AGalegaAudio

Todos os podcast | Ao contraataque

Sports GL ↓ 442 episodes

Toda a actualidade deportiva de Galicia. Información, entrevistas e opinión. De domingo a xoves, a partir das 23:00 na Radio Galega

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Aug 28, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ao contraataque 20-03-2024 21.03.2024

Claudio Giráldez concede a súa primeira entrevista como adestrador do Celta. Fálanos do seu desexo de renovar, do estilo de xogo que pretende implantar, de como o recibiron os xogadores, do seu modelo de canteira, das súas referencias profesionais... Ademáis: entrevista co goleador do Pontevedra, Charly López; últimas noticias do Obradoiro e o Breogán; e lembramos a eliminatoria histórica de Copa...

Ao contraataque 19-03-2024 20.03.2024

Falamos do futuro do xogador do Racing, Iker Losada, co seu representante, Iago Bouzón. O adestrador do Balonmán Cangas, Nacho Moyano, comenta a vitoria do seu equipo na segunda rolda da Copa do Rei. Poñemos rumbo ao derbi galego da ACB da próxima fin de semana entrevistando ao xogador do Breogán, Sergi García. O Baxi Ferrol prepara a fase final da Copa da Raiña. O seu adestrador, Lino López, fala...

Ao contraataque 18-03-2024 19.03.2024

Os nosos analistas seguen debullando os cambios introducidos por Claudio Giráldez no Celta. Repasamos o estado de forma do resto de equipos galegos coa axuda do adestrador do Coruxo David de Dios. O ciclista ourensán, Carlos Canal, coméntanos as súas expectativas correndo as grandes clásicas na súa primeira tempada no Movistar.

Ao contraataque 17-03-2024 18.03.2024

Debut de Giráldez con vitoria. Analizamos os cambios que introduciu no Celta cos nosos analistas: Vítor López, Peli Cantoná, Alex Gesto, Javi Torres, Millán Gómez e Rafa Cabeleira. Ademáis repasamo-las actuacións dos restantes equipos galegos.

Ao contraataque 14-03-2024 15.03.2024

Gabri Veiga cóntanos a súa experiencia na liga saudí; fálanos do novo adestrador do Celta e das súas perspectivas de futuro. Ollamos a próxima xornada co exxogador do Racing, Jonathan Martín, e co defensa do Depor, Pablo Vázquez. Abordamos a nova cita da selección galega de futbol afeccionado con Pablo Carabán. Guille Zapata dedica o Terceiro Tempo a buscar motivos vexetais nas camisetas dos equip...

Ao contraataque 13-03-2024 14.03.2024

O relevo do adestrador do Celta acapara o debate futbolístico en Galicia. Recollemo-las impresións de Susana Rodríguez Gacio despois de que a Xunta anunciara que proporá a súa candidatura ao premio Príncipe de Asturias do deporte. Ademáis, entrevistamos a un dos deportistas galegos que estarán nos xogos olímpicos, o púxil Enmanuel Reyes.

Ao contraataque 12-03-2024 13.03.2024

A substitución de Benitez por Claudio Girález no banco do Celta ocupa o debate de hoxe, no que participan: Vítor López, Terio Carrera, Peli Cantoná, Rafa Cabeleira e o exadestrador céltico, Rafa Saez. Ademáis, Millán Gómez repasa a actualidade do baloncesto galego e Martiño Suárez, Perico Balado e Guille Zapata descubren as camisetas máis estrafalarias da historia do deporte.

Ao contraataque 11-03-2024 12.03.2024

O programa de hoxe faise eco da clasificación para os Xogos Olímpicos do boxeador afincado en Galicia Enmanuel Reyes. Roberto Lago e Vítor López abordan a problemática situación do Celta. Raul Villares e Nesi Otero falan do declive do Racing. Ademáis, analizamos a 1ª e a 2ª REF coa participación do porteiro do Vilalbés, Alex Santomé.

Ao contraataque 10-03-2024 11.03.2024

Análise das actuacións nesta xornada dos equipos de futbol galegos con : Vítor López, Xavi Torres, Peli Cantoná, Alex Gesto, Millán Gómez e Toni López.

Ao contraataque 07-03-2024 08.03.2024

Última hora sobre os partidos que disputan os equipos galegos esta fin de semana. Comentamos o Real Madrid-Celta cun exxogador de ámbolos clubes, Rubén González. Julian Delmás fálanos da visita do Racing a Cartaxena. A futbolista do Depor feminino Henar Muiña explica as súas expectativas ante o encontro co Alhama. Abordamos o derbi entre UD Ourense e Barbadás cun porteiro que militou nos dous equi...

Ao contraataque 06-03-2024 07.03.2024

Vintedous anos despois, lembramos con Fran González a histórica vitoria do Deportivo na final de copa disputada co Real Madrid no Bernabeu. Esta semana visita ese campo o Celta e aproveitamos a ocasión para falar do equipo celeste cun dos seus exxogadores, Javier Maté. Ademáis, abordamos a recta final de tempada do Obradoiro con Fernando Zurbriggen e Rubén Guerrero.

Ao contraataque 05-03-2024 06.03.2024

O xogador do Celta cedido no Cartaxena, José Fontán, súmase ao coloquio do Contrataque sobre a actualidade do futbol galego. No repaso á situación dos equipos de baloncesto do noso país contamos coa xogadora do Ensino, Esther Castedo. A nadadora coruñesa Paula Otero comenta as súas perspectivas para acudir aos xogos olímpicos.

Ao contraataque 04-03-2024 05.03.2024

Roberto Lago e Vítor López debaten sobre o futuro do Celta na competición. Raul Villares e Nesi Otero comentan a situación do Racing. O xogador do Compos, Juampa Barros, axúdanos a analiza-la xornada da Segunda Federación. Abordamos con Leandro Altamirano o trascendental partido no que o Noia fútbol sala se xoga a permanencia co Alzira

Ao contraataque 03-03-2024 04.03.2024

Pedro Pablo Alonso analiza a actuación dos clubes galegos de futbol coa axuda do equipo da redacción de deportes da Radio Galega

Ao contraataque 29-02-2024 01.03.2024

Repaso aos partidos que disputan os equipos galegos esta xornada. Vítor López fala do Celta-Almería e Raúl Villares do Racing de Ferrol-Santander. Exame ao Depor-Lugo co xogador coruñés Dani Barcia. Ollada á preferente galega co adestrador do Dubra, Javier Bardanca. Ademáis, a atleta Yulemnis Aguilar explica como vai o seu proceso para nacionalizarse española.

Ao contraataque 28-02-2024 29.02.2024

Mesa de debate con Víctor López, Rafa Cabeleira e Álex Gesto. Entrevista ao novo adestrador do CD Lugo, Roberto Trashorras. Voces do día: Aitana Bonmatí, Borja Domínguez, Pablo Vázquez, Willy Ledesma, Juan Copa e Raúl López. Gestopedia con Álex Gesto. Díxencho Eu con Esther Vázquez, con Juan Nécega Terceiro Tempo, con Perico Balado

Ao contraataque 27-02-2024 28.02.2024

Victor López, Javi Torres e Peli Cantoná debaten sobre a situación de Celta, Racing e Deportivo; falamos de baloncesto con Millán Gómez e Chema de Lucas; e o xornalista Martiño Suárez descúbrenos a relación co deporte do comediante Harpo Marx

Ao contraataque 26-02-2024 26.02.2024

Entrevista con Ezequiel Mosquera, organizador do Gran Camiño para avaliar a terceira edición. Última hora do Celta con Roberto Lago e do Rácing con Raúl Villares e Nely Otero. Nas Voces do día Imanol, Aguirre, Ona e Ricky Rubio Tertulia con Javi Torres, Emilio Glez e o xogador do Ourense CF Gonzalo Di Renzo. Terceiro tempo con Guille Zapata e Perico Balado

Ao contraataque 25-02-2024 23.02.2024

Tertulia cos protagonistas da Terceira Federación

Ao contraataque 22-02-2024 22.02.2024

Última hora da proba ciclista O Gran Camiño, que disputa a 1ª tirada na Coruña, malia as inclemencias meteorolóxicas, sen tempos para a xeral. No Celta, 1ª rolda de prensa pública do estadounidense Luca de la Torre. Escoitamos a Ximo Navarro no Deportivo e a Gorka Pérez no CD Lugo.

Ao contraataque 21-02-2024 21.02.2024

Entrevista a Renato Tapia Mesa de debate con Javi Torres, Rafa Cabeleira, Álex Gesto, Toni López e Pedro Pablo Alonso. A "Gestopedia", coa resposta de Álex Gesto ás preguntas dos oíntes Na segunda hora: Andrés Vieites achéganos as novidades sobre a Volta "O Gran Camiño" O #DixenchoEu de Esther Estévez sobre a segunda liga do Burela, con Lara Balseiro. O "Terceiro Tempo&quo...

Ao contraataque 20-02-2024 20.02.2024

Mesa de debate con Víctor López, Javi Torres, Peli, Millán Gómez, Toni e Pedro Pablo. As voces do día: Tino Saqués, Trashorras e Xavi. Entrevista a Belén Toimil logo de acadar a mínima olímpica para París. Na segunda hora, baloncesto con Millán Gómez e Maia Lamana. O Bestiario con Martiño Suárez. O Terceiro Tempo con Perico Balado.

Ao contraataque 19-02-2024 19.02.2024

Situación do Celta analizada por Víctor López e Roberto Lago. A do Rácing con Raúl Villares e Nesy Otero. A destitución de Paulo Alves e a chegada de Trashorras ao banco do CD Lugo, con Emilio González e Rafa Porto. Declaracións de Tino Saqués Na segunda hora, a 1ª e 2ª Federación con Javi Torres, Roberto Carlos Carballo. Entrevista a Ester Navarrete e peche co Terceiro Tempo.

Ao contraataque 15-02-2024 16.02.2024

Celta, Rácing, 1ª e 2ª Federación... As voces de Aranda, Charly e Michel Alonso. Na selección feminina, Montse Tomé E na segunda hora: Fica coa bóla, Rodri Conde e o Terceiro Tempo

Ao contraataque 14-02-2024 15.02.2024

Mesa de debate con Víctor López, Peli, Rafa Cabeleira e Álex Gesto. Escoitamos a análise de Marcos Garcés, director de fútbol do Celta, sobre Larsen Larsen e Rafa Benítez e tamén a Tino Saqués. As dúbidas dos ointes e as súas preguntas, resoltas por Álex Gesto na Gestopedia. Atención especial ao fútbol sala da man de Andrés Vieites O ciclismo. O Díxencho Eu cunha protagonista: Belén Toimil. Remate...

Listen to the Todos os podcast | Ao contraataque podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.