AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2910 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 5, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

"Dende a primeira secuencia namoreime del" 19.07.2024

O mundo da cultura e milleiros de espectadores despídense de Xavier Deive, un actor curtido no teatro, no cine e nas series de televisión. Foi interprete nas series máis destacadas da TVG: Mareas Vivas, Pratos Combinados, Serramoura, Matalobos… O seu amigo e compañeiro Luís Iglesia considerao “un actor marabilloso, currante e obsesivo”. Con él conversamos da personalidade, do traballo e da traxect...

A crónica deportiva 19-07-2024 19.07.2024

Borja Iglesias regresa ó RC Celta, cedido polo Real Betis. O Racing Club Ferrol presenta a campaña de abonados cunha suba do vinte por cento. O CD Lugo presenta a Raúl Hernández, procedente do Fuenlabrada, e a Jon Ceberio, do Intercity. O Pontevedra CF arrinca o curso coa presentación do secretario técnico Jacobo Maestre.

Ao ritmo de Chris Isaak 18.07.2024

Novedades musicais con Tito Lesende.

'Padre no hay más que uno. Campanas de boda' 18.07.2024

O compañeiro Moncho Lemos trae unha película de estrea destinada a arrasar na billeteira: 'Padre no hay más que uno. Campanas de boda'. Santiago Segura volve ós cines, agora coa cuarta entrega da saga. Coas outras tres tomas recadou case 40 millóns de euros rachando récords en encabezando as listas das películas españolas máis vistas dos últimos tempos.

A música non entende de envexas 17.07.2024

O noso colaborador, Carlos Crespo, analizará a cada vez máis frecuente colaboración entre músicos galegos, alleos a vellas rivalidades e envexas.

María Perez, a Balteira, e María Castaña 16.07.2024

Revisamos o que sabemos con certeza ou non sobre as figuras de María Pérez, a Balteria, e María Castaña.

A Torre da Barreira 15.07.2024

Sole Felloza achéganos á Torre da Barreira que está na parroquia de Riobóo, do concello de A Estrada.

Identidade, memoria histórica e movementos sociais 12.07.2024

“Identidade, memoria histórica e movementos sociais” Luis Seoane volve exhibirse na Fundación homónima logo de tres anos de obras no edificio coruñés. Son 50 obras entre óleos, gravados, debuxos e produción editorial. Falamos con Silvia Longueira, comisaria da exposición que estará aberta ao público durante un ano.

Festival Almada 12.07.2024

Afonso Becerra está en Portugal seguindo o Festival Almada, que o domingo acollerá a produción do Centro Dramático Galego, “Manuela Rey is in da house”

Festival de Ortigueira 12.07.2024

O Festival de Ortigueira ofrece deica o domingo actuacións do talle de Backwest, Fillas de Cassandra, Green Lads, Kanaris Quintet, a propia Escola de gaitas de Ortigueira, Caledonia Pipe Band, Nogood Boyo, Dervish ou Capercaillie. Falamos con Xan Pampín,do grupo Ailá, e co gaiteiro asturiano José Manuel Tejedor.

Tres lecturas de e para o verán 12.07.2024

Raquel C. Pico estrea colaboración con estas tres propostas literarias: *A campá de vidro, de Sylvia Plath. Tradución de Celia Recarey. *Nos días encantados de agosto, de Manolo González *O marabilloso mundo das profesións. Tradución: María Reimóndez.

A crónica deportiva 12-07-2024 12.07.2024

Claudio Giráldez lamenta non poder fichar a Iker Losada e avala a Borja Iglesias. O RC Celta só fará dúas fichaxes este verán. No RC Deportivo escoitamos a Iván Barbero e no Racing Club Ferrol presentados o dianteiro "Chiki" Borrego e o porteiro Jesús Ruíz. Na selección, Dani Olmo comparece ante os medios de comunicación a dous días da final da Eurocopa con Inglaterra.

Os viquingos chegan a Compostela 11.07.2024

A exposición "Unha vida viquinga", na Cidade da Cultura, agrupa 120 pezas arqueolóxicas únicas chegadas de Suecia, Dinamarca e Francia... e unha barca viquinga de 17 metros! A mostra pretende achegar unha visión máis rica e veraz sobre a cultura viquinga, cuestionando todos os clichés.

'Fly me to the moon' 11.07.2024

Tempo para as estreas con Moncho Lemos... con aromas a Frank Sinatra. "Fly me to the moon", protagonizada por Scarlett Johansson e Channing Tatum.

A crónica deportiva 11-07-2024 11.07.2024

Dani Vivian fala de Lamín Yamal na selección. O RC Celta xogará o venres 23 de agosto en Balaídos co Valencia e o luns 26 en Vilarreal. O RC Deportivo - Racing Club Ferrol da 3ª xornada na 2ª será o domingo 1 de setembro ás 17:00h en Riazor. Diego Vitra deixa o fútbol, con 29 anos, despóis de 3 temporadas no CD Arenteiro.

Conta atrás no Festival de Ortigueira 10.07.2024

Mañá comeza o Festival Internacional de Música Celta. Emilio Españadero, director de ‘Lume na Palleira” debulla o programa con Bruno Lozano, o presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira.

De Baiuca a De Ninghures 10.07.2024

De Baiuca a De Ninghures. Carlos Crespo fálanos dos grupos que están renovando a música tradicional galega mesturándoa coa electrónica.

Xoves de Códax 10.07.2024

Miguel Poveda e Miguel Lamas abren a XI edición do ciclo musical «Os xoves de Códax» coas entradas esgotadas. Falamos con eles e con Rosa Bugallo, directora artística nas adegas Martín Códax. 

Café con ardora e abellas 10.07.2024

Café con ardora con Estíbaliz Espinosa. Hoxe detémonos nas abellas. Sabiades que non todas fan enxames? E que hai moscas disfrazadas delas?

A Crónica Deportiva 10-07-2024 10.07.2024

Juan Carlos Escotet asegura que Abanca ten vocación de permanencia no Dépor

Patrimonio Invisible en Pontevedra 09.07.2024

“Esgotadas as prazas para tomar parte na Semana do Patrimonio Invisible en Pontevedra en apenas 4 minutos”. Manuel Rial, o seu coordinador, debulla connosco os seis lugares que poderán coñecer quen se apuntaron a estas visitas guiadas. Son o Pazo de Gandarón, San Bartolomeu, os xardíns de Lourizán, San Salvador de Lérez, o Parador e mailo Teatro Principal. 

Xoana Vázquez das Seixas 09.07.2024

Miguel García-Fernández achéganos a figura de Xoana Vázquez das Seixas, unha muller empoderada na Galicia medieval de finais do século XIV

"A era das fábulas" 09.07.2024

Este mércores inaugúrase a exposición "A era das fábulas" no Museo de Pontevedra, unha mostra que poderemos visitar ate o 29 de setembro no Edificio Castelao. Inclúe obras de Maruja Mallo, Kandinski, Picasso, Miró… Falamos con Ángeles Tilve, comisaria e directora do museo.

Para que serve o nomenclátor de Galicia? 09.07.2024

Da man de Vicente Feijoo, descubrimos para que serve o nomenclátor en Galicia.

A crónica deportiva 09-07-2024 09.07.2024

Juan Carlos Escotet presidirá o RC Deportivo. Na previa da semifinal da Eurocopa, España - Francia, estamos en Munich co seareiro galego Jorge Paz. Fala Marc Vidal, novo porteiro co Celta Fortuna. Yoel presentado como porteiro do Racing Club Ferrol.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.