AGalegaAudio

Todos os podcast | Ao contraataque

Sports GL ↓ 442 episodes

Toda a actualidade deportiva de Galicia. Información, entrevistas e opinión. De domingo a xoves, a partir das 23:00 na Radio Galega

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Aug 28, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ao contraataque 28-04-2024 28.04.2024

Repasamos toda a xornada cunha mesa de debate formada por: Vítor López, Xavi Torres, Alex Gesto, Rafa Cabeleira, Peli Cantoná, Toni López e Millán Gómez.

Ao contraataque 25-04-2024 25.04.2024

O Uni Ferrol da a sorpresa no primeiro partido das eliminatiorias polo título do baloncesto feminino gañando ao favorito, o Salamanca. Recollemos as primeiras impresións da xogadora Claudia Soriano e o adestrador, Lino López. Preparamos o partido Alavés-Celta falando cun exxogador de ámbolos equipos, Dani Eggen, e ao dianteiro babazorro, Carlos Vicente, ex do Racing de Ferrol. O programa inclúe ta...

Ao contraataque 24-04-2024 24.04.2024

Iago Aspas fala no programa do novo Celta de Giráldez, da canteira e do seu futuro. Alex Gesto respónde as preguntas dos oíntes. Escoitamos á galega Jéssica Bouzas trala súa primeira victoria nun torneo WTA. Ollamos á eliminatoria polo título de baloncesto feminino que disputará o Uni Ferrol, e Perico Balado achéganos a un torneo internacional de fútbol gaélico en categorías infantil e cadete que...

Ao contraataque 23-04-2024 23.04.2024

O director deportivo do Arenteiro, Alex Vázquez, explícanos os problemas que obrigaron o equipo a inscribi-lo seu adestrador de porteiros, Diego Rivas, para xogar a próxima xornada en Riazor. Javi Torres entrevista á capitá do Depor feminino, Cris Martínez. Repasamos a actualidade dos equipos galegos de baloncesto con Millán Gómez e co xogador do Breogán, Sergi Quintela. Martiño Suárez achéganos á...

Ao contraataque 22-04-2024 22.04.2024

O programa acompaña ás mozas do Depor nas celebracións do seu ascenso á máxima categoria do fútbol feminino. Vítor López e Roberto Lago fan as contas da permanenca do Celta. Analizamos os malos resultados do Racing cando xoga fóra da Malata e a enésima crise do Lugo. Recibimos ao presidente do Ourense C. F., Camilo Diaz, co equipo ás portas de subir a 1ªRFEF. Escoitamos a Isma Martínez, adestrador...

Ao contraataque 22-04-2024 21.04.2024

Testemuños dos protagonistas da xornada futbolística do domingo, con especial atención ás xogadoras do Depor feminino, que conseguiron o ascenso á división de honra.

Ao contraataque 18-04-2024 18.04.2024

Tódolos detalles da renovación do adestrador do Celta, Claudio Giráldez. A padexeira Teresa Portela cóntanos como se sente tras clasificarse para os seus sétimos Xogos Olímpicos. Facemos a previa da xornada prestándolle atención ao Pontevedra-Ourense no que se pode decidir o acenso a 1ªRFEF. Acompáñannos un xogador de cada equipo, Alex González e Gabri Palmás. Djalminha presenta un documental sobr...

Ao contraataque 17-04-2024 17.04.2024

Vítor López explica os cambios que introduce o Celta na súa estrutura deportiva. Repasamos a actualidade do baloncesto galego con Millán Gómez e a axuda do xogador do Obradoiro, Fer Zurbriggen. Entrevistamos á haltera coruñesa, Irene Martínez. Alex Gesto responde ás preguntas dos oíntes e Perico Balado traenos as súas curiosidades do deporte.

Ao contraataque 16-04-2024 16.04.2024

O exdirector técnico do Depor, Richard Barral, súmase ao noso equipo de analistas para comenta-los partidos de Champions. Abordamo-la derradeira xornada da liga feminina de baloncesto coa adestradora do Celta, Cristina Cantero. Convidamos ao Bestiario ao premio nacional de literatura infantil e xuvenil e exporteiro de balonmán, Antonio García Teijeiro; e rematamos co Terceiro Tempo de Guillermo Za...

Ao contraataque 15-04-2024 15.04.2024

Vítor López e Roberto Lago analizan a actuación do Celta en Sevilla e fan contas sobre as posibilidades de permanencia en primeira. Raul Villares e Nesi Otero avalían o estado do Racing; e Xavi Torres e Emilio González debaten sobre as perspectivas dos equipos galegos de primeira RFEF. Entrevistamos ao xogador do Vilalbés, José Varela, e ao adestrador do Balonmán Cangas, Nacho Moyano.

Ao contraataque 14-04-2024 14.04.2024

Vítor López, Xavi Torres, Peli Cantoná, Rafa Cabeleira e Alex Gesto debullan a xornada futbolísitca da fin de semana prestándolle atención especial aos partidos do Celta, o Racinbg e o Depor. Ademáis, escoitamos as avaliacións postpartido dos adestradores dos equipos de terceira.

Ao contraataque 11-04-2024 11.04.2024

Buscamos a última hora do Betis-Celta cun exxogador de ámbolos equipos, Edú. Para falar do Racing-Huesca axúdanos o defensa do conxunto oscense Miguel Loureiro. Repasamos o resto da xornada en 1ª e 2ª RFEF . Dous equipos galegos disputan a fase final da copa da Raiña de futbol sala, o Burela e o Castro. Acompáñannos unha xogadora de cada un, Dany Domingos e Patri Corral. Ademáis coñecemos un mozo...

Ao contraataque 10-04-2024 10.04.2024

Reunimos a Roberto Lago, Rafa Cabeleira e Alex Gesto para falar da xornada da Champions e dos partidos que afrontan esta semana Celta e Racing. Escoitamos aos protagonistas da clasificación do balonmán Cangas para a fase final da Copa, a vitoria do Basket Coruña e a derrota do Club Ourense Baloncesto. Falamos cos padexeiros galegos que conseguiron billete para París e recibimos ao mozo que pediu a...

Ao contraataque 09-04-2024 09.04.2024

Recén rematado o partido Real Madrid-Manchester City, os nosos colaboradores analizan o ocorrido e os demáis enfrontamentos da xornada europea. Celebramos a volta da selección galega de futbol, a "Irmandiña". Entrevista co adestrador galego do Tizona Burgos, Diego Ocampo, a poucas horas do trascendental partido que o seu equipo disputa co Basquet Coruña. No Bestiario, Martiño Suárez cónt...

Ao contraataque 08-04-2024 08.04.2024

O exxogador do Athletic e do Celta, Pachi Salinas, comenta cos nosos colaboradores a vitoria dos vascos na Copa do Rei. Falamos das consecuencias da derrota do Racing en Amorebieta. Xavi Torres e Emilio González aventuran o que pode pasar no que resta de competición na 1ª RFEF. Entrevistamos a Stanis García, o adestrador do Hoquei Club Coruña que se acaba de clasificar para a fase final da Champio...

Ao contraataque 07-04-2024 07.04.2024

Os nosos analistas, Peli Cantoná, Millán Gómez, Víctor López, Xavi Torres e Alex Gesto, debullan a xornada futbolística da fin de semana. Ademáis, escoitamo-los protagonistas dos partidos da terceira RFEF.

Ao contraataque 04-04-2024 04.04.2024

Celebramos o premio Nacional do Deporte outorgado a Susana Rodríguez Gacio. O noso equipo debulla a próxima xornada de fútbol con dous xogadores de primeira RFEF como convidados, o porteiro do Depor, Germán Parreño, e o dianteiro do Arenteiro, Cristian Santos. Conversamos con Diego Rey, un xogador da Sarriana que tamén compite en torneos mundiais de snooker e entrevistamos á loitadora galega, Lidi...

Ao contraataque 03-04-2024 03.04.2024

O novo adestrador da UD Ourense, Borja Fernández, fálanos das súas expectativas, lembra a súa desagradable experiencia na operación Oikos, e opina sobre asuntos da actualidade deportiva en coloquio cos colaboradores do Contrataque. O adestrador do Amorebieta, Jandro, fala do partido que enfrontará ao seu equipo co Racing. Entrevistamos ao director deportivo do Vizela luso, Toni Dovale. Alex Gesto...

Ao contraataque 02-04-2024 02.04.2024

O xogador do Racing, David Castro fala da súa carreira e do bo momento que vive o seu equipo. Preparamos o derbi da LEB Ouro entre C.B. Ourense e Basket Coruña falando co xogador do equipo das Burgas, Javi López Santana, e o adestrador herculino, Diego Epifanio. No "Bestiario", Martiño Suárez cóntanos a desgraciada historia do porteiro escocés, Chic Brodie.

Ao contraataque 01-04-2024 01.04.2024

Entrevistamos a unha promesa do futbol galego que despunta en Inglaterra, o xogador do Tottenham, Iago Santiago. O capitán do Noia Futbol Sala, Lluc Parera, fálanos do estado de ánimo do equipo tras conseguir sair dos postos de descenso. Comentamos a crise do Compostela co seu director xeral, Miguel Fernández. Ademáis, os nosos colaboradores analizan a xornada futbolística da pasada fin de semana.

Ao contraataque 31-03-2024 31.03.2024

O equipo de colaboradores do Contrataque analiza a xornada prestándolle atención ao primeiro partido da era Giráldez en Balaídos, no que unha ddiscutible decisión do árbitro privou ao Celta da vitoria. Fixámonos tamén na cómoda situación do Racing, que olla cara os postos de ascenso tras asegura-la permanencia. Ademáis, avaliamos con detalle a xornada da terceira federación.

Ao contraataque 26-03-2024 27.03.2024

Mesa de debate con Víctor López, Millán Gómez, Peli Cantonà, Rafa Cabeleira e Denis Suárez. Voces do día: Rubén Albés, Jagoba Arrasate, Jorge Fernández e Pola. Entrevista ao adestrador de Obradoiro, Moncho Fernández

Ao contraataque 25-03-2024 26.03.2024

A análise do Albacete 1-1 Rácing con Raúl Villares, Nesy Otero e Javi Torres e as voces dos protagonistas. A situación do Celta con Víctor López e Roberto Lago. As voces do día: Vinicius, Carvajal e De La Fuente. E desde as 12, o cesamento de Rubén Albés no Albacete, a análise da 1ª e 1ª RFEF, o hockei a patíns e o Terceiro Tempo.

Ao contraataque 24-03-2024 24.03.2024

Mesa de debate con Alfonso Núñez, Millán Gómez, Rafa Cabeleira, Álex Gesto e Peli Cantoná na que analizamos a victoria do Dépor en Majadahonda e do Celta Fortuna ante o Fuenlabrada, a remontada do Lugo e o resto de actuacións e actualidade dos equipos galegos.

Ao contraataque 21-03-2024 22.03.2024

Entrevistamos a Tariku Novales, o plusmarquista español de maratón que nos representará nos Xogos Olímpicos. Abordamos a xornada da fin de semana con entrevistas ao defensa do Racing, Jon García, o dianteiro do Arenteiro, Pibe, e o adestrador do Somozas, Manuel Losada "Chollas". Última hora do Obradoiro-Breogán e da Copa de baloncesto feminino.

Listen to the Todos os podcast | Ao contraataque podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.