AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Pancho Pillado e Luísa Villalta: unidos pola música, a literatura e a cultura galega 14.05.2024 15:52
Ana Pillado é unha das fillas de Pancho Pillado, o que foi editor de Luísa Villalta, ademais do seu mentor e amigo. Uníronos a música, a literatura e o amor pola cultura galega. Isabel Freire mantivo unha conversa con ela.
'O incendio' 14.05.2024 11:25
Con Dolores Vilavedra falamos do libro 'O incendio', de Sara Vila Alonso, gañador do último Premio Blanco Amor de novela.
FITEI: Construción dun país 14.05.2024 15:58
Comeza na cidade de Porto un dos festivais máis relevantes do calendario peninsular. O FITEI acompaña nesta edición os 50 anos do 25 de abril. Falamos co director do Festival, Gonçalo Juncal Amorim
A crónica deportiva 14-05-2024 Video 14.05.2024 29:57
Todo o papel esgotado para o RC Celta - Athetic Club que pode supor a permanencia olívica na 1ª división. No RC Deportivo, a alcaldesa Inés Rey acusa a ABANCA de tentar chantaxear ao Concello para obter un mellor convenio para o uso futuro de Riazor. No CB Breogán, Anthony Polite é o MVP do mes de maio.
Música ao vivo, novidades e un premio máis que merecido 13.05.2024 9:34
Con Emilio Españadero conversamos sobre o premio honorífico Martín Códax da Música para Emilio Cao, o novo de Fuxan os Ventos, o “Cantar Galego ao Zeca” de Uxía e o concerto de aniversario de Milladoiro.
Escenas do Cambio 13.05.2024 9:28
Afonso Becerra fai balance do décimo festival Escenas do Cambio, que tivo lugar a pasada fin de semana na Cidade da Cultura.
Semana dos “Museos pola educación e a investigación” 13.05.2024 15:58
Comezan as actividades da celebración do Día Internacional dos Museos que o vindeiro 18 de maio subliña a dimensión educativa e investigadora destes espazos. Falamos con Esperanza Gigirey, presidenta do Consello Galego de Museos.
A crónica deportiva 13-05-2024 13.05.2024 29:58
Comezan os recoñecementos institucionais ao ascenso do RC Deportivo coa visita á Deputación da Coruña. O club herculino anuncia que non visitará María Pita. Descenso do Obradoiro. O RC Celtta prepara, coa baixa de Ristic, o que pode ser o partido da permanencia matemática co Athletic Club, este mércores en Balaídos. No Racing Club Ferrol David Castro, baixa para as tres xornadas derradeiras.
'As Neves', o Festival de Cans e 'Véxote' 11.05.2024 55:37
Conversamos con tres protagonistas do filme de Sonia Méndez "As Neves". Sentan nas nosas butacas Andrea Varela, David Rodríguez e Antía Mariño. O director do Festival de Cans, Alfonso Pato, debulla os contidos do certame, que comeza o 21 e remata o 25 de maio. Recibimos tamén a Óscar Pardo, que presenta en Cans a súa curtametraxe "Véxote", sobre os 'monstros' da mente...
'As neves', o debut de Sonia Méndez 10.05.2024 13:52
Dende hoxe, 24 cines acollen o filme 'As neves', o debut na dirección da viguesa Sonia Méndez, que tamén escribiu o guión.
A crónica deportiva 10-05-2024 10.05.2024 29:58
Xornada decisiva para a permanecia do Breogán de Lugo na Liga ACB. Xoga ás 20:00h co Andorra no Pazo,. E tamén día chave para o Basquet Coruña, que ten todo de cara para o ascenso hoxe en Melilla a partir da 21:00h. No RC Celta, club e xogadores agasallan con 300 billetes aos seareiros para o partido en Granada. No Racing Club Ferrol, Cristóbal mantén o obxectivo dos play offs. No RC Deportivo, Xi...
O 'Galego is not dead' con Pauliña 09.05.2024 10:55
Pauliña volve cun disco rockeiro que bascula ao ska, reivindicativo e festivo ao mesmo tempo. Titúlase 'Galego is not dead' e está composto por oito cancións.
'As neves' e 'O reino do planeta dos simios' 09.05.2024 15:10
'As neves' de Sonia Méndez e 'O reino do planeta dos simios' ocuparán a carteleira que nos trae hoxe Moncho Lemos.
“Adaptamos un poema que amosa todo o compromiso social de Luísa” 09.05.2024 13:40
A Banda da Loba presenta “E a mar”, unha canción homenaxe a Luísa Villalta, a escritora a quen se lle dedica este ano o Día das Letras.
Crónica deportiva 09-05-2024 09.05.2024 29:58
O galego do Real Madrid Joselu é o protagonista do fútbol europeo cos dous goles na semifinal co Bayen Munich. No RC Deportivo, Diego Villares dí que " o colchón que temos danos maior tranquilidade". No RC Celta, Renato Tapia recibe a alta médica. No Racing Club Ferrol, Iker Losada di que está centrado en chegar aos play offs e non quere saber nada sobre o seu futuro. E última horana lig...
De caveiras con gominolas e serigrafías con "Colacaos" 08.05.2024 14:25
Visitamos a exposición "Héctor Francesch. Colección de favoritas" na Fundación Abanca en Vigo. O universo deste artista abarca dende o debuxo á pintura, pasando polas instalacións. Converte en arte obxectos que todos temos a mán, apostando por unha pintura colorista que nos remite ao pop art e ao cómic.
Xornada Power Up 08.05.2024 12:57
Con Luz Castro coñecemos máis da Xornada Power Up arredor de Videoxogos Aplicados e Persuasivos, que organiza o Campus Industrial de Ferrol en colaboración coa coordinación do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos e co Concello de Ferrol.
'O múltiple que ocupa o espazo' 08.05.2024 10:28
A arte múltiple, dende a estampa tradicional ao obxecto escultórico e a súa instalación no espazo, centra o VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira en Pontevedra.
A crónica deportiva 08-05-2024 08.05.2024 29:58
No Basquet Coruña, Diego Epifanio recoñece que o ascenso nunca estivo tan preto, pero que toca xestionar o ruído. -O seleccionador nacional de baloncesto feminino, o vigués Miguel Méndez, renovado ata o 2028. Nico Serrano, xogador destacado do Racing Club Ferrol no mes de abril. Manuel Pablo aconsella aos xogadores do 1º equipo do RC Deportivo nesta semana de posible ascenso. No Obradoiro, Moncho...
Profesionais que premian a profesionais 07.05.2024 13:48
O Auditorio de Milladoiro acolle os Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas que entrega a Asociación Galega de Artes Escénicas. Con eles recoñécese a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellado ás artes escénicas de Galicia. Entre os premiados están Títeres Cachirulo, a Revista Erregueté, Madó Santos, Ana Díaz Calvo, A Casa Vella de Amiadoso e Fátima R...
'A literatura galega contada aos escépticos' 07.05.2024 13:19
Con Dolores Vilavedra afondamos nunha lectura de Manuel Veiga Taboada: 'A literatura galega contada aos escépticos'. Fai un percorrido que abarca dende Vicente Risco á literatura última.
A crónica deportiva 07-05-2024 Video 07.05.2024 29:57
Falamos con Pablo Serodio, presidente da UD Mos, xermolo do Celta Feminino. No RC Deportivo, Ximo Navarro segue á marxe. Óscar Gilsanz valora a temporada do Fabril. Marek Blazevic, MVP do Obradoiro. no At Guardés,. Ana Seabra volve coller o equipo tralo cesamento de Cristina Cabeza.
Peteiro e a cor na súa máxima expresión 06.05.2024 12:19
Viaxamos á Coruña, concretamente ao Kiosco Alfonso. Alí pódese visitar ata o 21 de xullo a exposición "Peteiro", unha ampla mostra da obra do pintor coruñés Jorge Peteiro que agrupa 94 pezas que permiten obter unha ampla panorámica do artista. Pedro Vasco é un dos comisarios da exposición.
Quen pode rir? De que? De quen? 06.05.2024 15:58
“O humor é un mecanismo para infiltrarse nunha sociedade cercada polo machismo”. A Universidade de Santiago acolle o I Congreso Internacional Feminismos e Humor. Falamos con Saleta de Salvador Agra e Yolanda Martínez Suárez.
A crónica deportiva 06-05-2024 06.05.2024 29:45
O Deportivo Aragón( filial do Zaragoza) rival do Pontevedra CF nos Play Offs. A ida, o domingo 12 ás 12:00h na Romareda. Repasamos os datos máis destacados do RC Celta, coa salvación a tiro de pedra. Voces da derrota do Racing Club Ferrol en Tenerife e úlima hora do RC Deportivo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.