AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2913 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

As programacións escénicas á procura dun novo modelo 23.05.2024

Comezan en Mariñán as II Xornadas da Academia Galega de Teatro .“O deseño das programacións teatrais galegas: á procura dun modelo cooperativo” reúne a compañías e profesionais dos concellos. Falamos con Xavier Castiñeira, coordinador das xornadas

A crónica deportiva 23-05-2024 Video 23.05.2024

O Celta prepara a festa de despedida da temporada en Balaídos. O Racing Club Ferrol pon o cartel de billetes esgotados. Moitos xogadores do Depor tinguen o pelo de prata como sorpresa e agradecemento á afección. 200 seareiros granates estarán no Benito Villamarín. O xogador do CD Lugo Nacho Quintana marcha á 2ª. O ferrolano Adri deixa o fútbol sala ós 38 anos.

O misterio de Santalla de Bóveda 22.05.2024

Viaxamos ata o conxunto arqueolóxico de Santalla de Bóveda. As modernas técnicas de investigación están proporcionando novas vías para entender un monumento que, até o de agora, era un dos grandes misterios do pasado romano en Galicia.

O galego nos videoxogos 22.05.2024

Con Luz Castro analizamos nesta ocasión a presencia do galego no sector dos videoxogos.

Xosé Lois Romero presenta “A mulher lyrio”. 22.05.2024

“A mulher lyrio” é a BSO da obra de teatro “Manuela Rey is in da house”, unha coprodución do CDG que recupera a memoria da actriz. Falamos co músico e compositor Xosé Lois Romero

A crónica deportiva 22-05-2024 22.05.2024

O Celta Fortuna nos sabe se contará con Damián e Hugo Álvarez nos play offs. O Racing Club Ferrol non quere botar contas, só gañar o domingo. O porteiro do Depor Alberto Sánchez fala do seu debut. A Deputación de Pontevedra colocará unha pantalla xigante para ver o Betis Deportivo - Pontevedra CF. En Sevilla agárdanse 35º de temperatura ambiente

A pulsión xeométrica de Menchu Lamas 21.05.2024

Regresamos ás pinturas da viguesa Menchu Lamas, a precursora que nos anos 80 estableceu os primeiros lazos entre modernidade e tradición, entre o abstracto e o figurativo. A galería Luisa Pita de Santiago acolle unha escolma de obras de Menchu Lamas dos últimos 5 anos. Cadros de grandes formatos nos que as formas circulares e a pulsión xeométrica volven adquirir protagonismo.

'O teu perfil na miña sombra' 21.05.2024

Con Dolores Vilavedra falamos da obra 'O teu perfil na miña sombra', de Rexina Vega.

Seis séculos de música no Festival de Música Cidade de Lugo 21.05.2024

Gli Incogniti abría o Festival de Música Cidade de Lugo. 51 Semana de Música do Corpus que ata o 1 de xuño programa oito concertos. Falamos co secretario da Sociedade Filarmónica de Lugo, José Luís Díaz.

A crónica deportiva 21-05-2024 21.05.2024

Analizamos o Betis Deportivo con Antonio Fdez, ex adestrador do Pontevedra CF, e que vén de adestrar a Balonpédica Linense na mesma liga que o filial do Betis. Toni Kroos anuncia a súa retirada do fútbol ao remate de temporada. Claudio Giráldez estará o martes 28 na asociación Afiador de Ourense No Noia FS, Henrique e Edu Jabá finalizan a relación co club despóis de tres temporadas.

Entre bosques de algas 20.05.2024

Imos somerxernos no fondo do mar para descubrir bosques de algas a través da mostra "Retrato dun bosque de laminarias", da artista viguesa Elena Alonso. Unha exposición na que combina pinturas coloristas, vídeo e realidade aumentada para poñer en valor estes ecosistemas mariños e concienciar sobre a súa conservación.

Un repaso dos Martín Códax 20.05.2024

Con Emilio Españadero repasamos os principais premiados dos Premios Martín Códax: Os Melidaos, Caamaño & Ameixeiras, Miudiño Sessions, A Arca da Noe... e un avance do próximo 'Lume na palleira'!

A crónica deportiva 20-05-2024 Video 20.05.2024

Actualidade deportiva

Tito Refoxo, Xaime Varela e Miguel Faus 18.05.2024

Noutro sábado de cine acollemos ó actor Tito Asorey, que estrea no Festival de Cans a súa primeira curtametraxe, titulada "Nai", con banda sonora de Moura. Con Xaime Varela anticipamos a impactante historia de Carlos Asorey Martínez, un documentalista oculto que filmou á emigración galega en París e traballou na TVG. Os seus filmes e súa historia sairán á luz na Sección Cineherdanzas do...

Susana Villalta: "Luísa segue formando parte de min” 17.05.2024

Susana Villalta celebrou no GxD o Día das Letras e compartiu recordos da súa irmá: “estaría fondamente emocionada e participaría de todo isto”. “Luísa segue formando parte de min”.

Especial Diario Cultural Luisa Villalta 17.05.2024

Poeta, narradora, ensaísta, dramaturga e música, o perfil da autora complétase tamén desde o activismo social e político, o feminismo ou a defensa da lingua e a cultura galegas. Isabel Freire asina este programa dunha hora de duración no que podemos escoitar a numerosas voces entorno á figura de Villalta. Tanto a traxectoria vital como a profesional, social e política forman parte do especial no q...

"O teatro de Luísa foi volvéndose cada vez máis profundo e complexo" 16.05.2024

Co profesor e especialista en teatro galego Henrique Rabuñal analizamos a actividade teatral de Luísa Villalta. Escribiu cinco obras e deixou algún material inédito.

'Disco, Ibiza, Locomía' e 'Calladita' 16.05.2024

Con Moncho Lemos repasamos as principais novidades da carteleira: 'Disco, Ibiza, Locomía, dirixida por Kike Maíllo; e 'Calladita', de Miguel Faus

As accións performativas transforman Compostela. 16.05.2024

15 artistas no programa da quinta edición do Festival Plataforma que se desenvolve en distintos espazos Santiago ata o 25 de maio. Falamos con Mónica Maneiro

A crónica deportiva 16-05-2024 16.05.2024

Polideportivo

"Luísa era unha persoa sempre ávida de coñecemento" 15.05.2024

O compromiso de Luísa Villalta foi moi importante. Implicouse, estimulou a reflexión crítica, creou opinión e tomou partido. Á súa beira hai unha amiga que comparte ese cariño: a profesora, ex-deputada do BNG e escritora Pilar García Negro.

Sons adormecidos 15.05.2024

Con Luís Miguel Crespo repasamos os vindeiros concertos da Real Filharmonía de Galicia e da Orquesta Sinfónica de Galicia.

“A pel di todo”. A pel do Museo abre Infiltracións. 15.05.2024

O Museo de Pontevedra revisa a súa colección no ciclo Infiltracións que abre a artista Mónica Alonso coa mostra “A pel do museo”. Falamos con Monica Alonso e Iñaki Martínez Antelo, comisario do ciclo.

A crónica deportiva 15-05-2024 15.05.2024

Celta-Athletic Club

Pancho Pillado e Luísa Villalta: unidos pola música, a literatura e a cultura galega 14.05.2024

Ana Pillado é unha das fillas de Pancho Pillado, o que foi editor de Luísa Villalta, ademais do seu mentor e amigo. Uníronos a música, a literatura e o amor pola cultura galega. Isabel Freire mantivo unha conversa con ela.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.