Fidel Mouzo
Retrato Sonoro
Un podcast de Fidel Mouzo que, ás veces, comeza cunha foto, un instante captado en imaxe e cuxa descrición propicia a conversa, a memoria, os feitos e as persoas. Cultura, etnografía e persoas de Galicia. En Sons.red.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Mentres uns miran, outros enxergan, así fala Felipe-Senén 25.07.2025 1:46:38
Hai conversas que son coma camiñar por unha rúa coñecida, con farois acesos e pasos ben marcados. E hai outras… que son como entrar nunha fervenza: poderosa, incontrolable e chea de vida. A de hoxe é desas... Neste novo episodio de Retrato Sonoro, cumpro unha vella aspiración: conversar con Felipe-Senén López Gómez, un dos grandes divulgadores culturais de Galicia, arqueólogo, museólogo e activist...
Entre pedras, paixón e latín mal falado: María Loira Enríquez e o segredo de vivir tranquiliña e feliz. 25.05.2025 2:28:10
Boas, benvidas e benvidos a un novo episodio de Retrato Sonoro, presentado e producido por Fidel Mouzo. Retomamos o espírito inicial do podcast, deixando momentaneamente o serial sobre o viño con Jorge Marcote en Da cepa á bodega. Hoxe propoñémosvos unha viaxe ao pasado da man dunha muller coa que sempre asocio mestría: María Loira Enríquez, arqueóloga, investigadora e profesora na UNED, onde tive...
Da cepa á bodega: Uvas, filoxera e… Graham Greene? Episodio 4, con Luis Congil! 13.05.2025 33:43
Benvidas e benvidos ao cuarto episodio deste apaixonante serial sobre a historia do viño en Galicia, «Da cepa á bodega», en Retrato Sonoro. Unha conversa conducida por Fidel Mouzo, con Jorge Marcote, viticultor; e o noso protagonista, o xornalista Luis Congil, autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, publicada polo Consorcio Editorial Galego. Neste episodio abrimos novas fronteiras e ab...
Da cepa á bodega: O pasado e o futuro do viño galego. Con Luis Congil, episodio 3 22.04.2025 31:49
Benvidas e benvidos a este terceiro episodio do noso serial Da cepa á bodega, onde seguimos afondando na historia do viño en Galicia da man do xornalista Luis Congil, autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, publicado polo Consorcio Editorial Galego. Este podcast, conducido por Fidel Mouzo e acompañado polo viticultor Jorge Marcote, continúa a súa viaxe polos segredos, as lendas e as ev...
Da cepa á bodega: Galicia, a reserva da viñosfera. Con Luis Congil, episodio 2. 03.04.2025 30:21
Benvidas e benvidos a este segundo episodio con Luis Congil, xornalista e autor de "A marabillosa historia do viño en Galicia", onde seguimos afondando no legado vitivinícola do noso país. Se no primeiro episodio descubrimos documentos históricos que vinculaban o primeiro viño documentado de Ribadavia con América, ademais de fabulacións (ou non) de Álvaro Cunqueiro, os lagares de Castrelo de Miño...
Da cepa á bodega: Descubrindo a marabillosa historia do viño en Galicia con Luis Congil. Episodio 1 16.03.2025 31:56
Benvidas e benvidos a unha nova entrega de Da cepa á bodega, o serial dentro do podcast Retrato Sonoro, onde exploramos o mundo do viño en Galicia desde unha perspectiva cultural, social e histórica, con Jorge Marcote-Viticultor. Nesta ocasión, non imos falar de viticultores nin de como se fai o viño, senón da súa historia, documentada con paixón por Luis Congil, xornalista e autor do libro A mara...
Episodio 8: Tertulia, amizade e cata, despedimos cun “ata logo” a Alfredo Álvarez. 05.03.2025 2:22:31
Chegamos ao derradeiro, alomenos de momento, episodio deste serial “Da cepa á bodega” con Alfredo Álvarez: sumiller, hostaleiro e creador de viños que durante estes 8 capítulos e algún extra que coñeceredes hoxe estivo acompañando a este podcast, Retrato Sonoro, durante estes meses. Jorge Marcote, alma mater deste serial sobre o mundo do viño en Galicia, fixo por este serial todo o que podía facer...
Episodio 7 A fin de Casa Alfredo e a aspiración Michelín. 11.01.2025 35:04
Benvidas e benvidos a ‘Retrato Sonoro’, o podcast onde as historias máis auténticas cobran vida a través das voces dos seus protagonistas. Hoxe continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, coa colaboración esencial de Jorge Marcote, quen nos axuda a profundizar no mundo do viño e da restauración. Nos episodios anteriores coñecemos a Alfredo Álvarez, un referente da alta cociña galega e fundador...
Episodio 6 con Alfredo Álvarez: Matices do Viño a través do cristal e clientela influínte 27.12.2024 36:25
Benvidos, benvidos a un novo episodio de ‘Retrato Sonoro’. Eu son Fidel Mouzo e atopámonos neste espazo sonoro,onde cada conversa nos leva a descubrir o que está detrás das persoas que nos acompañan e das súas historias, e continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’ coa sempre valiosa colaboración de Jorge Marcote, viticultor. Nos últimos episodios exploramos a fascinante traxectoria de Alfredo...
Episodio 5 con Alfredo Álvarez e Jorge Marcote: "A Crise na Hostalería: Camareiros e Solucións" 16.12.2024 43:03
Benvidas e benvidos de novo a ‘Retrato Sonoro’, o podcast onde exploramos as historias de xente que paga moito a pena coñecer, cun enfoque especial no noso serial ‘Da cepa á bodega’, que continuamos grazas á inestimable colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños na D.O. Rías Baixas. Jorge, co seu amplo coñecemento no mundo do viño, achega autenticidade e profundidade a cada un do...
Episodio 4: Casa Alfredo, a revolución gastronómica de Mos. 30.11.2024 50:46
Benvidos de novo a ‘Retrato Sonoro’, onde seguimos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, unha viaxe polo mundo do viño coa colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños. Nos primeiros episodios tivemos a oportunidade de coñecer a fondo a Alfredo Álvarez. No primeiro episodio, Alfredo falounos da súa traxectoria e das tradicións familiares relacionadas co viño. No segundo, abordamos a s...
Episodio 4, “Da cepa á bodega con Quin Álvarez e Jorge Marcote”: Son nacionalista porque creo na miña terra. 19.11.2024 57:36
Ola ola! Chegamos ao final do serial Da cepa á bodega con Quin Álvarez. O noso Quin. Quin do Américo. Para Emmanuel e para min (Fidel) foi todo un descubrimento este home cunha importancia grandísima no mundo vitivinícola, no mundo agrario aló pola Galiza do sur, en Goián, Tomiño, provincia de Pontevedra. Foron os audios un resumo un extracto dunha vida, un pouco da súa sabedoría con relación aos...
Episodio 3 con Alfredo Álvarez: Rubines e os segredos dunha cata profesional. 15.11.2024 31:30
Benvidas, benvidos a ‘Retrato Sonoro’, eu son Fidel Mouzo e este é o podcast onde capturamos as historias a través do son e da palabra. Seguimos co noso serial ‘Da cepa á bodega’, no que exploramos o apaixonante mundo do viño coa colaboración de Jorge Marcote, viticultor e creador de viños da D.O. Rías Baixas, como Gea, Marcote e As Pedrosas, entre outros. Jorge é fundamental para a profundidade e...
A sumillería, con Alfredo Álvarez 01.11.2024 44:37
Ola de novo en Retrato Sonoro, eu son Fidel Mouzo e no episodio anterior de 'Da cepa á bodega', tivemos o pracer de coñecer a Alfredo Álvarez, quen nos apuntou a súa traxectoria no mundo do viño, a sumillería e os seus recordos familiares ligados ao servizo do viño. Se non o escoitaches, recoméndoche que o fagas para entender mellor este relato das cousas. Hoxe, no segundo episodio con Alfredo e c...
Episodio 1 - Tradición e Viño: A Herdanza de Alfredo Álvarez 18.10.2024 36:32
Benvidos a ‘Retrato Sonoro, o podcast onde retratamos, a través da palabra e o son, as historias das persoas que fan historia, ou alomenos a súa propia historia e que teñen a ven facernos partícipes dela. Hoxe estamos nun novo episodio do noso serial ‘Da cepa á bodega’, onde exploramos o mundo do viño e a súa xente coa colaboración inestimable de Jorge Marcote. Jorge é viticultor, actualmente trab...
"Da cepa á bodega con Monsalve e Marcote". Os proxectos: Bodega Eloi Lorenzo e Jorge Marcote Viticultor. 26.08.2024 1:31:24
Benvidas e benvidos a «Da cepa á bodega» en «Retrato Sonoro»! Neste episodio número 3, pechamos esta serie con Javier Monsalve e Jorge Marcote, dúas persoas apaixonadas do mundo do viño que me acompañaron nestes tres episodios. Nos dous primeiros capítulos, comezamos coñecendo as historias persoais de Jorge e Javier, explorando como descubriron as súas paixóns polo viño e como, aínda que non fose...
“Da cepa á bodega”: de sacar ollos, de facer viños de autor e viños “frikis” 03.08.2024 1:29:38
Benvidos a un novo capítulo de «Retrato Sonoro». Neste segundo episodio da nosa serie especial «Da cepa á bodega» con Monsalve e Marcote, seguimos mergullándonos no mundo do viño da man dos nosos copartícipes na conversa Javier e Jorge. No primeiro capítulo, aquel que demos en chamar “En Arnoia, de viaxes vitais e historias inspiradoras” comezamos coñecendo as historias persoais de Javier e Jorge...
Da cepa á bodega: en Arnoia de viaxes vitais e historias inspiradoras. 11.07.2024 1:26:01
Benvidas, benvidos a un novo episodio de «Retrato Sonoro» co seu apartado vinculado á cultura vitivinícola que chamamos “Da cepa á bodega” e que propicia Jorge Marcote. Neste podcast, imos mergullarnos no apaixonante mundo do viño, pero tamén nas vidas e traxectorias dos nosos convidados. Para este capítulo, temos a Javier Monsalve. Como Jorge Marcote, é creador de viños de autor, un termo que nos...
Da cepa á bodega con Esther e Jorge: "A voz da terra: o camiño, a incomprensión, e a satisfacción do viño ecolóxico" 18.02.2024 1:22:31
Boas! Benvidos a este segundo episodio con Esther Teijeiro Lemos en “Da cepa á bodega con Jorge Marcote”. Como sabes levamos varios podcasts de Retrato Sonoro dedicándonos ao mundo da viticulutra e as persoas vinculadas a ela. Todas baixo o paraugas que nos cubre, Jorge Marcote, creador de Vinos Gea e traballador, a día de hoxe, de Bodegas Pentecostés, un proxecto de viños moi interesante en Gondo...
CON ESTHER TEIJEIRO LEMOS: «NON EMIGREI PORQUE QUIXEN DEFENDER E TRABALLAR NO QUE É NOSO». 19.01.2024 52:29
Benvidos a Retrato Sonoro, benvidos ao un novo apartado do serial “Da Cepa á Bodega con Jorge Marcote” que en esta ocasión terá a unha protagonista feminina: Esther Teijeiro Lemos. Hoxe traemos o primeiro episodio nestes serial de dous capítulos nos que a protagonista será esta octoxenaria en idade, non de espíritu e xa veredes que ser máis especial tivemos a sorte de ter no podcast. No corazón da...
Episodio 3 de "Da cepa á bodega con Quin Álvarez e Jorge Marcote": Teimosía ven de teimoso, de teima. 07.11.2023 1:20:21
Dí a Real Academia da Lingua Galega o seguinte da palabra Teima: Idea fixa e constante ou costume raro no que se persiste. De teimoso ven o dicionario a falarnos que é un sinómimo de obstinado: Que teima nas súas ideas. E pensamos que lle acae moi ben a Quin Álvarez, un home obstinado: que se aferra con enerxía a unha idea ou a unha maneira de actuar. De aí que lle puxese ese nome, Teimosía, a un...
Episodio 2 "Escoita máis aos vellos ignorante do lugar e non tanto ao Libro Gordo de Petete" 11.10.2023 1:18:54
Novo Retrato Sonoro na serie “Da cepa á bodega con Jorge Marcote e Quin Álvarez” neste episodio 2. Na fotografía podedes ver algo do que falamos no primeiro episodio “Quin do Américo”, é o noso protagonista onde máis lle gusta estar, traballando na viña. Xa sabedes que andamos sempre á busca de títulos que sexan o mais descriptivos que podemos, para que vos fagades unha leve idea do que atopades n...
Episodio 1: Quin do Américo 27.09.2023 1:22:04
Isto, como sabedes as personas que escoitades, é Retrato Sonoro. Un podcast realizado por Fidel Mouzo e Emmanuel Vázquez. Comezamos con este episodio que demos en chamar “Quin do Américo”, unha nova serie de audios que pensamos poden ser do voso interese. Unha serie de podcasts que xirarán en torno ao mundo do viño. Imos percorrer un camiño cultural, etnográfico, agrario e empresarial que rodea a...
Manuel Vilar Álvarez, Episodio 3: "Somos galegos" 14.08.2023 41:34
Finalizamos, pechamos, como bautizou Emmanuel, o tríptico en audio de Retrato Sonoro con Manuel Vilar Álvarez con este “Somos galegos” que fará o definitivo deste serial co director do Museo do Pobo Galego. Neste intre voltamos a cousas máis persoais e directamente relacionadas coa nosa forma de ser en Galicia, desas cousas que nos fan únicas e únicos. Uns breves comentarios sobre a nosa relixiosi...
MANUEL VILAR ÁLVAREZ, EPISODIO 2: O MUSEO. 14.07.2023 1:25:05
Sodes benvidas e benvidos a este segundo episodio do Retrato Sonoro de Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego, realizada por Fidel e Emmanuel. Se escoitaches o primeiro episodio, sabes que tratamos con Manuel de moitos aspectos persoais da súa vida, da súa infancia de aldea, e da percepción sobre a contorna e a nosa relación con ela. Neste capítulo trataremos máis a súa faceta como...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.