AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2913 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Cía IO 21.06.2024

Álvaro Reboredo "Fiti" é un artista de circo que acaba de graduarse na Escola Superior de Arte Dramática. Á fronte da súa propia compañía, IO, convertirá en espectáculo o seu TFG.

Carabela navegan 'A noite' 21.06.2024

Carabela preséntannos o seu segundo EP, 'A noite', no que crean atmosferas oníricas que combinan a calidez da voz humana e os sons sintéticos. Conversamos con Ana Moas e Pablo Pazos, dous dos membros deste cuarteto de Noia.

Lecturas adolescentes 21.06.2024

Eva Mejuto despídese antes das vacacións con dous libros sobre sexo destinados a adolescentes. Puberdade en marcha, traducido ao galego por Iago Nicolás e publicado por Kalandraka,  pensado para rapazada entre os 11 e 13 anos e Sexualidades, da sexóloga e influencer Isa Duque. Despedímonos con música de jazz e a novela Trompeta, de Jackie Kay, en versión galega de María Reimóndez e publicada por H...

Máis alálá, unha exploración poética, sonora e visual 21.06.2024

O escritor e performer Xelís de Toro e o músico Alejandro Vargas publican 19 postais sonoras con imaxes de Manuel Vilariño. Máis alálá é un obxecto artístico literario a partir dos poemas de De catro a catro. Música improvisada e poesía sonora nun traballo do que falamos con Xelís de Toro: “Ao aspecto sonoro das palabras non se lle dá a importancia que ten”.

A crónica deportiva 21-06-2024 21.06.2024

O España 1 - Italia 0 é a transmisión televisiva máis vista do ano. Supera os oito millóns e medio de espectadores  Falamos conRoberto González, de Ordes, que estivo no España 1 - Italia 0. O Racing Club Ferrol está moi preto de asinar cun dianteiro centro e a un extremo. O CD Lugo ficha como coordinador da base a David Páez.

Dique. Marta Pazos dirixe o novo espectáculo de Nova Galega de Danza 20.06.2024

“Dique tamén cuestiona a cultura do esforzo” Hai 150 anos 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos sobre as súas cabezas. A escavación do Dique da Campa de Ferrol centra o espectáculo que dirixe Marta Pazos: “Para min é importante honrar o legado para sementar o que vén”. Falamos coa directora e co responsable de Nova Galega de Danza, Jaime...

Del revés 2 e Alumbramiento 20.06.2024

Xa está nos cines Del revés 2. Agora coa nena protagonista entrando na adolescencia da man de dúas emocións máis. A outra película que nos trae Moncho Lemos é Alumbramiento, que aborda o internamento de adolescentes embarazadas e o roubo de bebés na España dos 80’s

Arte e física, mirando xuntas máis alá 20.06.2024

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías conmemora o seu 25 aniversario cunha exposición de arte realizada en colaboración co departamento artístico do CERN. 'Instrumentos de visión' achega vídeos e fotografías do artista italoalemán Armin Linke sobre as complexas ferramentas que a ciencia contemporánea utiliza para investigar a composición da materia.  A comisaria da mostra é a co...

Voces do Gozo Festival 20.06.2024

Escoitamos con Tito Lesende os artistas que participarán no Gozo Festival, o 6 de xullo en Santiago. De Ed Sheeran a Fillas de Cassandra, pasando por Bomba Estéreo, Mon Laferte, Angelina Mango e Milky Chance.

Arranca a sétima edición do Clasclás 20.06.2024

Tiro de saída para a sétima edición do Clasclás, o festival internacional de música clásica que ten lugar en Vilagarcía. Falamos coa directora do Conservatorio profesional e tamén do certame, Rosina Sabrido

A crónica deportiva 20-06-2024 20.06.2024

A Selección española xoga contra Italia.

O legado de Enrique Macías 19.06.2024

“O meu irmán era un gran intelectual moi descoñecido” 29 anos despois da morte do compositor a familia atopa o espazo para os materiais que conforman o arquivo de Enrique Macías. “Queremos que ese material poda ser estudado e darlle valor ao seu traballo”. Falamos con Xabier Macías, irmán do compositor, e con Roberto Oliveira, investigador e responsable da dixitalización do legado.

Xerme 19.06.2024

Luz Castro tráenos na súa derradeira colaboración da tempada Xerme, de Acariño Games, unha aventura de descubrimento coa enerxía coma protagonista. Tamén nos recomenda achegarnos ao Museo do Videoxogo de Cangas, que acaba de abrir un salón Arcade.

Las Edades del hombre 19.06.2024

Santiago acolle a exposición itinerante de arte sacra Las edades del hombre. “Hospitalitas” comparte sede entre Compostela e Vilafranca do Bierzo. Pode visitarse ata novembro na catedral e no mosteiro de San Martiño Pinario. Falamos co comisario da mostra, Ramón Yzquierdo

A crónica deportiva 19-06-2024 19.06.2024

O Uni Ferrol competirá en Europa e presenta a Blanca Millan. O ourensán Javi Rey, ex do CD Arenteiro, é o novo adestrador da SD Ponferradina. O hinmo do centenario "Oliveira dos Cen Anos", de C .Tangana, gaña tres premios no Festival Internacional de Creatividade de Cannes.

O nadador 18.06.2024

Dolores Vilavedra remata tempada con O nadador, de John Cheever, traducido ao galego por Moisés Barcia para Rinoceronte. Personaxes adúlteros, nómades, insatisfeitos que desexan evadirse e mudan de vida nun instante… Este é o quinto dos seis volumes de contos que publicou John Cheever, e o mellor de todos eles, segundo a crítica.

O 'Amuleto' de Grampoder 18.06.2024

Roi Fernández e Martiño Suárez forman Grampoder, un dúo nacido das cinzas do grupo The Homens que acaba de publicar o seu terceiro LP. 'Amuleto' aproveita ao máximo o formato de guitarra e batería para soster cancións que narran o desencanto vital de toda unha xeración. 

'Simbiose', gráfica seriada e expandida 18.06.2024

Mónica Maneiro comenta a exposición 'Simbiose', unha mostra de gráfica expandida na que presentan as súas creacións 24 artistas de España e Portugal, entre eles un bo número de membros do grupo dx5 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A mostra forma parte dun proxecto artístico Foro Internacional de Creación na Fronteira 'O múltiple que ocupa o espazo'.

Algo que brilla 18.06.2024

Na Avenida de Europa, en Vigo, agóchase un xardín botánico que é unha alfaia de biodiversidade. Estes días a Fundación Sales acolle unha bienal de arte multidisciplinar Falamos coa comisaria da mostra, Sandra R.G., e coa bióloga Patricia Vázquez.

A crónica deportiva 18-06-2024 18.06.2024

O porteiro polaco Michal Kaluza renova no Burela FS.Xa hai calendario completo da 1ª División. O RC Celta comeza co Alavés e co Valencia en Balaídos. Sergio Ramos di que xa cumpríu cos seus obxetivos no Sevilla e por iso marcha. Fredy Álvarez renova dúas temporadas no Celta Fortuna. Borja Fdez segue na UD Ourense.

Música tradicional para despedir a tempada 17.06.2024

Remata por esta temporada a colaboración do noso experto en música tradicional. Escoitamos a Ansuíña e Maré. E como adianto dos convidados de Lume na palleira do domingo vindeiro, Brincadeira e Os do fondo da barra.

Basal. Trenzando palabras. Pensar, sentir e actuar 17.06.2024

Preséntase como unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa. Basal  reúne nove cancións nun percorrido musical que explora diversos xéneros” Quería facer o disco máis libre desde que comecei con 25 anos”. Soará en concerto o día 23 no Teatro Colón: “penso a música como arte escénica”. Falamos con Ugía Pedreira do seu novo disco

'Future Stories', a mirada de 3 novos fotógrafos Video 17.06.2024

O peirao de Batería da Coruña volve acoller unha exposición de fotografía contemporánea. Neste caso, 'Future Stories', unha mostra que recolle series de tres fotógrafos novos, Umesh Graña, Sofía Taboada e Alba Jiménez. Os tres creadores tituláronse en Fotografía na Escola Mestre Mateo de Santiago e foron seleccionados pola Fundación MOP para un programa formativo sobre fotografía de moda...

Carricantas e satélites 17.06.2024

No Café Cósmico con Estíbaliz Espinosa falamos hoxe de carricantas e de enxames de satélites espaciais, con versos de Samuel L. París 

A crónica deportiva 17-06-2024 17.06.2024

O RC Celta valora a fichaxe de Borja Iglesias. Entraría na operación de Manu Sánchez, pretendido polo Betis. O Racing Club Ferrol traballa na fichaxe de Unai Vencedor, do Athletic, este ano cedido no Eibar. Escoitamos a Unai Simón coa selección de fútbol e a María Araújo, en Vigo, coa selección feminina de baloncesto.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.