AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A crónica deportiva 12-02-2024 12.02.2024 29:58
Renato Tapia recibe o premio ao mellor xogador do Celta en xaneiro o día seguinte da dolorosa derrota en Xetafe. Repasamos como foi a xornada tamén en Segunda, 1ª e 2ª RFEF e escoitamos a Manuel Pablo antes de que o Deprtivo xuvenil xogue os cuartos da Copa en Mallorca.
Tres finalistas ao Goya: Álvaro Gago, Janet Novás e Lorena Ares. 10.02.2024 56:58
Nas horas previas a entrega dos Goya conversamos con Álvaro Gago, candidato a premio como director novel polo filme Matria. Tamén con Janet Novás, aspirante como actriz revelación polo seu papel na pelicula O Corno. E Lorena Ares directora da fita de animaición para nenos Hanna e os monstros.
GUIdance 09.02.2024 12:39
O noso experto en Artes escénicas está en Guimaraes, asistindo á 13 edición do GUIdance. Cóntanos o máis salientable desta cita internacional coa danza contemporánea que remata mañá.
Lecturas de Entroido e sabedeiras 09.02.2024 9:31
Na sección de voces expertas, Eva Mejuto recomenda lecturas para todas as idades coas que desfrutar do Entroido e da gastronomía. Neste Diario Cultural lemos 'Formigas. Misión Entroido', de Pere Tobaruela e Andrés Meixide, publicado na editorial Xerais. Tamén lemos 'Comer e ler en galego', unha iniciativa do CIFP Paseo das Pontes da Coruña.
Oficios artesanais con futuro 09.02.2024 18:39
Fernando Freire é xastre. Aroa e Saúl aprenden con el a facer unha chaqueta de traxe. Este curso de xastrería tradicional forma parte do programa 'Aprender a tradición. Oficios e técnicas', que promove a Fundación Artesanía de Galicia para apoiar a remuda xeracional.
"Queremos que a lingua e a cultura galega sexan transversais" 09.02.2024 8:22
"Queremos que a lingua e a cultura galega sexan transversais, que estean en todos os ámbitos". A nova Fundación Xistral proporcionará ferramentas para “conservar, enriquecer e difundir” a cultura galega. Falamos con Carlos Blanco, un dos responsables.
A crónica deportiva 09-02-2024 09.02.2024 30:09
No fútbol, escoitamos a Guaita, no Celta; Ander Cantero no Racing e Simao e Alves na 1ª RFEF antes dos partidos da fin de semana. No baloncesto, a ourensá Raquel Carrera avalía a derrota de España no primeiro partido do preolímpico e o Breogán anuncia a fichaxe de Rob Grey antes de recibir o Real Madrid.
'Rapa', 'O corno' e 'Matria', as favoritas dos Mestre Mateo 08.02.2024 16:16
Alfonso Blanco, director da produtora Portocabo, feliz coas 18 candidaturas aos Mestre Mateo: 16 pola segunda temporada da serie Rapa e 2 por Os argonautas. A directora de O corno, Jaione Camborda fala das 14 nominacións aos Mestre Mateo e da cita cos Goya este sábado. Álvaro Gago, director de Matria. A película suma 12 candidaturas para o certame anual do audiovisual galego, a celebrar o 23 de ma...
'Ferrari' e 'A cor púrpura' 08.02.2024 8:51
'Ferrari', de Michael Mann, achéganos a un ano crucial na vida de Enzo Ferrari na década dos cincuenta do século XX. Está protagonizada por Adam Driver e Penélope Cruz.. 'A cor púrpura', de Sam Blitz, é a adaptación da novela do mesmo título (xa levada ao cine) en clave de musical.
Música para bailar baixo a borrasca 08.02.2024 19:55
Neste Diario Cultural escoitamos as últimas cancións de Baiuca, Hydn e Eris Mackenzie, The Rapants e Travis Birds.
O bosque animado de Vari Caramés 08.02.2024 8:28
A galería Trinta de Santiago acolle a mostra 'Bosque animado (con Ángeles)', unha homenaxe do fotógrafo Vari Caramés á que foi a súa compañeira.
'Pura', de Carmen Méndez 08.02.2024 8:01
"Esta curta foi un proceso persoal moi catártico". Carmen Méndez debuta como directora con Pura, que se exhibe no Market Screening New Spanish Shorts do Festival Int de Curtametraxes de Clermont-Ferrand.
'Non te vexo', de Xacio Baño 08.02.2024 7:09
"O labor do cineasta radica en poder contar unha folla voando e que lle interese ao espectador”. 'Non te vexo', o último traballo do cineasta Xacio Baño, proxéctase na sección Lab do Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand.
A crónica deportiva 08-02-2024 08.02.2024 24:31
Escoitamos a primeira comparecencia de Óscar Pinchi, o ex do Deportivo, no seu regreso a Galicia agora como futbolista do Racing, na que revelou que o club ten unha opción de compra obrigatoria por el se ascende a Primeira División. Na 1º RFEF, Idiakez fala antes de viaxar a Logroño. E no baloncesto, palabras do vigués Miguel Méndez no día no que a selección feminina inicia o torneo preolímpico de...
'Interior dun coche fúnebre' 07.02.2024 15:46
Eva María Gontad fala da súa obra de ficción sonora, que escoitamos a seguir. Trátase da terceira das premiada na terceira edición do certame Escoitamos teatro, unha iniciativa da Fundación SGAE en colaboración coa Radio Galega.
String Quartets from Galicia 07.02.2024 12:25
O noso experto en música clásica fálanos de String Quartets from Galicia, gravado e editado por Pablo Barreiro no Auditorio de Galicia. Contén tres obras inéditas dos galegos Marcial del Adalid, José Arriola e Juan Durán.
Rapa, O corno e Matria, os títulos con máis candidaturas nos Premios Mestre Mateo 07.02.2024 9:13
Rapa, O corno e Matria son os títulos con máis candidaturas nos Premios Mestre Mateo. A Academia Galega do Audiovisual fai públicos os finalistas da vixésimosegunda edición dos galardóns que se entregarán na Coruña o 23 de marzo.
A crónica deportiva 07-02-2024 07.02.2024 26:09
Escoitamos a David Mella ao recibir, con só 18 anos, o seu primeiro premio como xogador do mes no Deportivo da Coruña. En Primeira, mentres, o Celta volve aos adestramentos; e na 2ª RFEF o Pontevedra comunica que Rufo terá repouso trala súa indisposición no último partido.
Seguimos escoitando teatro: 'Encerrado' 06.02.2024 16:18
Peza premiada na terceira edición de Escoitamos Teatro. Transcorre no ascensor dun tanatorio, onde está o velorio dunha universitaria asainada. Previamente Begoña Vázquez preséntanos ao seu autor, José Luís Baños., que debuta na ficción sonora.
Canas ao vento 06.02.2024 9:22
Dolores Vilavedra preséntanos a obra máis famosa da escritora sarda Grazia Deleddda, Nobel de literatura en 1926. Agora sae publicada en galego coa tradución de María Alonso.
'Baldomero' o primeiro tema das pandereteiras Do Rivés 06.02.2024 16:34
Do Rivés, o novo grupo de pandereteiras da Costa da Morte que despega co lanzamento do seu primeiro tema. Despois de varios concursos, foliadas e actuacións, crean 'Baldomero', un tema que recolle as coplas que cantaba o avó dunha das integrantes, cuxo nome é o do propio tema. De feito, na canción pódese escoitar a súa voz.
Cine e arte. Lois Patiño e Pedro Costa na Luis Seoane 06.02.2024 10:49
Mónica Maneiro comenta dúas mostras protagonizadas por cineastas que acolle a Fundación Luis Seoane da Coruña. Unha delas é a mostra 'Canción de Pedro Costa', producida por La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona, que está comisariada por Javier Codesal e pode visitarse ata o 17 de marzo. A segunda recomendación é a mostra 'Lois Patiño. Marea', que está aberta ata o 4 de a...
Mercedes Vázquez Saavedra, fotógrafa do Entroido 06.02.2024 16:46
Neste Diario Cultural conversamos con Mercedes Vázquez Saavedra, a fotógrafa sarriá que leva varias décadas documentando as diferentes manifestacións do Entroido. Algunhas das súas imaxes de máscaras poden verse ata o 14 de febreiro no Museo Torres de Marín, na mostra 'Viaxe polo mundo da máscara'. O seu traballo etnográfico sobre o Entroido, a vida rural e as mulleres da raia valéronlle...
'Boa sorte, mala fama' unha traxicomedia sobre a emigración máis incómoda 06.02.2024 8:19
A compañía Tarabela comeza a xira de 'Boa sorte, mala fama' unha traxicomedia sobre a emigración máis incómoda.
A crónica deportiva 06-02-2024 06.02.2024 29:58
Afondamos na figura de Miguel Ángel González, o 'Gato', tralo pasamento do mítico porteiro ourensán, coa axuda de Javier Maté, co que chegou a coincidir no Real Madrid. No fútbol galego a noticia é o regreso do venezolano Christian Santos, o ex do Deportivo, que asina polo Arenteiro para sustituir a Miku.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.