AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A crónica deportiva 26-09-2023 26.09.2023 14:58
O Obradoiro disputa en Turquía o primeiro partido de competición continental da súa historia, a previa da Liga de Campións. No fútbol, o Racing venceu o Zaragoza, 1-0, líder da Segunda, e no Deportivo marcha David Vilasuso. E o lucense Roberto López envíanos un saúdo dende o Himalaia despois de facer cumio no Manaslu, 8.163 metros.
Entendendo os equilux con Estíbaliz Espinosa 25.09.2023 12:39
Espazo tamén para a ciencia con Estíbaliz Espinosa, que vai aclararnos cales son as diferencias entre o equilux e o equinocio.
'Arquitectura e xénero' 25.09.2023 14:01
A arquitecta María Novas foi premiada na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo pola súa obra "Arquitectura e xénero". Con ela charlamos sobre as claves deste libro e do seu recoñecemento.
Yoko Takano e a música tradicional galega 25.09.2023 10:27
Emilio Españadero pon o punto musical a este programa con Yoko Takano, que dende Xapón crea... música tradicional galega!
'Estrelas galegas da ciencia', con Eva Mejuto 22.09.2023 11:54
No apartado literario, Eva Mejuto tráenos un libro ilustrado feito en Galicia sobre as "Estrelas galegas da ciencia".
'Aida' con Afonso Becerra 22.09.2023 16:31
Afonso Becerra elixou traernos un pouco de ópera: a 'Aida' de Giuseppe Verdi que levan ós escenarios os Amigos da Ópera da Coruña na súa nova tempada.
'O soño da sultana' 22.09.2023 12:25
'O soño da Sultana' estrea o domingo en San Sebastian. Producida por Abano Films, de Chelo Loureiro, falamos con ela das súas claves.
A crónica deportiva 22-09-2023 22.09.2023 14:58
Comezamos en directo en Pontevedra para pulsar o ambiente a poucos minutos do inicio das finais das Series Mundiais de tríatlon. No fútbol, a selección feminina xoga o seu primeiro partido tralo Mundial e o caso Rubiales e escoitamos as previas dos encontros do Celta en Primeira e do Deportivo en 1ª RFEF. E no balonmán o Porriño e o Guardés xogan pola tarde na casa.
Músicas do Minho 21.09.2023 8:31
Máis de 200 profesionais da industria musical galega e portuguesa asisten ao Encontro de Músicas do Miño MUMI na súa cuarta edición. Sobre el charlamos con Ánxela Vila, unha das organizadoras.
'Made in Galiza' 21.09.2023 17:16
Sarabela Teatro estrea en Ourense "Made In Galiza", adaptación teatral dun relato do libro homónimo de Séchu Sende. Charlamos dela coa súa directora, Fina Calleja.
O novo de Mondra con Tito Lesende 21.09.2023 10:54
A nota musical vén da man de Tito Lesende, co que falamos do álbum debut de Mondra: "Ardén".
A crónica deportiva 21-09-2023 21.09.2023 14:58
A selección feminina de fútbol marcha a xogar a Suecia para o primeiro partido tralo Mundial e en Ferrol o Racing completa todos os abonados posibles. No baloncesto, comenzan as ligas de división de honra. E a previa das Series Mundiais de tríatlon de Pontevedra con Susana R. Gacio e Antonio Serrat.
A antropoloxía galega fronte á emerxencia lingüística 15:17
O devalo no uso no galego protagoniza o oitavo congreso de AGANTRO, a Asociación galega de antropoloxía. Iria Vázquez Silva e Gabino Vázquez Grandío, vicepresidenta e vogal da asociación, comparten as perspectivas e ferramentas que a antropoloxía pode achegar no diagnóstico da situación lingüística e nas estratexias de dinamización lingüística.
Paisaxes da minería 8:13
A transformación da paisaxe que supoñen as explotacións mineiras e a reflexión sobre a produción de imaxes están no cerne do traballo do artista Antonio Guerra. Mónica Maneiro comenta a súa exposición 'Doble tiempo', que pode visitarse na galería Marisa Marimón de Ourense ata o 14 de febreiro.
Astarot e Mileth 8:57
Escoitamos con Patty Castro dúas bandas galegas de metal que se inspiran na tradición galega na súa música: os morracenses Astarot e Mileth, afincados en Vigo.
10 anos de Altar Mutante 10:48
Manel Cráneo convida ao programa a Luís Sendón, codirector do fanzine coruñés Altar Mutante, que fai 10 anos neste 2024. Unha década difundindo o traballo de autores de xéneros como a ciencia ficción e o terror, na que a revista foi candidata a premios como o do Salón do Cómic de Barcelona.
Compostela Lírica 14:34
Visitamos os ensaios do certame Compostela Lírica, que reúne cantantes menores de 35 anos chegados de todo o mundo. Escoitamos a Inés López e Júlia Arquillo, dúas das participantes., e a Jesús Couceiro, presidente de Amigos da Ópera de Santiago, a entidade que promove o concurso.
Athing Mu, Tokyo 2020, 800 metros 12:55
Neste capítulo volvemos aos Xogos de 2020 para fixarnos nunha das mellores finais de 800 metros feminino de todos os tempos. Repasamos con foi a vitoria abraiante da estadounidense Athing Mu nunha proba sobrada de xuventude e talento.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.