AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2914 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Semana de Cine Euroárabe AMAL 2023 24.10.2023

Este luns arrancou a Semana de Cine Euroárabe Amal 2023 co foco no conflito entre Israel e Hamás. Desenvolverase no Teatro Principal de Compostela. Charlamos das súas claves co seu director, Ghaleb Jaber.

A crónica deportiva 24-10-2023 24.10.2023

A previa do Braga - Real Madrid, ao que asisten afeccionados galegos. Falamos co presidente do Turégano do partido de Copa contra o Celta e cun xogador do Covadonga antes da eliminatoria co Deportivo. Tamén conversamos co Julio Delgado, o adestrador do Burela, elixido mellor técnico de fútbol sala feminino

Poesía galega en Xúpiter 23.10.2023

Con Estíbaliz Espinosa miramos cara ás Oriónidas (se as nubes nos deixan) e escoitamos o poema de Ada Limón que a sonda Europa da NASA levará a unha das lúas de Xúpiter.

Acéndese a 'Luz Poética' 23.10.2023

Slams, micros abertos, impro... Santiago acolle o festival de poesía nova 'Luz Póetica', do que falamos con Yamini Prabhu Barretto e con Lúa Mosquetera.

Yoko Takano en Vigo, As Lembranzas e Airiños da Peneda 23.10.2023

Emilio Españadero fálanos da visita de Yoko Takano a Vigo e preséntanos 'Bolboreta', novo tema do grupo As Lembranzas; e 'Sorrisos no ceo', último traballo discográfico de Airiños da Peneda.

A crónica deportiva 23-10-2023 23.10.2023

Mentres La Liga celebra asemblea, o Celta láiase pola expulsión de Iván Villar. No Racing, un erro de Fran Manzanara facilitou o empate do Eldense. E o repaso, tamén, á xornada na 1ª RFEF

'O home e o can' nos cines 20.10.2023

'O home e o can' chega a 22 salas de cine galegas. As actrices Paula Chaves e Estíbaliz Veiga preséntannos a película de Ángel de la Cruz, que comparten con Manuel Manquiña. Soidade, coidados, vellez nun filme para poñerse nos zapatos dos outros...

Eu.Experimento con Afonso Becerra 20.10.2023

Afonso Becerra preséntanos unha exposición sobre os dez anos do grupo de teatro EU.EXPERIMENTO do Camoes de Vigo.

Caamaño&Ameixeiras presentan 'Quitar o Aire' 20.10.2023

Caamaño&Ameixeiras veñen ó noso estudo para presentar o seu último disco: "Quitar o Aire". Unha visita de verdadeiro luxo.

A crónica deportiva 20-10-2023 20.10.2023

Rafa Benítez confirma tres baixas para o Celta-Atlético de Madrid; escoitamos a Héber Pena no Racing e unha completa ollada á xornada da 1ª RFEF coas voces do Dépor, Lugo, Arenteiro e Celta Fortuna. Ademais, Cilene fala do 'clásico' Burela-Futsi e as previas da fin de semana do baloncesto e do balonmán

Caamaño & Ameixeiras, Lily Kershaw e Rolling Stones 19.10.2023

Tito Lesende fálanos dos novos discos de Caamaño & Ameixeiras, Lily Kershaw e Rolling Stones; e da celebración dos 20 anos de Dios Ke Te Crew.

VIII Xornada de Onomástica 19.10.2023

O VIII Seminario de Onomástica da Real Academia Galega aborda este sábado en Pontevedra a presenza dos nomes propios na nosa literatura popular. Conversamos coa lingüista Luz Méndez e coa antropóloga Elena Freire Paz.

'Ultraluz', nas librarías e nos escenarios 19.10.2023

En outubro chega a librarías a versión estendida de "Ultraluz", de Ledicia Costas, Premio Afundación de poesía con Xerais. O 20 de outubro chega tamén aos escenarios na Cidade da Cultura, coa música de Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga.

A crónica deportiva 19-10-2023 19.10.2023

Escoitamos a Josep Señé no Racing de Ferrol e, na 1ª RFEF, ao galego Hugo Rama no Dépor e a Antoñín no CD Lugo. Ademais, repaso á vitoria do Breogán na Liga de Campións e as palabras da viguesa Marta Domínguez tras saber que o squash será olímpico en 2028

A 'Vacaloura' de Zeltia Irevire 18.10.2023

Zeltia Irevire preséntannos o seu primeiro álbum, 'Vacaloura', un disco sintonizado coa natureza no que falan o vento e o espírito do bosque.

Documental ' O médico dos pobres' 18.10.2023

O documental 'O médico dos pobres' ten prevista a súa estrea para o 15 de outubro na cidade de Lugo e despois por toda a provincia da Coruña e Lugo no mes de novembro e decembro. Recolle a historia de Manuel Díaz, falecido en setembro do 1936 a man de falanxistas. Falamos co seu director, Federico Rioboo.

A crónica deportiva 18-10-2023 18.10.2023

A última hora do CB Breogán horas antes de que o equipo de Lugo volva xogar competición europea, 38 anos despois. No fútbol escoitamos a Manu Sánchez no Celta e a José Ángel no Deportivo. Ademais falamos dos Mundiais de ximnasia acrobática nos que competirá a viguesa Melania Rodríguez

Arte e física na volta de Rubén Ramos 17.10.2023

Arte e física no retorno expositivo a Galicia de Rubén Ramos. Mónica Maneiro fálanos de 'La objeción de Ernst Mach a la línea del horizonte (de sucesos)', na galería Nordés.

Vertixe 11 17.10.2023

Nove concertos e unha miríada de residencias artísticas, actividades e conferencias espalladas por Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela. Un outono cargado de músicas de vangarda. Comeza o Vertixe 11!

'Diarios/1 [Azul Monforte]', de Antón Lopo 17.10.2023

No apartado literario, Dolores Vilavedra tráenos unha obra galardonada co Premio Fiz Vergara Vilariño. Trátase de 'Diarios/1 [Azul Monforte]', escrita por Antón Lopo e editada por Espiral Maior.

Que chega o VI Intersección! 17.10.2023

Comeza na Coruña o VI Festival Internacional de Cine Intersección, con proxección, mostras e outras actividades que poderán visitarse do 17 ao 22 de outubro. Para entender as súas claves charlamos co seu director, Gonzalo Veloso.

A crónica deportiva 17-10-2023 17.10.2023

Tralas emocións polo sorteo da primeira rolda da Copa do Rei de fútbol chegan as valoracións das eliminatorias con presenza galega: Boiro-Mallorca, Arosa-Granada, Turégano-Celta, Marbella-Racing, Covadonga-Deportivo, Avilés–Arenteiro, Antoniano-Lugo e Compostela-Tenerife

A recuperación de cadáveres de persoas represaliadas 16.10.2023

O noso experto Mario César Vila fálanos dos descubrimentos da UVigo e da recuperación dos cadáveres das persoas represaliadas durante o franquismo.

Premios da Cultura Galega 2023 16.10.2023

Os Premios da Cultura Galega concédeos a Xunta anualmente. Son galardóns sen dotación económica que distinguen a excelencia creativa. Falamos con Belén Brandido, produtora e distribuidora de Pistacatro (galardonada nas Artes Escénicas); e con Alfonso Blanco, director da produtora Portocabo (premio na categoría de Audiovisual).

A cronica deportiva 16-10-2023 16.10.2023

A última hora do Racing de Ferrol antes de xogar en Valencia. Na 1ª RFEF, o Dépor volve perder e volve queixarse das decisións arbitrais e, na Primeira, alarma no Celta pola lesión de Aidoo con Ghana

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.