AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Unha nova xeración de comunicadoras conquista Youtubeiras 19.02.2024 21:58
Unha nova xeración de comunicadoras conquista Youtubeiras. Conversamos con tres dos gañadores desta sétima edición do certame que recoñece o contido en galego en redes: OU Ké!, premio Canle, xornalismo político para redes desde Ourense; O Faiado Podcast, premio Revelación, cultura pop e vida cotiá; e Recuncho Gamer, premio Youtubeira, videoxogos e moito máis.
"Ninguén fala de Luísa Villalta como teórica da literatura. Ela moveu os marcos" 19.02.2024 14:10
"Ninguén fala de Luísa Villalta como teórica da literatura. Ela moveu os marcos”. O escritor e músico Xurxo Souto reivindica o método Luísa Villalta e reúne no volume 'Somos un pobo de artistas', un conxunto de ensaios e artigos que subliñan a unidade entre a música e a poesía.
A crónica deportiva 19-02-2024 19.02.2024 29:58
Repasamos as clasificacións do Celta, o Racing de Ferrol e o Deportivo. Raúl Alcaina, dianteiro do Depor, leva dous goles e dous partidos e xa sabe o que é marcar en Riazor. "É brutal". O Pontevedra CF, líder en solitario da 2 RFEF, pensa xa no Zamora, o vindiro domingo en Pasarón. Iago Iglesias, adestrador, "enfrontamento directo de moita importancia".
Juan Galiñanes, Lucía Estévez e Luis Iglesia 17.02.2024 56:55
Iniciamos unha rolda de conversas con creadores e creadoras finalistas nos premios do audiovisual galego do 23 de marzo. Galiñanes por ‘Fatum’ e Lucía Estévez por “O neno sardiña’ e ‘Os Argonautas’. Con Luis Iglesia analizamos o papel dos actores e actrices de dobraxe, a raíz das palabras de S. Weawer nos Goya.
Anda, Diana 16.02.2024 29:57
Afonso Becerra achéganos a peza ´Anda, Diana`, da coreógrafa e bailarina lusa Diana Niepce, en cadeira de rodas dende hai dez anos. A artista protagoniza unha danza na que dous bailaríns a van movendo sobre o escenarioi.
"A danza necesita un plan integral para saír adiante" 16.02.2024 10:06
"A danza neste momento necesita un plan integral para saír adiante”. Branca Novoneyra é unha das organizadoras do ciclo 'Lecturas que danzan' que relaciona, na Biblioteca Ánxel Casal, as artes do movemento coa saúde, a filosofía ou o activismo.
Un reto lector para 2024 16.02.2024 8:25
Na sección de voces expertas, Eva Mejuto desafíanos a un reto lector. Descubrimos ideas para os primeiros meses do #retolibroscontos.
'Meigas', o disco galego de Pamela Rodríguez 16.02.2024 19:58
Do Perú á Coruña. Pamela Rodríguez preséntanos 'Meigas', o seu primeiro disco galego. O traballo inclúe versos de Rosalía e colaboracións de Guadi Galego e Iván Ferreiro. O disco ten bases electrónicas e letras que reivindican a liberdade, o erotismo e a madurez. Pamela Rodríguez presenta o disco no Riquela Club de Santiago o vindeiro venres 23 de febreiro.
A crónica deportiva 16-02-2024 16.02.2024 29:58
Os Xogadores do Celta pisan o novo céspede de Balaídos o día anterior a xogar co Barça. Rafa Benítez deixa entrever que non lle gustaron as críticas de Aspas ós compañeiros que erraron en Xetafe. Escoitamos a Álvaro Jiménez e Javi Calleja na previa do Racing Club Ferrol - Levante UD. E na 1ª RFEF aos adestradores do RC Deportivo, CD Lugo e CD Arenteiro.
Entroido enfeitizado 15.02.2024 7:55
Begoña Vázquez entrevista a María Maquiera ao respeco da súa exposición ´Entroido Enfeitizado`. A mostra recolle 18 debuxos que ilustran o relato homónimo do cineasta Carlos Velo. Na galería Visol de Ourense.
'Priscila' e 'Buscado a Coque' 15.02.2024 17:27
Xa nos cines a última de Sofía Coppola. ´Priscila´ narra a relación entre Elvis Presly e a única muller coa que casou. ´Buscando a Coque´é unha comedia romántica española que supón o debut na pantalla grande de Teresa Bellón e César F. Calvillo.
Cantos vinilos se venden? 15.02.2024 17:12
Tito Lesende debulla as vendas globais de discos e pica cancións de varios grupos: Mundo Prestigio publica disco o 7 de marzo; escoitamos o novo son De Ninghures e, ademais, Los Planetas pasarán este verán polo Atlantic Fest.
'Os coleccionistas de sombras' 15.02.2024 10:30
O artista Vicente Blanco expón na galería Néboa de Lugo 'Os coleccionistas de sombras'. Unha serie de debuxos que crean un estado mental no que paira a tensión causada na sociedade actual pola perda de biodiversidade, de tradicións e formas culturais. A exposición pode visitarse ata o 13 de abril.
Náufragos Teatro estrea 'Noso' 15.02.2024 9:22
Náufragos Teatro estrea 'Noso', unha “dramedia” que no marco das mobilizacións contra os parques eólicos no rural explora as relacións familiares e os vínculos co territorio.
A crónica deportiva 15-02-2024 15.02.2024 29:58
Tere Abelleira coa selección española malia estar mancada. Óscar Mingueza di que o Barça non estará pensando en Nápoles en Balaidos. Michel Alonso, adestrador da SD Compostela: " toca rebaixar o obxectivo, xa non haberá ascenso directo".
Os gañadores dos Premios DeVuego 14.02.2024 12:07
Luz Castro achéganos a ´Minabo`, finalista na categoría Arcade. Tamén a ´Pan y Federico¨, mellor xogo de plataformas. Asemade aos gañadores dos DeVuego en estratexia, acción e condución: ´Do not feed the monkeys 2099´, ´Laika: aged trough blood´e ¨Siper Woden GP2`.
Teatro sobre o porno na adolescencia 14.02.2024 14:13
Talía Teatro prepara unha montaxe escénica sobre o impacto da pornografía na adolescencia. A compañía acaba de realizar sesións de teatro foro en institutos para escoitaren as opinións de mozos e mozas entre os 14 e 16 anos.
Chévere estrea 'Helen Keller, a muller marabilla?' 14.02.2024 10:58
A compañía de teatro Chévere estrea en Compostela 'Helen Keller, a muller marabilla?'. "Creamos un dispositivo que ironiza sobre o traballo do teatro documental e o noso propio traballo dos últimos anos", asegura o director Xesús Ron nunha entrevista no Diario cultural.
A crónica deportiva 14-02-2024 14.02.2024 29:58
O novo director deportivo do Celta, o mexicano Marco Garcés, anuncia que un dos grandes obxectivos do club é traspasar a Strand Larsen este verán, ao que consideran revalorizado. No fútbol, escoitamos tamén a Brais no Racing e a Balenziaga, que gaba o seu compañeiro e rival Simao. E no baloncesto Jordan Howard di estar encantado da súa estadía no Obradoiro.
Barreiro, o silencio que chove luz na xanela 13.02.2024 15:22
Achegámonos ao Gaiás para coñecer a mostra adicada ao pintor de Forcarei, José María Barreiro, da man de Antón Castro, comisario da exposición.
Poesía das diversidades 13.02.2024 10:55
A nosa experta Loli Vilavedra tráenos a antoloxía comentada de Román Raña sobre a poesía que lemos en 2020. Baixo o título ´Poemario das diversidades´, o autor vigués repasa as publicacións no ano da pandemia
Os 'Tótems' de Nova Escultura Galega 13.02.2024 11:46
Mónica Maneiro comenta a exposición 'Tótems' en conversa cos artistas Jorge Varela e Alejandra Pombo, dous dos membros de NEG. A mostra pode visitarse na Sala Alterarte do Campus de Ourense.
'Animalario do Entroido. Mito e tradición' 13.02.2024 8:46
O investigador Carlos X. Ares publica 'Animalario do Entroido. Mito e tradición', un dos estudos que se presentará nas Xornadas sobre o Entroido que organiza SAGA, a Sociedade Antropolóxica Galega, en Pontevedra.
A crónica deportiva 13-02-2024 13.02.2024 30:45
Iago iglesias, adestrador do Pontevedra, felicitou á Radio Galega no día internacional da Radio. Leandro Altamirano, arxentino do Noia, botaba de menos competir na LNFS. Mañá reciben o Xota Pamplona. E Nacho García, novo adestrador do Parrulo Ferrol no lugar de Gallego.
STEM, STEAM e follas de limón 12.02.2024 15:03
Na sección de voces expertas, Estíbaliz Espinosa fala do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Buscamos auga no sistema solar e preparamos follas de limón con Álvaro Cunqueiro.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.