AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2914 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A rodaxe de "Así chegou a noite" , o éxito de "+Cuñados" e a estrea de "O Auto das Ánimas" 04.05.2024

O cineasta de Marín, Ángel Santos, inicia con maio a rodaxe da súa nova película "Así chegou a noite". Cun presuposto de 600.000 euros, a idea é rodar durante 6 semanas nos concellos do Grove e Sanxenxo, aloxándose das zonas máis turísticas. Contará a historia dun ceramista que escapa do seu pasado, interpretado por Denís Gómez. Con Federico Pérez analizamos o éxito da comedia "+Cuñ...

Música e patrimonio no Pórtico do Paraíso 03.05.2024

O Festival Pórtico do Paraíso naceu hai xa 17 anos para encher un baleiro na vida musical de Ourense. Nesta nova edición contan con grandes artistas do panorama nacional e internacional da música clásica cun novo escenario: o castelo de Castro Caldelas. Juan Enrique Miguéns é o presidente da Asociación Pórtico Musical e director artístico do encontro.

X Festival Escenas do Cambio 03.05.2024

Afonso Becerra vén falarnos da décima edición do Escenas do Cambio, un festival de teatro, danza e arte en acción que se celebra durante toda a fin de semana na Cidade da Cultura.

Luz nas Sombras: Play Doc estrea sección sobre cineastas históricos. 03.05.2024

O XX Festival Internacional de Cinema de Tui recupera a memoria do cinema galego na sección Sombras, que se abre co traballo de Tony Román. Falamos con Pepe Coira.

A crónica deportiva 03-05-2024 03.05.2024

O adestrador do VilLarreal, Marcelino García Toral, dí que o RC Celta sufrIu moitas penalizacións esta temporada No Racing Club Ferrol, Óscar Pinchi alta, Delmás e Sabin Merino baixas. No Deportivo, París Adot seguirá no lateral dereito pola baixa de Ximo Navarro. E chega a última xornada da 2ª RFEF. Antón Permuy e Dani Gesto, renovados na SD Compostela.

Dúas décadas de Play-Doc 02.05.2024

Marchamos a Tui, onde o festival Play-Doc celebra dúas décadas buscando novas estéticas e apostando pola experimentación audiovisual. A sección oficial inclué este ano 7 películas do cine máis recente, entre eles a fita póstuma de Jean Luc Godard, "Guerras de broma".

'Garfield' e 'La casa' 02.05.2024

Moncho Lemos tráenos dúas estreas: o 'Garfield' de Mark Dindal e 'La casa', dirixida por Álex Montoya.

A Feroz estrea Bulevar Papagaio. 02.05.2024

Preséntase na Coruña Bulevar Papagaio. O novo proxecto escénico de A Feroz é unha creación da compañía a partir do libro Papagaio de Maribel Longueira e Luísa Villalta. Falamos con Lorena Conde e Bea Romero

A crónica deportiva 02-05-2024 02.05.2024

Última do RC Celta coas verbas do porteiro Vicente Guaita ao respecto da saída de Rafa Benítez.. Renato Tapia recupera para xogar co Vilarreal. Última hora do Racing Club Ferrol coas declaraciónds de Álex López. 400 racinguistas estarán en Tenerife. No RC Deportivo, Ximo Navarro segue á marxe. O goleador Iván Barbero defende as boas prestacións do equipo coma visitante. No CD Lugo escoitamos a Wil...

Lousas para a reflexión 30.04.2024

A exposición "Lousas dun mesmo mundo", do artista compostelán Denís Estévez, inclúe un percorrido visual e poético por un total de 20 montaxes fotográficas en branco e negro. Creadas coa técnica da colaxe, convidan ao espectador a unha dobre lectura crítica, tanto das composicións amosadas coma do mundo no que vivimos.

'En espiral' 30.04.2024

A nosa experta literaria Dolores Vilavedra tráenos unha obra de Xosé Luís Méndez Ferrín con escolma e introdución de Daniel Salgado: 'En Espiral'.

Escenas do cambio 30.04.2024

O venres comeza en Santiago unha nova edición do festival Escenas do Cambio O festival chega ó décimo aniversario con trece espectáculos nos que a música, o teatro, a danza e as performances dilúen as súas fronteiras.

A crónica deportiva 30-04-2024 30.04.2024

O Uni Ferrol saca campaña de abonados e Lino López recoñece que será imposible reter as xogadoras desta temporada. O Celta e Rafa Benítez chegan a un acordo para a desvinculación do adestrador madrileño, que tiña 3 anos asinados. No Deportivo, Raúl Alcaina dí que seguen con confianza despóis do empate co Arenteiro.

Luz Fandiño: loita, feminismo e compromiso 29.04.2024

Conversamos coa cineasta Sonia Méndez sobre Luz Fandiño, falecida o pasado domingo. Referente do feminismo, muller loitadora, comunista, pobre e comprometida coas causas xustas e con Galicia.

Un día para danzar 29.04.2024

Celebramos o Día Internacional da Danza recibindo a Jaime Pablo, coreógrafo e director de Nova Galega de Danza; e mais a Julia Laport, que fai danza urbana e contemporánea.

Un pouco de Brúa 29.04.2024

Emilio Españadero avánzanos ao grupo que estará esta semana en Lume na Palleira: Brúa, que presentan o seu primeiro disco homónimo.

Entramos no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade 29.04.2024

O Museo do Pobo Galego dixitaliza, cataloga e difunde gravacións de todo tipo de testemuños orais: pezas musicais, contos, festas populares...Os sons da identidade galega.

A crónica deportiva 29-04-2024 29.04.2024
Ramón Campos e "El Caso Asunta", cine galego en Baviera e o Play Doc 27.04.2024

Conversa co cineasta Alfonso Zarauza, que estivo non festival bávaro de Regensburg. Baixo o epígrafe "cinEScultura" exhibiron o mellor do cinema galego dos últimos tempos. Co creador da serie "El caso Asunta" desvelamos segredos de casting e líneas vermellas que non quixeron atravesar. E citamos ao director do Play Doc de Tui, que comeza o 1º de maio

'Millo Vello' para reconectar coa terra 26.04.2024

Con Afonso Becerra coñecemos a peza 'Millo Vello', o debut da compañía de danza Ay, Cariño!, que nos propón reconectar coa terra e coa clase traballadora galega.

A perspectiva queer do folclore 26.04.2024

Co proxecto performativo Todo o mundo é contra min-eh o artista explora a liberdade da cultura popular. Comeza en Vimianzo a nova edición das Residencias Paraíso. Falamos con Sergio Marey

Labirintos de activismo educativo 26.04.2024

Visitamos a mostra "A táctica do colibrí" que, inspirada nos antigos gabinetes de curiosidades e galerías de pinturas, afonda no activismo educativo en defensa dos dereitos humanos. A través das experiencias de varios artistas contemporáneos, convida ao espectador a elixir o seu propio percorrido por corredores labirínticos. Falamos co seu director, Chema Mesías, e cun dos artistas parti...

A crónica deportiva 26-04-2024 26.04.2024

O Celta busca mañá en Vitoria achegarse á salvación.  Diego Martinez, presentado coma seleccionador galego, avanza que Iago Aspas será o capitán da Irmandiña.

A Revolución dos Caraveis en primeiro plano 25.04.2024

João Afonso - sobriño de Zeca Afonso - e Uxía Senlle promoven unha xira de concertos en conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis. Fan parada tamén en Galicia. En Santiago arredor de 1000 persoas están apuntadas para cantar o Grândola nas inmediacións do Burgo das Nacións.

'O especialista' e 'Rivais' 25.04.2024

Moncho Lemos tráenos dúas estreas: 'O especialista', con Ryan Gosling como protagonista; e 'Rivais', un trío de deportistas no que manda Zendaya.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.