AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A crónica deportiva 26-02-2024 26.02.2024 29:58
O Celta segue sen pecha-la permanecia e perde a Iago Aspas para recibir ó UD Almería, o pechacancelas, este venres ás 21:00h en Balaídos. O Racing Club Ferrol sabe que cometeu erros correxibles na derrota co Eldense. O Deportivo suma a 6ª victoria consectiva con 3 goles de Iván Barbero.
Galegos en Málaga (1): Sonia Méndez, Area Erina e Xacio Baño 24.02.2024 56:55
Ás portas do inicio do Festival de Málaga conversamos con Sonia Méndez, que estrea "As Neves" na Sección Oficial. É a súa primeira longametraxe de ficción. Area Erina presenta, tamén en Sección Oficial, a súa longametraxe documental "Aurora" e Xacio Baño en curtametraxes "Platónico, platónica".
O día de Rosalía 23.02.2024 16:04
Entrevista a María do Cebreiro Rábade Villar, codirectora da cátedra sobre Rosalía na USC. Mari Pereira dá conta de tódolos actos programados hoxe para festexar á poeta senlleira das letras galegas.
'PF-Site Specific 023' 23.02.2024 10:55
Afonso Becerra achéganos a 'PF-Site Specific 023', un espectáculo de danza estreado hai unha semana en Vigo que define coma´o tempo nos pés de Amparo Martínez Paz`.
Rosalía para a picarexada 23.02.2024 10:28
No Día de Rosalía, descubrimos as propostas de Eva Mejuto para a rapazada: 'Rosalía', de Alba de Evan e Xabier Domínguez (Cumio); 'Miña casiña meu lar', de Blanca Millán (Galaxia); e 'O sombreiro de murga' (Fundación Rosalía de Castro).
Bule presenta en directo 'Agora ou nunca' 23.02.2024 17:03
A banda Bule presenta en directo o seu primeiro LP 'Agora ou nunca'. Escoitamos punk e power pop en galego desde Pontedeume. Este venres actúan na sala Sónar de Santiago, o 2 de marzo en Pontevedra, o 6 de abril estarán na Coruña e en maio darán concertos en Ferrol e Lugo.
A crónica deportiva 23-02-2024 23.02.2024 29:58
Accidente de tráfico do dianteiro do Racing de Ferrol, Álvaro Jiménez. Dor cervical, pero, en principio, nada grave. Baixa por protocolo para xogar en Elda. Ciclismo galego. Última hora da 2ª tirada do Gran Camiño, Taboada-Chantada, de 151 quilómetros. Falamos con Javier Lacave, de Canal Sur Radio en Cádiz, sobre a final pola permanancia co Celta.
Antía Cal, unha mestra innovadora 22.02.2024 15:52
Isabel Freire entrevista a Silvia García, comisaria da mostra ´Antía Cal, unha mestra innovadora`. A exposición pode verse na sala Redeiras da Universidade de Vigo ata o 22 de marzo,
'Secretos de un escándalo' e 'Políticamente incorrectos' 22.02.2024 12:15
O noso experto en cine tráenos dúas estreas para a fin de semana. Un drama, Secretos de un escándalo, e unha comedia española, Políticamente incorrectos.
Bailando con Tito Lesende 22.02.2024 10:21
Na sección de voces expertas, Tito Lesende presenta as novidades musicais: Miriam Rodríguez publica este venres o seu terceiro disco 'Líneas rojas', o avance do disco de Carlangas e os Cubatas, o LP de Ana Lua Caiano e o disco 'Branca Vela' de Budiño.
A compañía Fran Sieira baila 'CEIBE' 22.02.2024 17:10
A compañía Fran Sieira estrea 'CEIBE' o 2 de marzo no Auditorio de Cangas. Unha peza con 8 bailadores e bailadoras que se distancia dos estereotipos sexistas e propón novas formas de entender a identidade de xénero desde o baile tradicional. Preséntannos 'CEIBE' os seus directores artísticos, Fran Sieira e Sergio R. Suárez.
'O dragón de ouro', de Sarabela Teatro 22.02.2024 9:46
A compañía Sarabela Teatro estrea 'O dragón de ouro' que presenta nos escenarios galegos ao dramaturgo alemán vivo máis representado. "Roland Schimmelpfennig crea niveis de narratividade moi novos. Reinventa a posta en abismo", asegura a directora Ánxeles Cuña nunha entrevista neste podcast do Diario cultural.
A crónica deportiva 22-02-2024 22.02.2024 29:55
Última hora da proba ciclista O Gran Camiño, que disputa a 1ª tirada na Coruña, a pesar do mal tempo, sen tempos para a xeral. No Celta, 1ª rolda de prensa pública do estadounidense Luca de la Torre. Escoitamos a Ximo Navarro no Deportivo e a Gorka Pérez no CD Lugo.
Finalistas dos María Casares 21.02.2024 16:49
Falamos con Tito Asorey, director de ´Unha inimiga do pobo`, de Talía Teatro; Álex Sampaio, director de ´Hamelin`, de Redrum Teatro e Víctor Mosqueira, protagonista de ´O Auto do Castromil`, de Producións Teatrais ExcéntricAS en coprodución co CDG. As tres montaxes son as favoritas para os premios María Casares, que se coñecerán no decurso da gala do vindeiro 21 de marzo.
Territorios da Entropía 21.02.2024 10:49
O noso expero en música clásica achéganos unha proposta da RFG para mañá en Santiago e o venres en Vigo. Coa dirección de Sebastian Zinca e Judith Jáuregui ao piano han interpretar Entropía, de Inés Badalo. Noches en los jardines de España (orq. Bética) de Manuel de Falla e Sinfonía en Re, de Juan Crisóstomo de Arriaga.
Chévere sobe á escena a lingua de signos 21.02.2024 22:13
A compañía Chévere estrea a montaxe 'Helen Keller, a muller marabilla?', unha obra que parte da figura da primeira persoa xordocega en titularse na Universidade, a estadounidense Helen Keller. O modelo de superación no que foi convertida agachou a súa faceta de activista en favor de causas como o pacifismo, o sufraxismo ou o comunismo. A compañía Chévere volve cuestionar os relatos ofici...
'Monstros', de Producións Teatrais Excéntricas 21.02.2024 10:34
A compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea 'Monstros'. É unha peza de teatro familiar sobre un texto de Lucía Aldao e María Lado. Neste Diario cultural conversamos con Marcos Orsi, director da montaxe.
A crónica deportiva 21-02-2024 21.02.2024 29:58
Carlos Domínguez baixa no Celta para xogar en Cádiz por unha elongación muscular. O centrocampista do Racing Club Ferrol, Chuca, preparado para volver xogar en Elda. Lucas Pérez dí que xa se pode retirar, entre brincadeiras, coa calidade dos novos no Depor.
Cinema por mulleres 20.02.2024 29:57
Entrevista a Diego Mas, codirector de Cinema por mulleres. Esta segunda edición do certame celébrase do 22 de febreiro ao 9 de marzo na Coruña.
A cor púrpura 20.02.2024 29:57
Dolores Vilavedra achéganos a tradución de Moisés Barcia para a editorial Rinoceronte desta novela de Alice Walker gañadora do Pulitzer.
Un roteiro emocional pola obra de Paco Pestana 20.02.2024 11:51
Mónica Maneiro comenta a mostra 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás'. Un pequeno roteiro emocional por obras gardadas polos amigos. A mostra pode visitarse na Fundación Granell ata o 31 de marzo.
'Míticas pero secundarias' 20.02.2024 16:07
Antón Reixa e Antela Cid recuperan personaxes da mitoloxía grega en 'Míticas pero secundarias'. Un díptico escénico que pecha a última edición ciclo 'Clásicas desfeitas' na Cidade da Cultura. 'A infeliz felicidade e o prezo do aceite' é unha conferencia satírica na que Reixa une a Polícrates e a Rosalía, mentres que en 'Tres somos ti' Cid encarna tres muller...
"Gozamos dun momento moi bo creativamente, moi diverso e con moita xente nova" 20.02.2024 7:57
"Gozamos dun momento moi bo creativamente, moi diverso e con moita xente nova”. Os Premios María Casares de teatro presentan finalistas da edición que rexistra maior participación da súa historia. Neste Diario cultural falamos con Arantza Villar, presidenta da AAAG.
De lembranzas e estreas 19.02.2024 11:25
Emilio Españadero tráenos a Fuxan os ventos co gallo do pasamento estes días do padre Mato e mailo cabodano de Moncho Díaz. Tamén a Carapaus coa Alborada pra Rosalía, no mes de nacemento da nosa autora máis senlleira. E dúas citas a marcar no calendario deste mes: concerto de Xosé Manuel Budiño na Coruña e disco novo de Isidro Vidal.
Encontro Arqueolóxico do Barbanza 19.02.2024 6:40
Mario César Vila avánzanos a nova edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que se desenvolve en Boiro os días 24 e 25 de febreiro. Un foro de divulgación arqueolóxica que acollerá expertos do ámbito galego, estatal e internacional.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.