AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2913 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Fume santo de loureiro 31.05.2024

Falamos cos Moura do seu último disco ´Fume santo de Loureiro`. Un EP que contén as catro cancións que conforman a banda sonora da curta ´Nai`.

'O xeito á cantigha' de Alana 31.05.2024

Alana son Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro, e acaban de publicar o seu primeiro disco. As cancións de 'O xeito á cantigha' están baseadas en recollidas populares que combinan con pop e electrónica. Este verán actuarán no concurso Runas do Festival de Ortigueira

Lecturas de luar 31.05.2024

Eva Mejuto tráenos tres libros que exploran a fascinación que a lúa inspira, sobre todo no lectorado miúdo. Noites confinadas, de Chema Mesías, Ilduara Penas e David Catalá; o poemario Máxica Lúa, de Xoán Neira, con ilustracións de Lucía Barrios, e o clásico contemporáneo A que sabe a Lúa, de Michael Grejniec.

A crónica deportiva 31-05-2024 31.05.2024

A Irmandiña regresa ante Panamá  en Balaidos no que suporá unha festa de futbol galego. Repasamos con Roberto Carlos Carballo e Andres Vieites a última hora da Irmandiña. Haberá un Galicia en Goles especial dende as 19:45.

Outras historias posibles 30.05.2024

"Outras historias posibles" celebra as traxectorias de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré como exemplos da diversidade creativa na arte contemporánea. A mostra reivindica a estas artistas galegas, que despuntaron nos 80’s peronon gozaron da visibilidade merecida debido aos condicionantes de xénero Falamos con Susana Cendán, que foi...

Dúas pelis para a finde 30.05.2024

Moncho Lemos tráenos dúas estreas; -Back to Black, un biopic amable sobre Amy Winehouse. -La mujer dormida, unha historia que mestura drama e misterio co paranormal e que progagoniza o galego Javier Rey.

S8: A periferia é o centro. 30.05.2024

A Mostra S8 revisa a filmografía de Narcisa Hirsch e estrea o novo filme de Annalisa D. Quagliata “A creatividade que as mulleres están aportando ao cinema é a protagonista pero dunha maneira natural. É máis do 90% da programación”. Falamos con Angel Rueda codirector de S8

A crónica deportiva 30-05-2024 30.05.2024

Falamos con Diego Martínez das dificultades e da ilusión da convocatoria da Selección Galega. Boas sensacións no RC Deportivo logo do 2 a 1 co CD Castellón no derradeiro partido da temporada en Riazor. O Uni Ferrol busca apoios económicos para poder saír na Eurocup. Precisa uns 140 mil €.

O frío, a estrea de Pablo Dopazo 29.05.2024

O frío é a primeira dunha nova produtora que aposta por outras formas de facer cinema. “Falta un compromiso coa xente que filmas e á que filmas”. Falamos con Pablo Dopazo director da curta galardoada no festival de Cans.

Dous programadores no Galicia Escena Pro 29.05.2024

Falamos cos programadores culturais de Ordes, Santi Nieto, e de AGuarda, Teresa Espejo. Están asistindo á feira Galicia Escena Pro, en Compostela, e mergullámonos con eles nesta cita imprescindible para os profesionais do sector

A mansión dos anxos 29.05.2024

Luís Miguel Crespo tráenos un disco que recolle músicas de salón de compositores pontevedreses dos séculos XIX E XX

A crónica deportiva 29-05-2024 29.05.2024

O adestador galego afincado en Castellón, David Caneda, fálanos do rival do Deportivo. Mario Gómez, defensa central do Pontevedra CF, di que sairán co Betis igual que fixeron co Dep. Aragón. No Racing Club Ferrol Ander Cantero, o máis destacado de toda a temporada.

A fuxida de Cristina Rey 28.05.2024

 A nosa prescriptora de libros tráenos A Fuxida, de Cristina Rey Vázquez. É unha novela sobre a migración e unha alegación contra o racismo. De protagonismo feminino, incide na necesidade dos lazos de sororidade para enfrontar as situacións máis difíciles da vida dos personaxes, que transcorre entre Vigo e Ecuador

Legado Coidado, arte comunitaria para o Pasatempo 28.05.2024

Conversamos con Carme Nogueira, a artista e investigadora que realizou esta intervención no Parque do Pasatempo de Betanzos despois dun proceso participativo veciñal. Escoitamos tamén o mediador Fran Nogueira, do proxecto Concomitentes, que canalizou a iniciativa.

Sara Herranz dialoga con Simone de Beauvoir 28.05.2024

Mónica Maneiro comenta a exposición 'Sara Herranz & Simone de Beauvoir' que pode visitarse na galería Dupla de Santiago ata o 14 de xuño. A ilustradora canaria dialoga coa obra da escritora e pensadora francesa, figura clave do feminismo e o existencialismo.

A crónica deportiva 28-05-2024 28.05.2024

Analizamos o máis destacado da comparecencia de Marco Garcés, director deportivo do RC Celta. O RC Deportivo ten 9 baixas para recibir ao Castellón na ida da final polo campionato da 1ª RFEF. No CB Breogán, Salva Arco asume a función de director xeral e Tito Díaz continúa "só" como director deportivo.

Tres novos arqueólogos 27.05.2024

Conversamos con Carlos Vázquez, Israel Gázquez e Brahim Ouhdach, tres estudantes do máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade que imparten as tres universidades galegas. Con eles e con Mario César Vila falamos da formación dos futuros arqueólogos, das súas expectativas profesionais e ata da música que escoitan. 

XI Galicia Escena Pro: o mercado do que vai vir. 27.05.2024

A Feira das artes escénicas reúne dende hoxe e ata o 30 de maio en Compostela a 200 profesionais da programación teatral. Preséntase 20 espectáculos nun programa aberto público, que organizan Agadic e Escena Galega. Falamos con Juan Rodríguez

A crónica deportiva 27-05-2024 27.05.2024

O dianteiro do Real Madrid Joselu, único galego coa selección española. O Celta remata 13º na 1ª División. O Racing de Ferrol queda sen opcións polos play offs de ascenso. O Depor comeza, con moitas baixas, a prepara-lo partido deste mércores co Castellón. O Pontevedra CF confía en Pasarón para o ascenso.

Sala 5 no festival de Cans 25.05.2024

Nesta ocasión, Begoña Vázquez desprazouse ata Cans para contarnos todo o que aconteceu no festival.

Unha volta por Cans 24.05.2024

O Festival de Cans é esa versión rural, divertida e moito menos comercial que do festival de cine francés. Na vixésimo primeira edición pasarán polo Porriño David Trueba, María Vázquez e moitas outras personalidades do audiovisual. Falamos co director do festival, Alfonso Pato.

"Os actos e as profecías" 24.05.2024

Afonso Becerra tráenos a última montaxe do Centro Dramático Galego: "Os actos e as profecías", unha obra dirixida por Tamara Canosa e que xira arredor dos "talent shows".

Acordamos cartografía: os lugares de memoria 24.05.2024

Do agrarismo ao ensino libre ou a organización colectiva contra os abusos. Preséntase en Cans o documental 'Acordamos'. Conversamos con Uxía, directora do filme.

A crónica deportiva 24-05-2024 24.05.2024

O FC Barcelona despide a Xavi Hernández. O Racing Club Ferrol recibe ao líder na Malata. Sabin Merino fala na previa.  O RC Deportivo e o Concello da Coruña asinan o convenio para o uso de Riazor. O Pontevedra CF sabe da calidade e capacidade do Betis Deportivo. Fala Iago Iglesias na previa. No Obradoiro, presentado o novo director xeral e ex do Oviedo, Héctor Galán. O club terá un orzamento de 2...

'Furiosa' e 'Segundo premio' 23.05.2024

Con Moncho Lemos repasamos as novidades da carteleira: 'Furiosa', de George Miller; e 'Segundo premio', de Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.