AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ 2914 episodes

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: agalegaaudio.gal

Author

AGalegaAudio

Category

Sports

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A crónica deportiva 02-11-2023 02.11.2023

O Celta, o Racing de Ferrol, o CD Lugo, o Deportivo e o Arenteiro pasan a primeira rolda da Copa de fútbol, caeron o Compostela e o modesto Boiro, 0-4 co Mallorca. Pola tarde é outro 'Primeira', o Granada, o que visita o Arosa en Vilagarcía

Outono Códax Festival 01.11.2023

O Outono Códax Festival chega a Compostela do 3 ao 25 de novembro para encher de música a capital galega na súa decimo terceira edición. Falamos con Fran Villasenín, responsable do festival.

Os resultados do Certame Galego de Bandas de Música! 01.11.2023

Luís Miguel Crespo vén falarnos dos resultados do Certame Galego de Bandas de Música, do último concerto da Real Filharmonía e do Outono Lírico que se celebra en Vigo.

A crónica deportiva 01-11-2023 01.11.2023

Arrincamos no Vero Boquete coas primeiras valoracións trala eliminación da SD Compostela diante do Tenerife. Logo, a previa dos partidos da tarde do Celta, o Racing, o Dépor, o Lugo, o Arenteiro e o Boiro, ademais da Copa balonmán, coa derrota do Guardés, e a de FS coa histórica clasificación de O Castro para a final a 8

'Tino Grandío. Correspondencias' 31.10.2023

A dous meses do ano do centenario do pintor Tino Grandío, o Museo Provincial de Lugo abre sala monográfica e en Compostela a exposición 'Correspondencias. Tino Grandío' procura vínculos coas artes visuais últimas. Aurelia Balseiro é a directora do Museo Provincial de Lugo e Iñaki Martínez Antelo, un dos comisarios da mostra 'Tino Grandío. Correspondencias'.

'Eros y Tánatos': pulsión erótica e morte 31.10.2023

Mónica Maneiro comenta 'Eros y Tánatos', outra dobre mostra na galería compostelá Dupla. Yolanda Dorda e Roberto González Fernández retratan a pulsión erótica e a pulsión de morte.

'Unha saca de patacas' 31.10.2023

No apartado literario, Dolores Vilavedra fálanos de 'Unha saca de patacas', obra de Francisco Coimbra publicada por Xerais.

'Non finito': 30 anos de Tono Galán 31.10.2023

Vámonos ata Coruña con Tono Galán. A expo 'Non finito' de Tono Galán no Quiosco Alfonso da Coruña repasa os 30 anos da súa traxectoria como debuxante, pintor e escultor.

A crónica deportiva 31-10-2023 31.10.2023

Última hora dos sete equipos galegos que o mércores disputan a primeira eliminatoria da Copa do Rei de fútbol: Celta, Racing, CD Lugo, Deportivo, Arenteiro, Compostela, Arosa e Boiro

'Testosterona' 30.10.2023

"A muller ten que asumir no poder o rol masculino ou pode romper con el?” Camila Bossa protagoniza con Luis Iglesia Testosterona, a nova montaxe de Malasombra Producións. Falamos con ela e con Xoque Carbajal, director da obra.

Recuperando os restos de Anuncia Casado 30.10.2023

Mario César Vila fálanos dos traballos para tentar recuperar os restos de Anuncia Casado, a 'Pasionaria galega', asasinada no 36.

Hórreos e paneiras como Patrimonio Cultural 30.10.2023

Hórreos e paneiras camiño de seren Patrimonio Cultural: o Ministerio dálle impulso á reivindicación. O Consello Nacional de Patrimonio Histórico iniciará os trámites para o recoñecemento oficial.

Festival do Imaxinario Curtas 30.10.2023

Semana de medo en Vilagarcía. Celébrase o Festival do Imaxinario Curtas, centrado no cine fantástico. Serán proxectadas 23 longametraxes e 95 curtas. Falamos co director do festival, Luis Miguel Rosales.

A crónica deportiva 30-10-2023 30.10.2023

O Celta celebra reunión da xunta directiva sen que se cuestione, de momento, a continuidade de Rafa Benítez. No fútbol, destacamos tamén a vitoria do Racing no Sardinero e os triunfos do Deportivo e do CD Lugo

Dúas lecturas de Samaín 27.10.2023

Eva Mejuto vén falarnos de dous contos para ler neste Samaín: 'Valentina Nunca Calas e o Monstruo da Media Cara', de Charo Pita, e 'Sete monstruos e un gato', de Rafa Ordóñez.

Becerra tráenos circo con 'Pajarito' 27.10.2023

Afonso Becerra preséntanos algo diferente... circo! Nada máis e nada menos que o espectáculo "Isolada" da pallasa Natalia Outeiro 'Pajarito'.

A crónica deportiva 27-10-2023 27.10.2023

Mentres o Celta viaxa para xogar en Xirona, o club intenta a fichaxe do portugués Xeka, un mediocentro que hai tempo que seguen dende Vigo. Ademais, escoitamos a Jon García no Racing e os adestradores dos catro equipos galegos da 1ª RFEF e a pontevedresa Teresa Abelleira antes de xogar coa selección feminina

'Alimañas' e 'A contadora de películas' 26.10.2023

No relativo á gran pantalla, Moncho Lemos vén falarnos de dúas películas: 'Alimañas', de Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez; e 'A contadora de películas', de Lone Scherfig.

Comeza Womex 26.10.2023

Arranca Womex na Coruña. Está considerado como o encontro musical máis internacional e diverso do mundo. Desprazámonos ata alí para falar con Victor Bello, de Nordesia, e Carlos Seixas, do Festival de Músicas do Mundo de Sines.

A crónica deportiva 26-10-2023 26.10.2023

Rafa Benítez asegura que os datos do Celta son bos e di que están "por diante no Manchester City nos tiros a porta". No Deportivo, Retuerta recoñece que foi duro non xogar e analizamos a fichaxe do ex NBA Justin Anderson no Breogán

Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade 25.10.2023

Na Fundación Laxeiro de Vigo inaugurouse a exposición “O que hai. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade”. Alberto Santos é o comisario da mesma.

The Fabulous Fear Machine e Do Not Feed the Monkeys 25.10.2023

A nosa experta en videoxogos, Luz Castro, tráenos dous produtos da empresa Fictiorama: The Fabulous Fear Machine e Do Not Feed the Monkeys.

A crónica deportiva 25-10-2023 25.10.2023

Falamos co pai de Brais Méndez despois de que o ex do Celta volvese asinar outra gran noite na Liga de Campións; no Racing, Moi Delgado ampara a Fran Manzanara e, no baloncesto, Toni Nakic avanza na súa recuperación no Breogán

'Ante a inminencia' de Rubén Santiago 24.10.2023

Auga e moedas do alxibe do castelo de San Antón. Son parte dos materiais que Rubén Santiago emprega na mostra 'Ante a inminencia', que pode visitarse na 'Normal' da Coruña, e da que falamos con Mónica Maneiro.

'Hotel Carioca', de Antón Riveiro Coello 24.10.2023

Con Dolores Vilavedra falamos do libro 'Hotel Carioca', de Antón Riveiro Coello. Galardonado co I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2022, foi editado por Galaxia.

Listen to the Todos os podcast | A crónica deportiva podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.