AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2913 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Xardíns históricos galegos 14.06.2024

Falamos co arquitecto Ricardo Varela, experto na materia, dos xardíns históricos que hai en Galicia. Son coñecidos? Corren perigo?

Atopar a mesura na danza 14.06.2024

Mesura, da bailarina e coreógrafa Raquel Ferradás. Ás 20h en Xunqueira de Espadanedo

Música en directo á beira do río 14.06.2024

Volve o Surfing the Lérez á Illa das Esculturas de Pontevedra. Un festival de balde, solidario, á beira do río Lérez, no que escoitar a Hydn, Boyanka Kostova, Niños Mutantes, Nena Daconte, Terbutalina, Grande Amore, Joe Crepúsculo ou The Rapants, entre outros.

Vampiras e outras criaturas 14.06.2024

Eva Mejuto proponnos hoxe Adeline, de María Solar, unha novela xuvenil de vampiras lesbianas, e XE, un álbum ilustrado infantil de Laura Boubeta e Sara Valcárcel

Glifo, a procura dunha linguaxe escénica propia e orixinal. 14.06.2024

Preséntase como unha obra de artes varias chea de marabillas visuais e sonoras. Glifo reúne no Teatro Ensalle de Vigo distintas intérpretes e investigadoras nunha creación de Montse Piñeiro: “é un xoguete escénico no que a xente pode entrar, observar e participar se quere”. 

A crónica deportiva 14-06-2024 14.06.2024

O RC Celta avanza nas previsibles saídas de Gonçalo Paciencia e Manu Sánchez. Presentada Vicky Vázquez como adestradora das Celtas. Iago Iglesias segue como adestrador do Pontevedra CF. O CD Lugo cesa ao director deportivo David Peláez. Estamos con Jose Antonio "Cohete" Suárez no 57 Ralli de Ourense.

Dúas de suspense 13.06.2024

As estreas da semana; *La bandera, comedia dramática  dirixida por Hugo Martín Cuervo  e escrita por Guillem Clua, que adapta a súa obra de teatro Al damunt dels nostres cants.​ Con Imanol Arias, Ana Fernández, Miquel Fernández, Aitor Luna e Antón Lofer.  *Sleeping dogs, película estadounidense de suspense e misterio criminal que supón a estrea na dirección de Adam Cooper. Está protagonizada por R...

As portas da cidade 13.06.2024

Ignacio Pérez-Jofre percorre a cidade buscando significados e obxectos, que se converten en ideas e soporte físico para o seu traballo artístico. A súa nova exposición abre portas, literalmente, para desvelar que hai dentro delas. 'Abrir una puerta' pode visitarse no Espazo SVT de Vigo. 

Do stoner rock á rancheira mariñá 13.06.2024

A escolma musical de Tito Lesende ábrese esta semana con Queens of the Stone Age, que actuarán o 18 de xuño na Coruña, acompañados de Bala. Entre as novidades, 'O Movemento' de Sheila Patricia, producido por Berto, e un aperitivo dun novo proxecto, RSK Emocional. Poñemos o ramo cunha rancheira mariñá de 'Basal', o disco que está a piques de publicar A Pedreira.

Habitar o baleiro: unha década de traballo de documentación do rural galego 13.06.2024

Habitar o baleiro rexistra un rural que esmorece e as novas formas de vida que asoman. O Museo do Pobo Galego acolle a exposición con fotografías de Brais Lorenzo: “Propuxémonos mostrar as luces e as sombras”. Unha exposición coordinada por Tono Arias: “O rural en Galicia é como se pasara un terremoto”. Falamos con eles.

A crónica deportiva 13-06-2024 13.06.2024

Destacamos con Víctor López as novidades e límites da campaña de abonados do RC Celta. Javi Rey deixa o CD Arenteiro e é candidato a adestrar á SD Ponferradina. Escoitamos na Selección Española a Dani Olmo.

Remata a temporada sinfónica 12.06.2024

Repasamos os concertos sinfónicos que quedan para o remate da tempada.

Música, teatro e humor en 'Molto Barroco' 12.06.2024

Clásicos do Barroco interpretados con marimba, unha historia de enredos nunha corte europea, malabares, bailes e moito humor. Son os ingredientes de 'Molto Barroco', o terceiro espectáculo de Píscore Teatro, unha compañía formada por catro músicos metidos a teatreiros. Estreada en 2023, a montaxe chegará no mes de xullo ao festival internacional de Almagro e no outono xirará polo Cantábr...

“Dar esperanza, facer reflexionar” na mostra Dende o lugar que buscamos 12.06.2024

O artista presenta na asociación Évame Oroza a  exposición  Dende o lugar que buscamos que reúne os traballos “As casiñas dos desexos” e “Fronteiras”. “O que define cando algo é arte é o seu contido poético”. Falamos con Tono Carbajo

A crónica deportiva 12-06-2024 12.06.2024

Analizamos a comparecencia de Máximo Benassi e Fernado Soriano no RC Deportivo. Falamos con Míchel Salgado ao remate da presentación do seu Campus MS2 CUP na sede do RC Celta . O Burela feminino xogará o primeiro partido da final polo título co Futsi este sábado en Vistalegre ás 10:00h por imperativo televisivo. 

O escritor na súa terra: Euloxio Ruibal 11.06.2024

Euloxio Ruibal, escritor, académico e renovador da dramaturxia galega contemporánea, será o sábado en Compostela O escritor na súa terra. A homenaxe da AELG inclúe que semente en Galeras unha abeleira. Con el falamos.

Un anarquista de Diego Ameixeiras 11.06.2024

Dolores Vilavedra recoméndanos hoxe Un anarquista, de Diego Ameixiras, do que di "é alta literatura"

Un nipogalego na RAG 11.06.2024

Conversamos co filólogo Takekazu Asaka, embaixador da nosa lingua no Xapón durante décadas, e agora recoñecido pola RAG como académico de honra. Tradutor ao xaponés de Rosalía de Castro, Cabanillas, Novoneyra ou Martin Codax, Asaka ensinou galego no Xapón e publicou manuais de aprendizaxe da lingua desde o xaponés. Conversamos con este 'nipogalego' en Cambados, unha vila que coñece en pr...

Fotografar o regreso á terra 11.06.2024

'Un lugar desprazado coma o meu corpo' é o título da mostra fotográfica de Sabela Eiriz que acolle a galería Néboa de Lugo e que pode visitarse ata o 29 de xuño. Conversamos con Alba López Porto, directora de Néboa, sobre esta exposición e sobre o proxecto da galería, inaugurada a finais de novembro de 2023.

Os desafíos de investigar obxectos de estudo vivos 11.06.2024

Co propósito de crear redes e propiciar espazos de comunicación a Universidade da Coruña acolle o III Encontro Investigador de proxectos en curso. “Estudar a poesía das dúas últimas décadas ofrece desafíos, estás traballando cun obxecto de estudo vivo”. Falamos co investigador e coordinador do encontro, Isaac Lourido.

A crónica deportiva 11-06-2024 11.06.2024

Valoramos con Uxío da Pena a chegada de Lolo Escobar ao CD Lugo. O dianteiro lucense xogou ás súas ordes no Salamanca Cf UDS. Na selección española, Pedri agradece a Luís de la Fuente o seu apoio cando estaba mancado. Día de fichaxes no Celta Baloncesto e no Uni Ferrol.

Homenaxe a Dorothé Schubarth 10.06.2024

Con música, baile e palabra o Consello da Cultura Galega (CCG), o Museo do Pobo Galego e o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG-USC) celebran o mércores vindeiro un acto de homenaxe para lembrar a figura de Dorothé Schubarth (Basilea, Suíza, 1944-2023). Investigadora da música tradicional, autora do Cancioneiro popular galego, compositora e profesora... dela falamos con Antón Santamarina e Isabe...

A festa na Carballeira de Zas 10.06.2024

Emilio Españadero adiántanos parte do programa da Festa da Carballeira de Zas, que o 9 de agosto arranca a súa 39 edición. Escoitamos a Cantometrics, que o domingo vindeiro estarán no Lume na palleira

Os camiños na Historia de Galicia 10.06.2024

Percorremos a Historia de Galicia a través das vías de comunicación, con Mario César Vila como guía. Desde as vías naturais e pasos de animais da Prehistoria ás autoestradas e vías férreas do presente, pasando polas vías romanas ou os Camiños Reais. 

A crónica deportiva 10-06-2024 10.06.2024

O Celta C Gran Peña xogará co Salamanca CF UDS polo ascenso á 2ª RFEF. Falamos co adestrador Luís Bonilla. O porteiro Manu Táboas deixa entre bágoas o Arousa SC, logo de 6 temporadas e por incompatibilidade laboral. Falamos con Isma, do Burela FS, autor de 3 goles en Antequera, e a unha vitoria do regreso á LNFS.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.