AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2902 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 1, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A crónica deportiva 25-02-2025 25.02.2025

Terceiro partido consecutivo do Celta en sábado ás 14.00h. Iago Aspas amosa o seu malestar en RRSS. Comezan as semifinais de ida da Copa do Rei.: FC Barcelona - Atlético do Madrid e Real Sociedad - Real Madrid. Última hora do Depor e do Racing. Cita na LNFS. As 20:30h Noia - Xota de Pamplona.

Viñetas en cor de Pepe Carreiro  24.02.2025

A exposición 'Humor para mudar o mundo. Que graza!' recolle 50 viñetas publicadas por Pepe Carreiro no desaparecido Xornal de Galicia na primeira década deste século. Moitas delas incorporan cor, unha singularidade dentro da longa traxectoria de humorismo gráfico en xornais de Carreiro. A mostra, organizada pola Fundación Galiza Cultura, pode visitarse ata o 6 de marzo no local de agrupa...

Unha galega na Filharmónica de Berlín 24.02.2025

Pablo Sánchez Quinteiro pon en valor o nivel da educación musical en Galicia co exemplo de Raquel Areal, unha violinista tudense que conseguiu praza na Orquestra Filharmónica de Berlín. No repaso á programación da Sinfónica e da Real Filharmonía de Galicia soan a Sinfonía nº 1 de Bizet e o Preludio á sesta dun fauno' de Debussy.

A crónica deportiva 24-02-2025 24.02.2025

Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán, fala da morte do avó dun colexiado despois dunha agresión na bancada do pavillón de Vilalonga, en Sanxenxo No Celta, Europa moito máis preto que o descenso. A S.D. Compostela ficha a Luís Míguez "Luisito" como adestrador ata final de temporada.

Rosalía é mundial 21.02.2025

Anxo Angueira debulla connosco as actividades que organizan este ano na honra de Rosalía, coa iniciativa 'Rosalía é mundial' para decatármonos de que a poeta de Padrón segue presente. O domingo será a xornada central canda os recitais, o Caldo de Gloria e maila Alborada para Rosalía

'Non pasarán' 21.02.2025

Afonso Becerra comenta ‘Non pasarán’, a última produción da compañía teatral Ártika, coa que andan de xira polo país. Mañá actúan en Ourense

'Dona Carme' e 'Números' 21.02.2025

Eva Mejuto proponnos un conto acumulativo e un libro sobre números 'Dona Carme' é un conto popular acumulativo que levou ao papel Manuel Bragado con ilustracións de Iván R.  'Números' acaba de recibir unha mención especial nos Ragazzi Awards da feira do libro infantil de Boloña. Unha idea de Cibrán Rico e Suso Vázquez, con ilustracións de Álvaro Valiño, que propón un achegament...

A crónica deportiva 21-02-2025 21.02.2025

Yeremay segue sendo dúbida razoable para xogar ante o Huesca. O Racing busca aferrarse á salvación ante un Cordoba que é dos mellores a domicilio no ano 2025. Presenta: Javi Torres

‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’ 20.02.2025

“Paseime un pouquiño e da lenda negra cheguei á lenda rosa” ‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’, da compañía Excéntricas, co actor e dramaturgo Evaristo Calvo, na pel do monarca inglés para contar unha versión revisada do personaxe descrito por Shakespeare. A obra inaugura unha nova entrega de Clásicas desfeitas (XII), o ciclo de coproducións do CDG e a Cidade da Cultura.

'El mono' e 'Daniela Forever' 20.02.2025

Moncho Lemos comenta dúas películas de estrea para a fin de semana: ‘El mono’, de Osgood Perkins e ‘Daniela Forever’, de Nacho Vigalondo. Unha comedia de terror baseada nun relato de Stephen King e un drama romántico de ciencia ficción.

Nabiza Girl e a Cultura Minguante 20.02.2025

Sada acolle o domingo 23 de febreiro a estrea de 'As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante'. A superheroína interpretada por Isabel Risco enfróntase desta volta ao esmorecer da cultura galega. 

De Budiño a Ruxe Ruxe 20.02.2025

Escoitamos con Tito Lesende música de Budiño, que o 27 de febreiro dará na sala Capitol de Santiago un concerto especial con convidados como Guadi Galego, Julián Hernández ou De Vacas. Tamén picamos o último single de Marián, o novo disco de Heredeiros da Crus e a Ruxe Ruxe, que continúan coa xira 'Pub Rock'. 

A crónica deportiva 20-02-2025 20.02.2025

Yeremay é dubida no Depor para o partido ante o Huesca. Angel Nuñez foi presentado coma xogador do Basket Coruña. Liceo e Baxi Ferrol xogan competición europea. Presenta: Javi Torres.

Parabenizamos a Encarna Alonso 19.02.2025

“Estou moi contenta e agradecida” Parabenizamos á script Encarna Alonso, premio de honra dos Mestre Mateo do audiovisual Vinculada ao sector dende hai preto de 40 anos, é un referente no seu oficio, centrado en garantir a continuidade, coherencia e fidelidade do relato visual e narrativo nas producións de cinema e televisión .

Crimes reais: quen matou ao marqués de Valladares? 19.02.2025

Raquel C. Pico lévanos ata a Chantada do século XVIII nunha viaxe no tempo: o crime do marqués de Valladares, un caso sobre o que se verteron ríos de tinta

O 'Sol Fuerza' volve en Vimianzo 19.02.2025

'Sol Fuerza' é o novo espectáculo da compañía aAntena, no que tres historias trenzan unha comedia sobre o futuro do planeta. Lucía Veiga, Manu Fernández e Virxinia Bermúdez forman o elenco do espectáculo, dirixido por Xosé Leis, que se estrea o sábado 22 en Vimianzo. 

BD divulgativa: Santy Gutiérrez 19.02.2025

Manel Cráneo trae ás nosas conversas comiqueiras o debuxante e humorista gráfico Santy Gutiérrez, desta volta para falar de banda deseñada divulgativa. 

A crónica deportiva 19-02-2025 19.02.2025

O Arenteiro ponse ao día recibindo esta tarde ao Barakalado. Repasamos a última hora do equipo do Carballiño, que xoga ás 17:00. O presidente da Federación Galega de Fútbol,Pablo Prieto, confirma partidos da Irmandiña para este ano

"Ítaca" 18.02.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Ítaca’, de María Besteiros. Finalista do último Premio Xerais, a novela trata da desesperación de Penélope cando perde á filla no parto e da relación que ten co seu primoxénito Telémaco e o marido, Ulises.

Chicharrón cantan 'Vitoria' 18.02.2025

O grupo carballés publica un EP sobre o amor entre dúas mulleres no franquismo Chicharrón volven con 'Vitoria', un EP que se inspira no amor entre dúas mulleres durante a ditadura franquista. e que publica o selo independente Acuarela

'Resignificacións' de Concha Jerez e José Iges 18.02.2025

O CGAC expón unha mostra conxunta dos artistas conceptuais Concha Jerez e José Iges. Mónica Maneiro guíanos polas pezas e instalacións de 'Resignificacións', que botan man de linguaxes como a arte sonora, o vídeo ou a performance para botar luz sobre o noso mundo. 

A crónica deportiva 18-02-2025 18.02.2025

Repasamos con Victor López o mais destacado da actualidade do cadro olívico. O Arenteiro ponse ao dia mañá co encontro adiado ante o Barakaldo. O cadro do Carballiño comunicou que a entrada será de balde".

Laboratorio de cántigas 17.02.2025

“É un proxecto piloto para traballar a creatividade dende o colectivo e espallar as bases da música galega” O Laboratorio de Cántigas Novas 2025 é unha iniciativa do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que busca impulsar a creación artística a partir da riqueza da lírica galega de tradición oral. Este espazo formativo está dirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, en colaboración...

Ferror Records 17.02.2025

Carlos Crespo fálanos do selo ferrolán Ferror Records canda o seu codirector, Fernando Fernández Rego, que nos trae unha primicia: a estrea de “San Antonio” de Los Eternos

Brisca feminista  17.02.2025

Xogamos ás cartas coa terceira baralla do proxecto 'Feminismos no tempo'. Noelia Darriba García, Tania Merelas Iglesias e Raquel Veiga Teijeiro fálannos desta iniciativa para divulgar a historia das mulleres galegas e do feminismo de maneira lúdica. 

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.