AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2914 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Literatura de tradición oral: contos e cantos 13.10.2023

A nosa experta en literatura xuvenil e infantil céntrase hoxe na tradición oral. Tráenos o conto 'A botella de lentellas' (Premio Merlín de Literatura Infantil), de Leticia Barbadillo; e o canto 'Pequena fauna do Cantigueiro de Cotobade', de David Carballal.

Un pouco de Shakespeare con Becerra 13.10.2023

Afonso Becerra preséntanos 'A tempestade', unha das últimas pezas de William Shakespeare, dirixida por António Pires con música de Jean Sibelus. Participan Theatro Circo e Teatro do Bairro.

Discriminación e acoso escolar: 'O pequeno poni' 13.10.2023

Unha historia arredor da discriminación e o acoso escolar. Niso consiste a obra que Redrum Teatro estrea hoxe no Fiot de Carballo. Chámase 'O pequeno poni' e está dirixida por Álex Sampayo. Charlamos arredor das súas claves cos seus protagonistas, Laura Míguez e Guille Carbajo.

A crónica deportiva 13-10-2023 13.10.2023

Carlos Vicente fala do seu futuro despois de ser elixido o mellor do Racing de Ferrol no primeiro mes en Segunda. A 1ª RFEF ábrese cun duelo na parte alta, Celta Fortuna-Real Unión, e as previas da fin de semana de baloncesto

Novidades nas bandas con Tito Lesende 12.10.2023

O punto musical vén con Tito Lesende, que nos amosa o último de varias bandas: Loiros, Allah-Las, Occie Elliot e Os ilegales.

A crónica deportiva 12-10-2023 12.10.2023

O Cangas clasifícase para a seguinte rolda da Copa do Rei de balonmán; no fútbol sala, xogan varios equipos galegos na Copa da Raíña e o CD Boiro disputa en Santander a previa do torneo no fútbol

O equipo do Corno 11.10.2023

O galadornado filme de Jaione Camborda 'O Corno' chega ós cines este mércores 11 de outubro. Que mellor momento para que parte do seu equipo nos fale das claves do seu éxito. Melania Freire é a directora de arte, Uxía Vaello forma parte do equipo de vestiario e Julia Gómez e María Lado constitúen algunha das pezas do reparto da película.

FICBUEU: Os guionistas van a Ons 11.10.2023

Nesta primeira Residencia FICBUEU, que terá lugar do 9 ao 15 de outubro en Ons, son catro os proxectos seleccionados de entre os 122 que se recibiron dende todo o territorio español, un tercio deles dende Galicia. A titora será Isabel Peña (Zaragoza, 1983), guionista de películas coma As bestas ou El reino –coas que gañou sendos Goyas–, Stockholm, ou Que Dios nos perdone y de series coma Antidistu...

A crónica deportiva 11-10-2023 11.10.2023

Serbia informa de que o lateral do Celta Ristic chegou lesionado á convocatoria da selección. No balonmán, o Atlético Novás volve eliminar na Copa un equipo de Asobal e no fútbol sala as xogadoras do Castro viaxan con ilusión a Zaragoza

Porto Design Biennale con Mónica Maneiro 10.10.2023

Con Mónica Maneiro afondamos no Porto Design Biennale. Convidamos ademais a David Barro, comisario da participación galega no Bienal.

Está morrendo o amor? Ibuprofeno Teatro 10.10.2023

Está morrendo o amor? Ibuprofeno Teatro responde a pregunta con humor e música e a participación do público en 'Deadpan Karaoke', un espectáculo unipersoal interpretado por Marián Bañobre e dirixido por Patricia Rodríguez.

Unha antoloxía LGBTIQA+ 10.10.2023

Sempre hai un oco para ler. Dolores Vilavedra preséntanos a antoloxía de relatos LGBTIQA+ 'Alguén nos lembrará', coordinada por Nee Barros para Xerais.

A crónica deportiva 10-10-2023 10.10.2023

A RFEV confirma que a ourensá Támara Echegoyen competirá nos Xogos de 2024. No fútbol, dúbidas e críticas no Deportivo logo de caer en Riazor co filial do Celta. E tamén balonmán coas lembranzas do autor do gol da vitoria do Cangas

A crónica deportiva 09-10-2023 09.10.2023

As valoracións e as voces dos protagonistas da última xornada de fútbol, co empate insuficiente do Celta, o gol gañador de Vadillo na Malata e o triunfo dos rapaces do Celta Fortuna en Riazor, que deixa en shock ao deportivismo

'Tempo de lagartos' e 'Furia' para ler 06.10.2023

Eva Mejuto vén falarnos de literatura tanto xuvenil como para adultos: 'Tempo de lagartos', poesía de Carlos Negro e ilustracións de Raquel Senra (Galaxia); e 'Furia', de María Reimóndez, premio Jules Verne (Xerais).

A cousa vai de Galicreques 06.10.2023

A nova edicion do Festival Internacional Galicreques en Compostela promete unha programación familiar e para adultos que mestura bonecos, máscaras e performance para todo tipo de historias. Charlamos deste evento con Rafael Rey Domech, fillo do director Javier Rey e cabeza da compañía Nauta.

'Roméo et Juliette' con Becerra 06.10.2023

Abrése o telón para que Afonso Becerra nos fale de 'Roméo et Juliette', adaptación da obra de William Shakespeare no marco da 71ª Temporada Lírica de Amigos da Ópera da Coruña.

A crónica deportiva 06-10-2023 06.10.2023

O madridista Joselu volve ser o único futbolista galego na convocatoria de España. Na Malata, o Racing puido co Amorebieta con outro gol de Carlos Vicente e comeza unha nova temporada na LEB Ouro co Basquet Coruña e o COB

O novo de Xoel López 05.10.2023

toque musical vén da man do noso experto Tito Lesende, co que charlamos de 'Caldo Espírito', o novo disco de Xoel López. Escoitamos tamén a nova canción de Dani Dicostas e avanzamos o concerto de Casa de Calexico en Vigo o 11 de outubro.

O novo director da Sinfónica 05.10.2023

Comeza a nova tempada da Orquesta Sinfónica de Galicia e quen mellor para falarnos dela que o seu novo director titular. É Roberto González-Monjas, director e violinista vallisoletano de 35 anos que quere converter os concertos en "experiencias".

Tralas pegadas de Prisciliano 05.10.2023

O documental “O Camiño de Ramón Chao” preséntase estes días no Ourense Film Festival. Aborda a traxectoria do xornalista e escritor Ramón Chao e o seu intese pola figura histórica de Prisciliano. Charlamos del co seu director, Aser Álvarez.

A crónica deportiva 05-10-2023 05.10.2023

O alcalde de Vigo asegura que Balaídos mantén todas as opcións de acoller partidos no Mundial de 2030, ao que tamén aspira Riazor. O Racing recibe o Amorebieta na casa, o Obradoiro perde en 68 segundos e Ale de Paz resume a ledicia polo Mundial feminino de fútbol sala

XVIII Sanfroidance 04.10.2023

Nestes días celébrase a 18ª edición do Sanfroidance, o festival de música negra e electrónica de Lugo, organizado pola promotora Trasnosou de Álvaro Pardo.

'Iphinexia' e os recortes sociais 04.10.2023

'Iphixenia na porta do súper' é a versión galega dun texto teatral que aborda os recortes sociais a través do monólogo dunha moza de barrio. Conversamos coa actriz Alba Caneda e coa directora Sara Rey. Estrean este 4 de outubro en Tui e o 22 de outubro no Fiot de Carballo.

'Migracións' da Real Filharmonía 04.10.2023

O noso experto Luís Miguel Crespo fálanos das claves da nova tempada da Real Filharmonía. Chámase 'Migracións' e será a primeira deseñada polo director titular e artístico Baldur Brönnimann.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.