AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2902 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 1, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A historia do metal extremo na Galiza 17.02.2025

Patty Castro preséntanos o músico e investigador Jorge Fernández Taboada, profesor de piano no Conservatorio de Ourense, guitarrista do grupo Scent of Death e autor do libro Una historia del metal extremo en Galicia.

A crónica deportiva 17-02-2025 17.02.2025

Con Roberto Carlos Carballo

A danza dos medos 14.02.2025

“Son títeres de animación á vista cos que rompemos a cuarta parede” Teatro Escena, unha compañía que reúne artistas de diferentes continentes, presenta este sábado no Auditorio de Galicia 'A danza dos medos'. É un espectáculo de monicreques codirixido por Manuel Mansilla e Jorge Rey. Conversamos con este último e co colombiano Héctor Loboguerrero, asistente de dirección e responsable de...

XIV GUIdance 14.02.2025

Afonso Becerra comenta a  14ª edición do GUIdance, o Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães, que abriu cun espectáculo de flamenco simbolista de Rocío Molina sobre a “outredade”.

Helena Egea: "Hai tanta oferta musical que é difícil chegar á xente" 14.02.2025

'Flares of Life' é o primeiro EP desta cantante e compositora Helena Egea presenta 'Flares of life', o seu primeiro EP. Composicións propias con influencias do blues, o soul e o rock, con letras en inglés e galego.

Debut da compañía Bengala Teatro Físico 14.02.2025

O auditorio Fuxan os ventos acolle a estrea do primeiro espectáculo da compañía Bengala Teatro Físico. Con dirección e dramaturxia de An González, a montaxe inspírase no Segismundo de 'La vida es sueño' e no filme de Xavier Dolan 'Laurence anyways' para sinalar a opresión e a deshumanización cunha linguaxe que combina o verbal e o corporal. 

A crónica deportiva 14-02-2025 14.02.2025

Última hora do Mirandés-Racing con Raúl Villares. Previa do Atlético de Madrid-RC Celta, con Víctor López, e as declaracións de Claudio Giráldez e Simeone. No Deportivo, Gilsanz non sae do discurso do día a día. No Pontevedra, Iago Iglesias despexa dúbidas coa lesión de Dalisson.

'Daydreaming', de María López 13.02.2025

"Gustaríame poder dedicarme á música pero estudo unha enxeñería porque vivir da arte é moi difícil” A naronesa María López preséntanos o seu álbum debut, Daydreaming, que se publica mañá. Multiinstrumentista precoz (piano, zanfona e gaita) aos 14 anos gaña a XXXIV edición do Trofeo MacCrimmon no Festival Intercéltico de Lorient. Agora, con 20, di estar vivindo un soño.

"Bridget Jones: loca por él" e "Vermiglio" 13.02.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana: - “Bridget Jones: loca por el”, de Michael Morris. Cuarta entrega da comedia romántica protagonizada por Renée Zellweger . - ”Ventimiglio”, de Maura Delpero. Drama de época ambientado nunha aldea de montaña dos Alpes italianos a finais da Segunda Guerra Mundial.

Resaca Emocional estrea 'De amor' en San Valentín 13.02.2025

Berto Mira e Ash Diz preséntannos o primeiro disco de Resaca Emocional, un colectivo de nove persoas que se encargan de diferentes aspectos creativos. 'De amor' é un disco que explora diferentes formas do amor desde a vulnerabilidade e a intimidade e publícase este 14 de febreiro, día de San Valentín.

De Amoebo a Tanxugueiras 13.02.2025

Tito Lesende pica novas cancións de Amoebo, Agoraphobia, Gala i Ovidio e Guadi Galego & Tanxugueiras Catro novísimas cancións galegas no repertorio semanal de Tito Lesende. Escoitamos 'Unha foto', último adianto do próximo disco de Amoebo, a recentísima estrea de 'Eyes never lie', de Agoraphobia, a estrea do proxecto Gala i Ovidio, de Aida Tarrío e Raül Refree e mais '...

A Crónica deportiva 13.02.2025

Rodrigo de Paul asume o favoritismo do Atlético no Metropolitano. Alejandro Menéndez pide concentración e intensidade para ir gañar ao CD Mirandés. Nemanja Tosic, presentado no Dépor. O Balonmán Cangas viaxa "coa moral polas nubes" a Logroño.

As orixes do día dos namorados 12.02.2025

Raquel C. Pico pescuda nas orixes da celebración de San Valentín, o día dos namorados...ou dos consumidores?

'Súbete ao EVA', terceiro disco de Filloas  12.02.2025

Conversamos con Iago Galego sobre o novo disco de Filloas, o proxecto musical que botou a andar en 2022. O último traballo titúlase 'Súbete ao EVA', hyperpop cheo de referencias aos videoxogos, ao anime, e a reflexións ssobre saúde mental e o paso do tempo, ademais de revisitar algúns dos temas do seu primeiro disco. 

BD social: Baudoin & Troubs 12.02.2025

Manel Cráneo comenta a novela gráfica 'Humanos. A roya é um rio', unha novela gráfica documental sobre o colectivo Roya, que axuda a persoas migrantes que intentan entrar en Europa. Foi publicada en galego en 2019 por Figurandorecuerdo(s).

A crónica deportiva 12-02-2025 12.02.2025

O goleador tomiñés Pablo Durán é o máis destacado do mes de xaneiro no Celta. Última hora con Víctor López. No Deportivo, Ángel Sánchez e Ainhoa Marín. Última hora con Javi Torres.

Siro López: 40 anos de autonomía en viñetas 11.02.2025

“Foi unha etapa moi grata que agora botamos en falta”. 40 anos de autonomía de Galicia a través das caricaturas de Siro López. Afundación reúne unha selección de 230 viñetas políticas publicadas en La Voz de Galicia entre 1985 e 2006

"Runrún" 11.02.2025

Dolores Vilavedra comenta “Runrún”, de Ana Varela. A novela fala dos coidados e de como todo pode virar nun momento, do fácil que é estar no outro lado do espello.

Por que non está 'lubre' no dicionario? 11.02.2025

Luar na Lubre pediranlle á RAG que incorpore esta palabra    O grupo Luar na Lubre vai pedirlle á RAG que inclúa 'lubre' no seu Dicionario. Bieito Romero explica como escolleu o nome para a banda e Manuel González, director do Dicionario, debulla os criterios da Academia para incorporar novas palabras. 

Arte con fermentos lácteos 11.02.2025

Mónica Maneiro comenta a exposición 'Alguien nos entenderá cuando estemos muertos', a primeira colaboración de Carlos Fernández-Pello coa Galería Nordés. A mostra inclúe pezas creadas polo artista canda un artesán queixeiro e tamén pinturas acrílicas a partir de follas de táboas de datos. 

A crónica deportiva 11-02-2025 11.02.2025

O Celta, a 3 puntos dos postos europeos. Nfulu recuperado no Depor. Con Gilsanz, o equipo sería 4º clasificado. Comparecencia de Tito Díaz con ledicia e cautela no Breo coa boa marcha do equipo. O copiloto de Salvaterra de Miño Cándido Carrera leva 2 victorias con Al-Attiya nos paises árabes.

Adeus a Xosé Vizoso 10.02.2025

“Era un artista total”.Aser Álvarez, xornalista e cineasta, amigo persoal de Xosé Vizoso. O mindoniense, de 74 anos, finou este domingo a consecuencia dunha EPOC, e estaba pendente de ir a Lugo, onde estes días pode verse unha gran exposición retrospectiva. O artista gráfico, Premio Nacional de Escultura en 1968, foi parte da alma de Sargadelos, para quen conceptualizou as súas pezas de cerámica....

Leria 10.02.2025

Carlos Crespo tráenos a Leria, un cuarteto de rapazas coruñesas que fan indie pop en galego.

Fernando Blanco: 50 anos de arquitectura 10.02.2025

A Fundación Luís Seoane acolle a exposición 'Fernando Blanco. Paisaxe. Conciencia. Fábrica', que percorre as cinco décadas que o arquitecto carballiñés lle dedicou á arquitectura, pero tamén recolle algunhas das súas pinturas e esculturas. Conversamos co propio Fernando Blanco e mais con Luis Gil Pita, un dos responsables da publicación que completa a mostra, que pode visitarse ata o 13...

Groba, Yeol Eum Son, Cuarteto Hana 10.02.2025

Pablo Sánchez Quinteiro lembra a Rogelio Groba, finado hai 2 anos e homenaxeado pola Orquestra de Cámara Galega. Avanzamos ademais o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia que terá como solista a pianista surcoreana Yeol Sum Son e a actuación  do Cuarteto Hana na programación da Sociedade Filharmónica da Coruña. 

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.