AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2914 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A crónica deportiva 04-10-2023 04.10.2023

O Obradoiro volve á liga trala eliminación na competición europea; no fútbol, Cristóbal fala na previa do Amorebieta; no fútbol sala Emily Marcondes volve a Burela como campioa de América e, no atletismo, dous novos títulos europeos para o coruñés con máis 'marcha'

'A cociña de Barro'... con Pepe Barro 03.10.2023

O deseñador Pepe Barro expón na Fundación DIDAC os cadernos de traballo da súa traxectoria de cincuenta anos de traballo, que é unha sorte de cartografía de Galicia. Un total de 66 cadernos de diversos formatos que foron utilizados ao longo da súa carreira profesional e que para o deseñador «son os lugares onde abrollan as ideas». Charlamos con el.

'Implosión' no 30 aniversario do CGAC 03.10.2023

Mónica Maneiro guíanos por unha das mostras do 30 aniversario do Centro Galego de Arte Contemporáneo: 'Implosión. Arte conceptual na colección CCAG (1965-1975)'.

'Run Baby Run' e a intersexualidade 03.10.2023

Unha historia arredor da intersexualidade. 'Run Baby Run' estréase no Salón Teatro de Compostela os días 6, 7 e 8 de outubro. Trátase dunha historia arredor da intersexualidade da que charlamos con Fátima Delgado, autora do texto, e Jana Pacheco, directora da obra.

A crónica deportiva 03-10-2023 03.10.2023

Escoitamos as reaccións tralas derrotas do luns do Celta e do Racing. Os vigueses perderon en Gran Canaria un partido que tiñan na man e os ferroláns caeron 3-0 en Cornellá nun encontro marcado por unha expulsión moi discutible

A derradeira canción de The Beatles? 02.10.2023

É 'Now and Then' a derradeira canción de The Beatles? Debatémolo con Tito Lesende na estrea mundial da peza, que une a voz de John Lennon nunha maqueta de 1977 cos instrumentos de Paul McCartney, Ringo Starr e George Harrison.

Festival de Cultura Tradicional en Lugo 02.10.2023

Emilio Españadero trasládanos ó Festival de Cultura Tradicional que se celebra estes días en Lugo polo San Froilán.

O éxito do Corno con Janet Novás 02.10.2023

O Corno, película dirixida por Jaione Camborda, resultou premiada no Festival Internacional de Cine de Donostia. Supón a primeira victoria dun filme galego (en galego) no circuíto de festivais máis relevantes do panorama internacional. Do seu éxito charlamos coa súa actriz protagonista, Janet Novás.

A crónica deportiva 02-10-2023 02.10.2023

Última hora do Las Palmas-Celta e o Espanyol-Racing que se xogan o luns, na 1ª RFEF o Fuenlabrada remóntalle ao Dépor no engadido, no baloncesto o Ensino supera o Uni Ferrol e no surf Esperanza Barreras suma dous ouros máis nos mundiais de stand up paddle

'Os camiños de Dorothé' e 'Pícache e curiosidade?' 29.09.2023

A nosa experta en literatura, Eva Mejuto, preséntanos dúas obras: 'Os camiños de Dorothé', libro-disco inspirado nas recollidas de Dorothé Schubarth; e 'Pícache a curiosidade?', álbum asinado por Maria Canosa e Ro Ledesma.

Un paseo por Compostela mirando cara arriba 29.09.2023

Santiago de Compostela é quizais a cidade europea con maior densidade de gárgolas, esas máscaras pétreas —enigmáticas, divertidas, transgresoras— que nos contemplan desde o alto a partir da Idade Media. Hai máis de 300, e nesta pioneira guía trilingüe (galego, castelán e inglés) selecciónanse 30 das máis singulares, nunha ollada nova e moi sorprendente da nosa capital. Publicada conxuntamente polo...

O novo de Vórtice Escénico con Afonso Becerra 29.09.2023

O movemento rápido dun remuíño de auga ou de aire, un vórtice, dá nome a unha nova compañía de teatro: Vórtice Escénico, que se estreou con ‘ASFIXIA’ de José Luis Baños de Cos. É o que nos trae Afonso Becerra nas artes escénicas.

O CGAC cumpre 30 anos 29.09.2023

O Centro Galego de Arte Contemporánea convídanos a celebrar os seus primeiros trinta anos de vida en Compostela. E faino con dúas exposicións e diversas actuacións que inclúen un espectáculo de danza vertical. Charlamos do seu aniversario co seu director, Santiago Olmo, e co artista Antón Pulido.

A crónica deportiva 29-09-2023 29.09.2023

O Celta salva un punto na casa, 1-1, nun partido no que non chegou a tirar a porta. No fútbol, é día de previas da 2ª e da 1ª RFEF. No baloncesto, xóganse as semis da Copa Galicia feminina. E comeza a temporada de voleibol de novo con presenza galega nas dúas superligas.

Música en feminino con Tito Lesende 28.09.2023

Música en feminino tráenos Tito Lesende, co que escoitamos un petisco de 'O.D.A.', a canción que Guadi Galego estrea este venres. Tamén hai tempo para ó EP de Pamela Rodríguez 'Meigas' e avanzar as datas de Luz Casal en Vigo.

A adaptación de 'Sibarís', obra póstuma de Domingo Villar 28.09.2023

Lois Blanco dirixe a seu pai, Carlos Blanco, e a Belen Constenla na adaptación de 'Sibarís', obra teatral póstuma de Domingo Villar publicada por Editorial Galaxia. Con todos eles charlamos.

A volta de Víctor Erice e Woody Allen 28.09.2023

Tempo para o cine: o noso experto Moncho Lemos tráenos dous filmes dirixidos por dous emblemas da arte cinematográfica. Víctor Erice estrea 'Cerrar los ojos' e Woody Allen 'Golpe de Suerte'.

Mondra métenos no seu 'Ardén' 28.09.2023

É un dos artistas galegos con maior proxección e máis destacados do ano. Mondra visita o estudo do Diario Cultural para falarnos do seu novo disco: 'Ardén'. Nel incorpora ás voces dalgunhas das artistas máis salientables do panorama galego.

'Berro' nos 20 anos da danza galega 27.09.2023

Nova Galega de Danza celebra o seu 20º aniversario coa estrea do seu novo espectáculo "Berro". Desta efeméride charlamos con Jaime Pablo Díaz, o actual director do grupo.

Festival Internacional Outono de Teatro 27.09.2023

Semana grande para o teatro en Ourense. Celébrase o Festival Internacional Outono de Teatro na cidade e para entender un pouco máis o que podemos ver nesta trixésimo segunda edición, charlamos co seu director, Alberto Sueiro.

V Xornadas de Videoxogo e Literatura 27.09.2023

Hai tempo para o xogo: a Fundación Carlos Casares organiza a V edición das Xornadas de Videoxogo e Literatura. Dela fálanos a nosa experta Luz Castro.

A crónica deportiva 27-09-2023 27.09.2023

Benítez designa a Starfeld un dos novos capitáns no Celta; escoitamos a Paris Adot no Deportivo; Sisko pide deixar o Breogán por motivos persoais; Jéssica Bouzas sobre ao posto 129 da WTA; e Pablo Dapena anuncia a súa retirada do tríatlon.

'Os sobrantes' de Rosalía Batet 26.09.2023

No eido da arte, Mónica Maneiro trae a María Marco, comisaria da mostra 'Os sobrantes', obra de Rosalía Batet que se expón en Pontevedra estes días.

30 anos de Quico Cadaval 26.09.2023

Quico Cadaval conmemora as súas tres décadas de actividades na narración oral. O Teatro Principal de Santiago acolle esta función na que, para alén do repertorio do narrador, haberá unha importante dose de improvisación, xa que o público poderá deixar preguntas na entrada ao teatro ás que Cadaval responderá durante a súa actuación. Co protagonista falamos no programa.

'A Transición en Galiza' 26.09.2023

A experta en literatura Dolores Vilavedra vén falar de 'A Transición en Galiza', un volume no que se presentan, en síntese, catorce investigacións para comprender o país da época.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.