AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O segredo do ourive 01.07.2024 30:57
Falamos coa directora luguesa Olga Osorio da rodaxe da súa nova película en Elciego. El secreto del orfebre, con Mario Casas e Michelle Jenner, adapta a novela do mesmo título de Elia Barceló. -------------------------------------
Vilar de Donas 01.07.2024 30:57
A igrexa lucense de Vilar de Donas, en Palas de Rei, chega aos oitocentos anos. Coñecemos algunhas das moitas curiosidades desta xoia do Románico
Merza prepárase para o Galaico Brass Festival 01.07.2024 30:57
Luís Miguel Crespo avánzanos o programa da cuarta edición do Galaico Brass Festival, que acolle a parroquia dezá de Merza entre 7 e 12 de xullo. Un encontro arredor dos instrumentos de vento metal que inclúe concertos, formación e convivencia, coa presenza de músicos de orquestras internacionais.
A crónica deportiva 01-07-2024 01.07.2024 29:58
Carlos Torrado regresa ao Arousa 6 anos despois.. Imos ata Alemaña para saudar a Jorge Paz, o noso celtista viaxeiro na Eurocopa. Javi Rey presentado coma novo adestrador da SD Ponferradina.
Deseño galego premiado 28.06.2024 30:57
A deseñadora Uqui Permui, alzouse co reputado Premio Europeo de Deseño, polas coloristas bolsas de sementes que creou para a empresa “Sementares”. Bolsas actractivas na aparencia externa e feitas con criterio sostible, xa que se fabrican a partir de fibras de tomate. A maiores, outros 3 estudios galegos recibiron galardóns por deseños de lámpadas de teito feitas con granito, libros bordados ou a w...
Danza para o Orgullo 28.06.2024 30:57
Dende Lyon, o noso experto en Artes Escénicas recoméndanos "Blondi", un espectáculo do bailarín e coreógrafo David Loira, co que reivindicar o Orgullo
A crónica deportiva 28-06-2024 28.06.2024 30:00
Falamos con Diego Diz, futbolista galego que xogou en Xeorxia, rival de España en oitavos. Ander Cantero está a pasar o recoñecemento médico co RC Deportivo. Miguel Loureiro, ex do Racing Club ferrol, CD Lugo e Pontevedra CF, homenaxeado hoxe polo Concello de Cerceda.
Principia en Cangas a Mostra de Teatro 27.06.2024 30:57
Inclusión e convivencia son os eixos da 41 edición da Mostra de Teatro de Cangas, que se celebra dende hoxe ata o 7 de xullo. O programa inclúe a última produción de Chévere: Helen Keller, a muller marabilla e 7 estreas absolutas. Falamos coa pregoeira, a actriz Patricia Vázquez, e coa directora artística, María Armesto.
Novidades na carteleira 27.06.2024 30:57
Hoxe falamos de dúas novidades na carteleira: *Casa en llamas, de Dani de la Orden. *Kind of kindness, de Yorgos Lanthimos
Teatro sobre rodas 27.06.2024 30:57
'De Vilatriste a Vilalegre' é o título da nova obra da compañía Teatro Ó Cubo, da que falamos con Sofía Espiñeira e Roberto Casal. Unha coprodución co Centro Dramático Galego que percorre o país nun escenario móbil, o camión “A utópica rodante”. O domingo 30 de xuño estará na Mostra de Teatro Cómico festivo de Cangas.
De Maricarme a Alice Cooper 27.06.2024 30:57
Tito Lesende comeza o repertorio deste xoves con Maricarme, o trío folk formado por Cibrán Seixo, Migui Carballido e Antía Amexeiras, que ademais participa con Sabela Caamaño na canción 'As vidas caladas' de Antía Muíño.
A crónica deportiva 27-06-2024 27.06.2024 29:58
O mellor pádel do mundo está en Pontevedra. Falamos con Fabrice Pastor, organizador do cerame. O RC Celta xogará o venres 16 de agosto, día de San Roque, o 1º partido da Liga co Dep. Alavés. Ás 19:00h en Balaídos. Nacho Fdez explica a súa decisión de deixar o Real Madrid e marchar á liga saudita.
Arranca o Resurrection Fest 26.06.2024 30:57
Comeza en Viveiro o RESU 2024, que vai pola súa edición número 19. A estrela desta xornada de apertura é Alice Cooper pioneiro do heavy-glam e historia viva do rock aos seus 76 anos. Falamos con Esteban Girón, director de comunicación do Resurrection Fest, consolidado coma referente mundial da música metal, punk, rock e hardcore
Supergrupos galegos 26.06.2024 30:57
Carlos Crespo fálanos de proxectos musicais conformados por artistas galegos que xa teñen os seus propios grupos.
María Ruido, premiada na Mostra de Cangas 26.06.2024 30:57
Conversamos coa artista visual e investigadora María Ruido, á que a Mostra de Cangas recoñece co premio 'Mulleres en Acción' pola súa "contra-narrativa feminista e de clase". A Mostra proxecta este mércores o seu último filme, 'Las reglas del juego' e expón as súas primeiras creacións na mostra '4 Performances'.
No verán, Café con Ardora 26.06.2024 30:57
Durante este verán compartiremos 'Cafés con Ardora' con Estíbaliz Espinosa. Conversas sobre cultura e ciencia nas que comparten protagonismo, ao mesmo nivel, a literatura e a astronomía, a física e a música, a arte e a neurociencia. Neste primeiro café estival falamos do fenómeno da ardora e de bioluminescencias, con música de Kozmic Muffin e textos de Kobayashi Issa e Clarice Lispector...
A crónica deportiva 26-06-2024 26.06.2024 30:00
Álvaro García Diéguez dixa a presidencia do RC Deportivo. A galega Támara Echegoyen será abandeirada de España nos XX.OO. de París. O BM Cangas é o club da Liga ASOBAL con máis seareiros de media no seu pavillón. Con exactamente 2.127, supera ao Ademar de León.
Aquis Querquennis 25.06.2024 30:57
Falamos co arqueólogo do Grupo Larouco, Santiago Ferrer, das perspectivas de cara á campaña de escavacións deste verán no Aquis Querquennis, en Baños de Bande.
Dona Teresa de Zúñiga 25.06.2024 30:57
Principia a serie de mulleres na Historia que, cada martes e durante a tempada de verán, nos vai achegar o historiador Miguel García Fernández
'Alén', memoria do rural que esmorece 25.06.2024 30:57
Conversamos co fotógrafo Vicente Fraga, gañador da XVIII edición Premio Luís Ksado coa serie 'Alén'. Estas doce imaxes forman parte dun proxecto máis amplo, 'Adeus', co que documenta desde 2021 o esmorecemento da cultura rural tradicional.
A riqueza da nosa toponimia 25.06.2024 30:57
Vicente Feijoo, filólogo especialista en Toponimia, fálanos este verán da enorme riqueza que constitúen os nomes galegos de lugar. Un patrimonio excepcional no ámbito europeo pola súa densidade, variedade e antigüidade, que intentan preservar en Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa á que xa contribuíron unhas 6.000 persoas.
A crónica deportiva 25-06-2024 25.06.2024 29:58
Rubén Albés chega ao Sporting de Xixón. O adestrador lucense de Folgoso do Courel, Manolo González, logra o éxito do ascenso do RCD Español. O técnico zaragozano Raúl Jardiel dirixirá ao CD Arenteiro. Ilusión no Burela FSF na previa do partido polo título co Futsi.
De tesouros vellos e novos 24.06.2024 30:57
Soledad Felloza fálanos de patrimonio, lendas e tradicións. Hoxe, os tesouros de Castrolandín
Romanticismo musical no ClasClás 24.06.2024 30:57
Luís Miguel Crespo debulla o programa da sétima edición do Festival ClasClás de Vilagarcía. Ata o 29 de agosto o certame ofrece, baixo o título 'Andante', concertos que poñen o foco na música romántica, nos grandes quintetos de piano e cordas ou a música checa.
Paseo sonoro 21.06.2024 30:57
Un paseo sonoro pola Rúa Nova de Santiago grazas a códigos QR nos escaparates. Unha proposta diferente encadrada no proxecto O que non se escribe, que mañá ofrece no Teatro Principal un concerto de Sús e Mel. Falamos coa súa responsable, Aitana Cuétara
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.