AGalegaAudio

Todos os podcast | Ao contraataque

Sports GL ↓ 442 episodes

Toda a actualidade deportiva de Galicia. Información, entrevistas e opinión. De domingo a xoves, a partir das 23:00 na Radio Galega

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Aug 28, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ao contraataque 12-02-2024 13.02.2024

Debullamos a situación do Celta co noso analista Roberto Lago. Con Raúl Villares e Nesy Otero analizamos o momento do Rácing. As voces do día: Tapia, Manuel Pablo, Ancelotti e Kross. A primeira e segunda RFEF con Javi Torres e Emilio González . Co Presidente do Ourense CF, Camilo Díaz, como convidado. Escoitamos a Nacho Moyano, adestrador do balonmán Cangas

Ao contraataque 13-02-2024 13.02.2024

Comezamos ollando para o inicio das eliminatorias dos oitavos de final da Liga de Campións, coa vitoria do Real Madrid en Leizpieg. no baloncesto, felicitamos o seleccionador feminino, o vigués Miguel Méndez, pola clasificación de España para os Xogos Olímpicos. E completamos o programa coas seccións do Terceiro Tempo e o Bestiario.

Ao contraataque 11-02-2024 12.02.2024

O fútbol como protagonista e o polideportivo sempre presente. Especial atención á análise que fixo Cristóbal Parralo tras a derrota do Rácing no Plantío.

Ao contraataque 08-02-2024 09.02.2024

Pedro Pablo Alonso e Raúl Villares desprazáronse ata Ferrol para entrevistar en profundidade ao adestrador do Rácing, Cristóbal Parralo. Os compañeiros de Fica coa bóla foron protagonistas tamén nesta edición de Ao Contraataque

Ao contraataque 07-02-2024 08.02.2024

Mesa de debate con Víctor López, Javi Torres, Alex Gesto, Rafa Cabeleira e Toni López. A Gestopedia coas dúbidas dos oíntes e as preguntar por redes sociais coa opinión de Álex Gesto. Alex Vázquez, director deportivo do Arenteiro fala claro do tema Chacón. O hockey e o atletismo, protagonistas "Díxencho eu", con Esther Vázquez. E o "Terceiro Tempo", para rematar o programa.

Ao contraataque 06-02-2024 07.02.2024

Paco Buyo é o convidado ao bloque de fútbol para repasar a traxectoria do tamén porteiro e galego Miguel Ángel, o seu antecesor no Real Madrid. Mesa de debate con Víctor López, Javi Torres, Roberto Lago, Peli Cantoná e Agustín Ruiz. Voces do día: Alex Vázquez, Simeone, Valverde e Ana Peleteiro. Entrevista co director deportivo do Obradoiro Eduardo Pascual. Bestiario e Terceiro tempo.

Ao Contraataque 05-02-2024 06.02.2024

O resumo e a anáise das voces e de todo o acontecido no deporte galego deste luns

Ao contraataque 04-02-2024 04.02.2024

Despois dun domingo deportivo apaixonante, reflexión do sucedido nunha mesa de debate con Víctor López, Javi Torres, Rafa Cabeleira, Toni López, Millán Gómez, Peli , Álex Gesto e Pedro Pablo Alonso. Escoitamos as voces do día e analizamos todo o que aconteceu no polideportivo tamén.

Ao contraataque 01-02-2024 01.02.2024

Seguimos minuto a minuto o peche do mercado de inverno no fútbol español, onde destaca a chegada de Pinchi, o canteirán do Deportivo, ao Racing de Ferrol. No tempo do baloncesto, ollamos para os partidos que xogan o venres os tres equipos galegos da Liga Feminina máis o Basquet Coruña na LEB Ouro. E no Galicia en París conversamos co remeiro Caetano Horta.

Ao contraataque 30-01-2024 31.01.2024

Mesa de debate con Víctor López, Peli Cantona e Terio Carrera. As voces do día: Fran Mérida , Hugo Novoa, Xavi e Simeone. Distincións ao mérito deportivo con tres protagonistas: Pepe Criado, Begoña Fernández e Marque. E na segunda hora: baloncesto, o Bestiario e o Terceiro tempo

Ao contraataque 31-01-2024 31.01.2024

Mesa de debate con Víctor López, Javi Torres, Rafa Cabeleira e Álex Gesto. As preguntas dos oíntes, respondidas na Gestopedia. E na segunda hora: Voces do día: Félix Rial e a Selección Galega. O atletismo. DíxenchoEu con Esther Estévez. E remate co Terceiro Tempo.

Ao contraataque 29-01-2024 29.01.2024

Conectamos coa Arxentina para saudar a Diego Flores, o adestrador que levou á máxima categoría a Tadeo Allede, o novo extremo do Celta. No fútbol, valoramos os resultados da xornada na Segunda e na Primeira Federación. E no tenis felicitamos a vilagarciá Jéssica Bouzas polo seu título W75 en Porto, o máis importante ata o momento na súa carreira.

Ao contraataque 28-01-2024 28.01.2024

Comezamos en directo en Balaídos nada máis rematar o derbi Celta Fortuna 1-Deportivo 2 para escoitar os protagonistas. Conectamos tamén co Molinón para avaliar a gran vitoria do Racing e, na Primeira División, valoramos a situación do Celta e de Rafa Benítez trala derrota 0-1 co Girona.

Ao contraataque 25-01-2024 26.01.2024

Mesa de debate con Victor López, Raúl Villares, Toni López e Pedro Pablo Alonso. Entrevistas ao capitán do Celta Fortuna, Raúl Blanco, e ao xogador do Deportivo, Davo na semana do Celta Fortuna vs Dépor.

Ao contraataque 24-01-2024 25.01.2024

Redes sociais e marcadores. Mesa de debate con Víctor López, Javi Torres, Rafa Cabeleira e Álex Gesto. As voces do día: David Castro, Digo Villares, Antoñín, Simeone, Quique e Pellegrino. Gestopedia con Álex Gesto. Entrevista con Javier Rodríguez, adestrador galego do de CB Oviedo Alimerka e ex de Estudiantes, para valorar a Final da Copa Princesa Hóckey. Terceiro tempo.

Ao contraataque 23-01-2024 23.01.2024

Escoitamos as voces dos protagonistas do Celta 1-2 Real Sociedad de Copa e pasamos consulta con Víctor López, Roberto Carlos Carballo, Peli, Raúl Villares e Toni López García. Comparecencia en rolda de prensa de Rafa Benítez e Imanol Alguacial. E todo o acontecido na xornada deportiva do martes, ata a 1 da madrugada

Ao contraataque 21-01-2024 22.01.2024

A análise da xornada e as voces dos protagonistas da fin de semana con especial protagonismo para os partidos da Primeira Federación, coas vitorias do Dépor e do Arenteiro e as derrotas do Celta Fortuna e do CD Lugo. Mesa de debate con Javi Torres, Álex Gesto, Millán Gómez, Rafa Cabeleira, Peli, Toni López e Pedro Pablo Alonso.

Ao contraataque 22-01-2024 22.01.2024

Juan Carlos Andrés, o técnico vigués que traballou na Real Sociedad, axúdanos a preparar o partido de Copa que volverá enfrontar o Celta cos donostiarras só tres días despois do 0-1 na Liga. No fútbol, conectamos con Málaga, onde acaba de asinar o galego David Ferreiro. E imos ata Carballo para saudar a Fran G. Pallas, que superou un forte accidente na penúltima tirada do Dakar.

Ao contraataque 18-01-2024 19.01.2024

Mesa de debate na que convidamos a Álex Fernández, o ex capitán do Arenteiro que vén de fichar pola UD Ourense. Repasamos as voces do día no fútbol -Ander Cantero, Barbero, Javi Vázquez, Bruno Iglesias, Ángel Bastos, Míchel Alonso e David de Dios- e no Fica coa bola coñecemos a David Conde, o segundo porteiro menos goleado da Preferente Sur.

Ao contraataque 17-01-2024 18.01.2024

Empezamos dende Mestalla para escoitar os protagonistas da vitoria do Celta, 1-3, nos oitavos de final da Copa do Rei. No fútbol, preguntámoslle a Álex Vazquez, o director deportivo do Arenteiro, pola posiblñe saída de Chacón. E na segunda hora, a Gestopedia, a eliminación do Breo en Europa e o Terceiro Tempo.

Ao contraataque 16-01-2024 17.01.2024

Mesa de debate con Víctor López, Javi Torres, Peli Cantona e Juan Sánchez. As voces do día: Benítez, Aguza , Azael e Jozi. O baloncesto. O Bestiario. O terceiro tempo

Ao contraataque 16-01-2024 16.01.2024

Mesa de debate para valorar os resultados e os movementos de mercado en 1ª e 2ª división e na 1ªRFEF e entrevista con Javier Barreiro, o director xeral do Noia FS, que nos explica a decisión do club de destituir a Tomás de Dios despois de que o equipo caese ao descenso na LNFS.

Ao contraataque 14-01-2024 14.01.2024

Mesa de debate de fin de semana con Rafa Cabeleira, Víctor López, Peli Cantoná, Millán Gómez, Álex Gesto e Javi Torres. Empezamos ollando para o 4-1 do Madrid sobre o Barcelona na Supercopa e repasamos tamén a xornada para os equipos galegos, co Celta fóra do descenso cun colchón de 2 puntos, o Rácing en postos de ascenso directo e a xornada da 1ª RFEF.

Ao contraataque 11-01-2024 12.01.2024

Iván Villar amplía contrato ata 2027 e sumará 20 anos no Celta. No fútbol, xogamos Ao contraataque co dianteiro do Racing Manu Justo e coa centrocampista do Deportivo Paula Gutiérrez. E, no baloncesto, entrevista co seleccionador feminino, o vigués Miguel Méndez.

Ao contraataque 10-01-2024 10.01.2024

O Real Madrid elimina o Atlético cun sensacional 5-3 na Supercopa de Arabia. En Vigo, Marchesín deixa o Celta e o club libera cartos para novas fichaxes e na Coruña Mackay despídese do Deportivo pedindo desculpas polo seu partido en Castelló. E no baloncesto, o Breogán forza o terceiro partido ante o Karsikaya na Liga de Campións.

Listen to the Todos os podcast | Ao contraataque podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.