AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Última chamada 05.02.2024 18:33
Santiago Cortegoso , coordinador de Escoitamos Teatro, tráenos Última chamada, de Francisco Manuel Peleteiro. Trátase da primeira das tres obras gañadoras na terceira edición do certame que organiza a SGAE en colaboración coa Radio Galega.
Cucos de Corcubión e A fonte de Neira 05.02.2024 8:16
Cucos de Corcubión é o debut musical do ourensán de A Mezquita Mark Dos Santos. A fonte de Neira forma parte do último traballo de Rapabestas. Os do Bierzo estarán o domingo vindeiro en Lume na Palleira
Poemas medievais e salgaduras romanas 05.02.2024 8:40
Mario César Vila fálanos hoxe de como as cantigas medievais proporcionan información sobre as mulleres daquela época, como recolle o libro 'Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa', unha achega pluridisciplinar publicada pola USC. Tamén nos dá conta do achado de restos dunha salgadura romana no castro Alobre, en Vilagarcía.
'Fremosas', un proxecto de Barahúnda para divulgar as cantigas medievais 05.02.2024 20:28
'Fremosas' é un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa. Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro formaron o grupo folk Barahúnda en Madrid no ano 1998 e xa incluíron nos seus primeiros discos composicións a partir de cantigas medievais galego portuguesas. Agora dedícanlle a est...
A crónica deportiva 05-02-2024 05.02.2024 29:58
Repasamos os principais acontecementos deportivos da fin de semana e conmovémonos co ourensán Fernando Pumar, que explica que seguirá no Racing pero só adestrando, por mor da súa lesión. Ademais, escoitamos o presidente de Abanca, que celebra os últimos bos resultados do Deportivo.
Martín Romero e Vicente Romero 03.02.2024 56:55
Conversa co coruñés Martín Romero que compite nos Goya, na categoría de mellor curtametraxe de animación. A súa fita titúlase “To bird or not to bird”. A través de peripecias protagonizadas por paxaros, Martín fala do capitalismo voraz. Pasou tamén polo programa Vicente Romero, xornalista, reporteiro de guerra, amante do cine. Publicou o libro “Los señores de las tijeras. El cine que la censura no...
Afonso Becerra tráenos un Souvenir 02.02.2024 10:25
Afonso Becerra preséntanos unha compañía de teatro de recente creación: Souvenir. Coa súa primeira peza ´Non é unha canción´, veñen de gañar a quinta edición do Festival Pezas dun teatro do Porvir.
Na casa deles 02.02.2024 15:22
Primeira parte do traballo dedicado aos poetas lugueses e ás poetisas (proximamente Na casa delas...) Vídeos que fan semblanza da vida e obra de poetas como Lorenzo Varela, Darío Xohán Cabana, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Manuel María, Luis Pimentel, e o pobo galego como autor anónimo, e pezas musicais sobre a obra destes autores, interpretadas por Son de Corda acompañad@s por pianistas colab...
Os Premios da Fundación Catro Gatos 02.02.2024 9:18
Na sección de voces expertas, Eva Mejuto fala dos Premios da Fundación Catro Gatos que, desde hai dez anos, esculcan e escollen os mellores libros infantís e xuvenís de todo o mundo. Moitos dos premiados ou finalistas son de autoría galega: pode ser pola editora, polos escritores ou ilustradores ou ben porque tamén os temos en lingua galega.
'As cordas invisíbeis ', de Aida Saco e Marcos de la Fuente 02.02.2024 18:34
Esta semana presentouse en Nova York o proxecto 'As cordas invisíbeis', unha creación de dous artistas galegos que viven nos Estados Unidos. Aida Saco Beiroa naceu en Rianxo, pero vive en Nova York. Leva dous anos na prestixiosa Manhattan School of Music cunha beca do Ministerio de Cultura. Por outro lado, Marcos de la Fuente leva cinco anos integrado xa na escena poética de Nova York. A...
'Marea', de Lois Patiño 02.02.2024 11:22
"Sempre teño que encontrar un elemento de vontade de innovación na forma cinematográfica". Lois Patiño presenta na Fundación Luís Seoane a exposición “Marea”. Con esta nova mostra explora a amplitude do visual e do narrativo, entre a observación e a palabra.
A crónica deportiva 02-02-2024 02.02.2024 29:58
O mercado de inverno no fútbol pechou coa sorpresa do regreso a Galicia do ex deportivista Pinchi, que asina polo Racing de Ferrol. Do mercado fala tamén Idiakez, que considera que as dúas fichaxes do Deportivo lle dan solucións ofensivas. E no fútbol sala escoitamos o adestrador do Burela, Julio Delgado, animado antes de viaxar a disputar a Supercopa.
'A terra prometida' e 'A raíña do convento' 01.02.2024 12:03
Moncho Lemos comenta o drama épico 'A terra prometida', unha película dinamarquesa ambientada no século XVIII. A segunda longametraxe é unha comedia española callada de caras coñecidas. 'A raíña do convento' é o debut coma protagonista de Mario Vaquerizo.
'Formas e grafismos' de Soledad Penalta 01.02.2024 14:55
A artista Soledad Penalta expón en Lalín, no museo Ramón María Aller, varias das súas pezas escultóricas baixo o título 'Formas e grafismos'.
A nova xira de Brais Morán & Nasaufunk 01.02.2024 18:51
Na sección de voces expertas, Tito Lesende propón unha combinación de ritmo e melodía. Abrimos con Brais Morán & Nasaufunk, que comezan xira de concertos do novo disco, e seguimos coa colaboración do vasco Zetak con Fillas de Cassandra, que axiña comezan unha nova temporada de concertos. Despois, na parte melódica, o novo álbum do chileno Benjamín Walker e o 50º aniversario do "Band on th...
'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' 01.02.2024 9:46
A Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' este xoves 1 de febreiro. A mostra está comisariada por Cristina Carballedo e poderá visitarse ata o 31 de marzo. Esta exposición parte de revisitar o proxecto plástico e vital do artista Paco Pestana, a través dunha aposta expositiva que xira arredor de obras, documentación e outros elementos do...
'Hamlet, o de Cunqueiro', na Cidade da Cultura 01.02.2024 11:39
O ciclo 'Clásicas desfeitas' permite recuperar clásicos da literatura galega e universal a través doutras disciplinas artísticas. A proposta 'Hamlet, o de Cunqueiro' mestura as disciplinas do teatro e os videoxogos. Cada representación ofrecerá unha resposta distinta a tres cuestións sobre o amor, a morte e as relacións familiares. O público participa de forma directa na obra,...
A crónica deportiva 01-02-2024 01.02.2024 26:28
Atentos aos posibles movementos no último día de fichaxes no fútbol, onde xa é oficial que Sabit Abdulai deixa o CD Lugo. Ademais, Fernando Soriano fixo valoración do mercado no Deportivo e, no baloncesto, previas dos partidos do Breogán, o Celta e o Basquet Coruña.
Chega a fase final dos DeVuego 31.01.2024 10:58
A informática Luz Castro conversa con Begoña Vázquez sobre a fase final dos premios DeVuego e outras novas relacionadas cos videoxogos
'Rematou o simulacro', de Loita Amada 31.01.2024 21:07
Loita Amada vén de publicar o seu novo disco baixo o título 'Rematou o simulacro'. O novo traballo foi gravado en Garate Estudios da man do produtor vasco Kaki Arkarazo. O disco preséntase o sábado 3 de febreiro en 'O Candil de Silvia', na Estrada. Estarán acompañados polo grupo vasco Rúkula.
A crónica deportiva 31-01-2024 31.01.2024 29:57
O Celta perde o sueco Williot Swedberg tres semanas por unha lesión muscular. No Racing escoitamos un motivado Josep Señé antes de recibir o Éibar. Na 1ª RFEF, dúas presentacións: Alcaina no Deportivo e Mario da Costa no CD Lugo. E no atletismo, a Federación Española expón os plans para os Campionatos de España en pista cuberta que se celebrarán en febreiro en Ourense.
'Happy end', de Mario Caneiro 30.01.2024 12:55
A nosa experta literaria Dolores Vilavedra vén nesta ocasión cunha obra de Mario Caneiro. Trátase de 'Happy end', un libro editado por Barbantesa e que conta... con catro finais felices!
Chichi Campos no Día da Ilustración 30.01.2024 14:55
Como cada 30 de xaneiro, o Día da Ilustración busca reivindicar o labor dos profesionais do debuxo homenaxeando a un ilustrador galego. Nesta ocasión lembramos a figura de Chichi Campos. Facémolo acompañados de Nico Campos, compañeiro da Televisión de Galicia e fillo do ilustrador.
'¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', de Javier Arce 30.01.2024 11:07
Na sección de arte, Mónica Maneiro recomenda a mostra titulada '¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela. A exposición é obra do artista santanderino Javier Arce. Nesta exposición a pintura é protagonista a través de once obras de pequeno formato, realizadas a partir da observación do medio natural dende o espazo íntimo da vivenda do artista e a súa...
'Unha vida viquinga', na Cidade da Cultura 30.01.2024 10:34
A exposición 'Unha vida viquinga' é unha inmersión na cultura e a descuberta dun novo xeito de vivir. A mostra racha cos estereotipos arredor do mundo viquingo e ofrece unha nova ollada sobre a historia. Na exposición facemos un percorrido dende a infancia, o rol dos meniños na casa familiar ata que son adolescentes e chegan a vida adulta. Neste Diario Cultural facemos unha viaxe no temp...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.