AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O último de Vacaburra 07.06.2024 30:57
Afonso Becerra fálanos de ´Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos. Conferencia freak en formato desbordado arrededor da lectura escénica dos corpos sexuados`. Un espectáculo de Vacaburra en formato de conferencia performativa que abría en Vigo a programación cultural no mes LGTBIQ+
17 anos de Millo Verde 07.06.2024 30:57
O Festival Alternativo Millo Verde de Redondela chega á súa décimo sétima edición. Na área recreativa da praia de Cesantes soará esta fin de semana a música de grupos como Dios ke te crew, La Sra. Tomasa, Os Vacalouras, Catuxa Salom ou Sun Iou.
Xuño lector e orgulloso 07.06.2024 30:57
As recomendacións lectoras para un mes de xuño orgulloso de Eva Mejuto: Elisa e Marcela, a publicación que recolle o texto da peza teatral do mesmo nome que a compañía A Panadaría levou por toda a Península e mais A receita do queixo lunar, de Paloma de Toro e Nuria Díaz.
Seminario Arquivos de artistas. Ferramentas para a investigación nos Museos 07.06.2024 15:58
“Os museos teñen as ferramentas para achegar os materias de arquivo a públicos máis diversos”. Mela Dávila Freire analiza no Seminario Arquivos de aristas as posibilidades que abre para o museo a incorporación de conxuntos documentais aos seus fondos e articula seis propostas para a próxima década. Falamos coa investigadora.
A crónica deportiva 07-06-2024 07.06.2024 29:58
O Celta Fortuna busca asaltar a Rosaleda
Encontro de poetas 06.06.2024 30:55
Viaxamos con Vituco Neira ata a Casa da Matanza para falar con Chus Pato, Bernardo Atxaga e Andrea Núñez da nova edición de ´Rosalía en camiño`. Este encontro de poetas desenvólvese dende hoxe ata o sábado.
As estreas da semana 06.06.2024 30:55
Moncho Lemos tráenos dúas de acción/comedia para ver comendo flocos de millo: ´Asesino por casualidad`e ´Dos policías rebeldes 4`.
O FunFunFun medra na súa sexta edición 06.06.2024 10:51
Debullamos o programa da sexta edición do FunFunFun, o Movidote de autoedición e banda deseñada independente, que este ano acolle o Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago. Feira de fanzines, obradoiros, perfomance, música e xornadas académicas polas que nos guían Manuel Barreiro e Maru Astray.
De Marián a Eilen Jewell 06.06.2024 16:30
A escolma de Tito Lesende comeza esta semana con 'Playmóbil', a nova canción de Marián. As rimas dos composteláns Boyanka Kostova e das viguesas Vértebras guíannos pola axenda de concertos, na que tamén atopamos a estadounidense Eilen Jewell. Poñemos o ramo con máis 'americana' no disco homenaxe a Lowell George.
A crónica deportiva 06-06-2024 06.06.2024 29:58
Presentado Gonzalo Rodríguez Palmeiro coma 1º adestrador do Obradoiro. Conta con Víctor Pérez no seu corpo técnico. Carlos Mouriz fai balance da temporada do Racing Club Ferrol e recoñece que lle fixeron ofertas para traballar noutros clubs.
Videoxogos a prol da natureza 05.06.2024 30:57
A nosa experta en videoxogos tráenos hoxe tres propostas que comparten un mesmo obxectivo: concienciar sobre a defensa do medio natural. Trátase de *Endling, extinction is forever. *Plasticity. *Alba, una aventura mediterránea
'Saudade sempre' 05.06.2024 30:57
Mentres escoitamos 'Saudade sempre', o seu novo disco, falamos con Cibrán Tenreiro de música, o acceso á cultura, cartos, expectativas vitais e desexos tramposos
“Agony in the garden” de Lúa Ribeira en PHotoespaña 05.06.2024 15:58
A fotógrafa indaga na escena do drill e trap na mostra que presenta no festival. “Trátase de intentar entender estas linguaxes, prestar atención a esta expresión”. Lúa Ribeira reflexiona sobre a relación destas linguaxes co presente distópico, de crises financieiras, migratorias e mediomabientais. A fotógrafa da axencia Magnum participa tamén no proxecto Llibrets de Festes. Falamos con Lúa Ribeir...
A crónica deportiva 05-06-2024 05.06.2024 29:57
O RC Celta espera a resolución do play off do Fortuna de cara a tomar decisións para o futuro dos xogadores. Míchel Alonso presentado como adestador do SC Arosa Analizamos con Roberto Anidos a decisión do CAB Obradoiro de darlle a Gonzalo Rodríguez Palmeiro a dirección do equipo.
Cine para a rapazada no S8 04.06.2024 30:57
O festival S8 acolleu onte na Domus coruñesa unha xornada de cinema para rapaces. Canda eles tamén estivo Vituco Neira
A viaxe de meu pai 04.06.2024 30:57
Dolores Vilavedra tráenos hoxe A viaxe de meu pai, un libro que recolle notas e cartas escritos dende a fronte de guerra entre abril do 37 e xullo do 39. O curioso deste volume é que o publica Fernando Pereira cos escritos reais do seu proxenitor
Escolas e museos como ferramentas de transformación social 04.06.2024 14:19
Baixo o título 'Museos situados: xestión, educación e territorio', a 22ª edición das Xornadas Pedagóxcias da RMPL reúne escolas e museos que impulsan accións comunitarias na súa contorna, desde centros escolares rurais ao Museo do Prado ou o Museu Nacional d'Art de Catalunya.
Silencios da arte galega 04.06.2024 30:57
A exposición 'Outras miradas posibles' reúne obras de seis artistas nadas na década dos 50. Mónica Maneiro comenta esta mostra, comisariada por Susana Cendán, que recupera os nomes de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.
Caleidoscopio: Comeza XMC´24. 04.06.2024 15:58
Sete concertos e un espectáculo de danza con música e directo na nova edición das Xornadas de Música Contemporánea que se desenvolven en tres espazos da cidade de Santiago. “A xente ten menos prexuízos. As persoas veñen para coñecer algo diferente” Falamos con Silvia Modia, subdirectora do Auditorio de Galicia.
A crónica deportiva 04-06-2024 04.06.2024 29:58
Cristobal Parralo renova unha temporada no Racing Club Ferrol, que tamén conta con Carlos Mouriz no cargo de director xeral e deportivo. No RC Celta, presentada a nova camiseta da temporada 24/25, na que están serigrafiados os 313 concellos de Galicia. Falamos co responsable de márketing Nathan Lutch Riveiro.
A verbena do Rella 03.06.2024 30:55
O sábado día 8 celébrase en Ramirás unha nova edición de A verbena do Rella. Música e bailes tradicionais, obradoiros, concertos e ata comida típica...dende a mañá ata ben entrada a madrugada. Con Emilio Españadero
Que di a neurociencia sobre o libre albedrío? 03.06.2024 30:57
Ciencia, literatura e música con Estíbaliz Espinosa
María Luísa Nache, unha galega na Ópera 03.06.2024 30:55
Este ano celébrase o centenario do nacemento da soprano coruñesa María Luísa Nache. Dsta cantante lírica galega, que chegou a compartir escenario coa Callas, apenas se conservan tres gravacións en directo. A investigadora Marieta Lorenzo guíanos pola súa vida .
A crónica deportiva 03-06-2024 Video 03.06.2024 29:58
Temporada de éxito e espectáculo para o RC Deportivo. Escoitamos aos protagonistas. Pau moi duro para o Pontevedra CF, que non alcanza o ascenso ante máis de dez mil especatores en Pasarón. O Racing Club Ferrol ten que dedicir se seguen Carlos Mouriz e Cristóbal Parralo.
Facemos balance da Galicia Escena Pro 31.05.2024 30:57
Balance da Galicia Escena Pro, que vén de rematar en Compostela a súa edición número once cun éxito rotundo, sobre todo dos espectáculos de danza
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.