AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2913 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

"A era das fábulas" 09.07.2024

Este mércores inaugúrase a exposición "A era das fábulas" no Museo de Pontevedra, unha mostra que poderemos visitar ate o 29 de setembro no Edificio Castelao. Inclúe obras de Maruja Mallo, Kandinski, Picasso, Miró… Falamos con Ángeles Tilve, comisaria e directora do museo.

Para que serve o nomenclátor de Galicia? 09.07.2024

Da man de Vicente Feijoo, descubrimos para que serve o nomenclátor en Galicia.

A crónica deportiva 09-07-2024 09.07.2024

Juan Carlos Escotet presidirá o RC Deportivo. Na previa da semifinal da Eurocopa, España - Francia, estamos en Munich co seareiro galego Jorge Paz. Fala Marc Vidal, novo porteiro co Celta Fortuna. Yoel presentado como porteiro do Racing Club Ferrol.

Atlantic Pride 08.07.2024

Xa está en marcha o Atlantic Pride na capital herculina. Falamos con César Pérez, codirector desta cita do Orgullo Norte que se alonga toda a semana. Nesta quinta edición cun marcado carácter eurovisivo...

Ruta emocional por Serra de Outes 08.07.2024

Con Soledad Felloza percorremos a ruta dos carpinteiros cos pés mollados, en Serra de Outes. Esta ruta litoral de pouco máis de tres quilómetros permite coñecer a carpintaría de ribeira, que a comezos do século XX foi fundamental no desenvolvemento da zona. Vai de Freixo, pasando pola praia de Siavo, ata o areal de Broña . Poden mirarse ramplas de pescadores, obradoiros artesanais e ata un museo.

Galego sen fronteiras 08.07.2024

XXXIV edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia, que se desenvolven en Santiago dende o pasado día 3 e ata o 24 Organizan a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña. Falamos con María López Sández e dous dos seus alumnos, un da India e out...

O Galicia Clarinet Fest 08.07.2024

Luís Miguel Crespo debulla o Galicia Clarinet Fest, que vai ter lugar en Lalín do 12 ao 19 deste mes. A capital do Deza será o epicentro mundial do virtuosismo do clarinete, ofrecendo un espazo académico, formativo e de ocio.

A crónica deportiva 08-07-2024 08.07.2024

Falamos con Miguel Alonso, director de metodoloxía do Olimpic de Marsella, sobre o Francia-España de semifinais da Eurocopa. Resumimos a emotiva presentación de Iker Losada no Betis. O Noia FS trae de volta a Galicia a Rubén Lemos "Rubi".

Arranca a cátedra Rosalía de Castro na USC 05.07.2024

Bota a andar na USC a cátedra institucional Rosalía de Castro. Falamos coa súa codirectora, Mª do Cebreiro Rábade Villar, dos antecedentes e proxectos desta novo foco académico para alumear como merece a insigne poeta galega e universal

O Dique de Nova Galega de Danza 05.07.2024

A última produción de Nova Galega de Danza "Dique" será a encargada de abrir a 40 edición do MIT de Ribadavia o 19 de xullo

A crónica deportiva 05-07-2024 05.07.2024

O partido con maiúsculas, España- Alemaña, nos cuartos da Eurocopa. Iker Losada levanta expectación na súa chegada a Sevilla para fichar polo Betis. Falamos con Javier Pardo, o mellor galego na saída (4º), do 57º Ralli Rías Baixas, e o asturiano Alejandro Cachón, que foi o primeiro.

Mundos dixitais 04.07.2024

Arranca na Coruña Mundos dixitais, o Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media. Falamos co seu director, Manuel Meijide, e con Jorge Morais, finalista no festival e relator no congreso

Dúas comedias españolas 04.07.2024

Moncho Lemos tráenos dúas estreas de cine español: Mala persona e El bus de la vida. Teñen en común o seren comedias dramáticas e xiraren en torno ao cancro

De Ninghures e Portamérica 04.07.2024

Tito Lesende estrea os novos temas de De Ninghures e de Baiuca. Avanzamos tamén o festival Portamérica, con música de León Benavente e Sarria. 

A crónica deportiva 04-07-2024 04.07.2024

Jessica Bouzas gaña na 2ª rolda de Wimbledon 7-6 e 6-3. Analizamos a saída de Raúl Blanco do RCCelta co seu adestrador na Madroa, Jorge Cuesta, actual técnico do Bergantiños. O CD Lugo ficha a Erik Ruíz, central de 29 anos do Unionistas de Salamanca.  O galego Miki Villar ficha co campión da Liga Polaca.

Adeus a Justo Beramendi 03.07.2024

Esta noite faleceu aos 82 anos o historiador, ensaísta, profesor e articulista Justo Beramendi. Ana Romaní traza o seu perfil e falamos del con Ramón Villares, Luís Álvarez Pousa e Concha Losada. Co seu libro "De provincia a nación. Historia do galeguismo político" gañou o Premio Nacional de Ensaio en 2008. A obra xa recibira o Premio da Crítica de Galicia.

Despedidas musicais 03.07.2024

Repaso polos artistas que este ano anunciaron despedida: de Nación Quilombo a Leilía

Verán cultural para a rapazada 03.07.2024

Exploramos algunhas das opcións culturais ao dispor da rapazada e mocidade durante o verán. Campamentos musicais como o San Simón Fiddle, obradoiros artísticos e laboratoratorio de arquitectura no MARCO  e oportunidades para descubrir disciplinas como o circo co colectivo Circonove.

A cara oculta da Lúa 03.07.2024

Estíbaliz Espinosa fala da cara oculta da Lúa e doutros obxectos cósmicos e conflitos ocultos. Con versos do libro 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'

A crónica deportiva 03-07-2024 03.07.2024

O dianteiro de Silleda Joselu fala da súa saída do Real Madrid e do partido vindeiro da Selección fronte Alemaña. O canteirán do RC Celta José Fontán marcha traspasado ao Arouca portugués. O presidente do CD Lugo fala de orzamentos (4,6 millóns de euros), débeda e posibles traspasos. Tino Saqués non contempla en vender a totalidade das suas accións. Sete atletas de Galicia serán os que estean nos...

Suplantacións 02.07.2024

A Fundación Pazos Cuchillo en Oza-Cesuras abre a exposición «Suplantación»Esta experiencia está comisariada por Nilo Casares. O colectivo Tronante, formado polo artista visual Juan Lesta e o arquitecto Xosé Suárez, desenvolve o proxecto Suplantación, a unión da obra de ámbolos creadores por xunto e por separado.  

Galegas da Idade Media contra os casamentos obrigados 02.07.2024

As mulleres da Idade Media en Galicia fronte aos malos casamentos: denuncias, fuxidas, infelicidade e morte.

As baleas cantan no Festival Atlántica 02.07.2024

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica espalla a súa duodécima edición por 30 cidades, vilas e aldeas de Galicia e Portugal. Por primeira vez, a programación para público adulto supera en número á infantil e familiar. Con nomes como Paula Carballeira ou Cándido Pazó. Escoitamos a directora do encontro, Soledad Felloza, e a dous dos máis de cincuenta narradores participantes, Anxo Mou...

Que información agachan os topónimos? 02.07.2024

O filólogo Vicente Feijoo falános hoxe da información histórica, lingüística e cultural que levan consigo os topónimos e da campaña 'Toponimízate', que busca concienciar a poboación da importancia desta riqueza patrimonial

A crónica deportiva 02-07-2024 _to_mp3 02.07.2024

Mikel Oyarzabal fala da confianza que hai na selección de cara ó partido de cuartos con Alemaña. O canterián do Celta Lautaro de León firma no Andorra. O CD Lugo ficha a Raúl Hernández, extremo madrileño de 30 anos que procede do Fuenlabrada. O Basquet Coruña presenta a campaña de abonados "Coliseum ano I".

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.