieta e a derrota, que vendeu ben cara, do Racing diante do Sevilla. Ademais, repasamos as outras novas salientables da fin de semana.

Ao contraataque 03-01-2024 04.01.2024

Con Roberto Carlos Carballo e Víctor López analizamos a vitoria no último suspiro do Celta. As palabras de Javi Rey tras a derrota do Arenteiro. A Gestopedia con Álex Gesto. Con Alfonso Pardo e Carlos Cotovad falamos da derrota europea do Breogán. Lembramos no #DixenchouEuAoContraataque o ouro olímpico de Cristian Toro en Río 2016. Pechamos co Terceiro tempo, da man de Guilherme Zapata.

Ao contraataque 04-01-2024 04.01.2024

Comezamos ollando a Vigo para valorar a presentación do mexicano Marco Garcés como novo director deportivo do RC Celta. En Riazor, escoitamos os protagonistas tralo Dépor 2-Real Sociedad B 1 e miramos para a xornada de Copa do Rei da fin de semana, con especial atención ao Racing-Sevilla.

Ao contraataque 02-01-2024 03.01.2024

Previa do Celta-Betis. Análise da vitoria do Celta Fortuna no Anxo Carro por 0-1 ante o Lugo. Mesa de debate con Peli, Álex Gesto, Rafa Cabeleira e Toni López. O Mundo do baloncesto con Millán Gómez. Conversa coa xogadora do Uni Ferrol Gala Mestres. O Bestiario de Martiño Suárez. Peche co Terceiro Tempo da man de Guilherme Zapata e Perico Balado

Ao contraataque 28-12-2023 28.12.2023

Xa é oficial: o mediocentro brasileiro Jailson Marques asina polo Celta. Mentres, dende Vitoria, chegan as primeiras palabras de Carlos Vicente tras deixar o Racing. No baloncesto, escoitamos a Moncho, a Mrsic, a Epi e a Félix Alonso nas previas da última xornada do ano na ACB e na LEB Ouro. E no Galicia en París charlamos co cangués Rodrigo Corrales das perspectivas de cara aos Xogos de 2024.

Ao contraataque 27-12-2023 27.12.2023

Comezamos xogando Ao contraataque coa paratriatleta viguesa Susana Rodríguez Gacio, despois de saber que foi elixida Premio Nacional do Deporte. No fútbol, conectamos co Brasil, onde dan por feito que Jailson Marques fichará no Celta, e escoitamos a Paulo Alves no seu inicio no CD Lugo. E no baloncesto, conversamos co dominicano Mendoza polo seu gran regreso ao Obradoiro coa vitoria no derbi co Br...

Ao contraataque 26-12-2023 26.12.2023

Contactamos con Chipre co técnico galego David Caneda para coñecer mellor o novo director deportivo do RC Celta, Marco Garcés, co que coincidiu no Tecos mexicano. En Lugo, o portugués Paulo Alves empeza adestrar o equipo e no baloncesto analizamos os problemas do Breogán na ilga doméstica.

Ao contraataque 25-12-2023 25.12.2023

A noite de Nadal xogamos Ao contraataque repasando algúns dos episodios máis salientables de 2023: a despedida de Carlos Mouriño no Celta, o Mundial de Teresa Abelleira ou a clasificación olímpica de Támara Echegoyen, ademais do Terceiro Tempo e o Fica coa bóla.

Ao contraataque 20-12-2023 21.12.2023

Os de Rafa Benítez perderon por 3-2 cunha curiosidade, foi o partido que máis minutos de engadido tivo na historia da Liga: quince foi o tempo suplementario que se xogou. Pleno de vitorias no polideportivo: gañou o Breogán na prórroga e fai historia clasificando para seguir adiante na competición europea, gañou o Burela fútbol sala feminino por 3-1 diante do Benfica portugués na Champions, e tamén...

Ao contraataque 21-12-2023 21.12.2023

Arrincamos en directo dende o José Zorrilla para escoitar a Cristóbal Parralo valorando o éxito do Racing, subcampión de inverno en Segunda. Logo Raúl Villares fala tamén con Jon García e con David Castro. No fútbol, comentamos a sentenza que lle dá vía libre á Superliga. E no fútbol sala, Jozi Oliveira comenta a derrota do Burela na final da copa de Europa amigable diante das italianas do Bitonto...

Ao contraataque 19-12-2023 19.12.2023

Última xornada do ano en 1ª e 2ª división: o Celra recupera a Starfeld para viaxar a Vila-real e o Racing irá a Valladolid a por un posto de ascenso directo. No fútbol sala, escoitamoa a Aroa Rodríguez e a Emily Marcondes tralo 6-0 do Burela no primeiro partido da Liga de Campioas amigable. E no baloncesto convidamos a Erik Quintela, do Breogán, e a Álex Suárez, do Obradoiro, a uns días de que se...

Ao contraataque 18-12-2023 18.12.2023

Repasamos como chegan a fin de ano os equipos galegos das principais categorías de fútbol e reparamos na situación do CD Lugo e as posibles razóns do despedimento do seu adestrador. Na 2ª RFEF saudamos a Churre, capitán do líder Pontevedra. E no fútbol sala, escoitamos o adestrador do Burela FS no inicio da Liga de Campioas amigable que van xogar as da Mariña esta semana na casa.

Ao contraataque 17-12-2023 17.12.2023

Empezamos xogando Ao contraataque dende o estadio da Malata para escoitar en directo a Cristóbal Parralo e a Íker Losada tralo Racing de Ferrol 3-Tenerife 1. Na análise da xornada detémonos na primeira vitoria do Celta na casa, o triunfo salvador do Dépor no Carballiño e a destitución, sorpresa, de Pedro Munitis no Club Deportivo Lugo.

Ao contraataque 14-12-2023 14.12.2023

Analizamos as ideas avanzadas por Marián Mouriño como nova presidenta do RC Celta. Na Segunda conversamos co atacante do Racing de Ferrol Sabin Merino. E na 1ª RFEF convidamos a Álex Vázquez, o director deportivo do Arenteiro, para preparar a visita do Dépor ao Espiñedo. Ademais, no hóckey sobre patíns recollemos as reaccións do Liceo despois de perder co Barcelos na Liga de Campións.

Ao contraataque 13-12-2023 13.12.2023

Comezamos co resumo da xornada da Liga de Campións de fútbol. No balonmán o Cangas desperdicia tres goles de vantaxe no último minuto. No hóckey, preparamos o Liceo-Barcelos de competición europea. E no ciclismo conversamos con Sabino Cortizo, o impulsor dun novo equipo ciclista de categoría junior que empezará a rodar en 2024.

Ao contraataque 12-12-2023 12.12.2023

Conectamos en directo coa xunta de accionistas do RC Celta na que se fai oficial o cambio na presidencia do club e escoitamos a Marián Mouriño e ao seu pai, Carlos. Imos a Carballo á celebración centenario do Bergantiños para conversar co presidente Luis Calvo. E no baloncesto temos cita co 'rapaz para todo' do Breogán, Sergi Quintela.

Ao contraataque 11-12-2023 11.12.2023

Empezamos en directo dende o estadio de Vallecas para escoitar as opinións de Rafa Benítez, Unai Núñez e Renato Tapia tralo empate do Celta co Rayo. No fútbol, repasamos tamén como lles foron as cousas ao Racing na Segunda e aos galegos da 1ª RFEF e saudamos o técnico do Vilalbés, Simón Lamas. E no fútbol sala, felicitamos a David Pazos pola vitoria do Noia sobre o Inter.

Ao contraataque 10-12-2023 10.12.2023

A mesa do domingo compara a situación do primeiro equipo do Celta co gran momento do filial e do seu adestrador, Claudio Giráldez. Na Segunda, conectamos co Alcoraz para falar en directo con Héber Pena, Jon García e o galego do Huesca Miguel Loureiro. E tamén analizamos o empate do Dépor e as opcións de continuidade de Imanol Idiakez.

Ao contraataque 07-12-2023 07.12.2023

Imos en directo a Sestao no post-partido do sufrido triunfo do Celta na segunda eliminatoria da Copa para escoitar a Benítez e a Agustín Marchesín. Logo, viaxamos a Ferrol para recoller as valoracións de Cristóbal e de Borja Jiménez tralo Racing 1-Leganés 0. E no tenis convidamos a xogadora de Vilagarcía Jéssica Bouzas.

Ao contraataque 06-12-2023 06.12.2023

Revisamos os partidos do mércores da segunda eliminatoria da Copa do Rei: o Lugo gañoulle 2-0 ao Mirandés mentres que o Deportivo perdía 2-3 co Tenerife e o Arenteiro 1-3 co Burgos. Na Liga de Campións de Baloncesto o Breogán caeu en Turquía e na OK Liga o Liceo plantouse polos insultos racistas en Voltregá.

Ao contraataque 05-12-2023 05.12.2023

Empezamos en directo na Lomba conversando co presidente do Arosa SC, Manolo Abalo, e co adestrador, Luisito, despois de que o equipo de Vilagarcía caese 0-1 cun 'Primeira' na Copa do Rei. Logo ollamos para as eliminatorias que xogarán os outros equipos galegos. E, no baloncesto, felicitamos a Blanca Millán polo seu regreso ás pistas co Ensino un ano despois da súa grave lesión.

Ao contraataque 04-12-2023 04.12.2023

Escoitamos os protagonistas tralo Celta-Cádiz, un punto insuficiente para os vigueses, que seguen sen gañar en Balaídos malia xogar unha hora cun futbolista máis. Ademais, repasamos como foi a xornada da fin de semana no fútbol galego e felicitamos o atleta Tariku Novales, despois de establecer un novo récord de España de maratón: 2h05:48.

Ao contraataque 30-11-2023 30.11.2023

Xogamos Ao contraataque cos futbolistas de tres equipos galegos: Sergio Cubero, defensa do Racing; Paris Adot, lateral do Deportivo; e o veterano goleador do Compostela Manu Barreiro. No hóckey, o Barcelona varreu o Liceo na primeira xornada da Liga de Campións. E no 'Galicia en París' charlamos co taekwondista de Marín Iván García.

Listen to the Todos os podcast | Ao contraataque podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.