Radio Ateneo
Onda peregrina
Programa, da man de Manolo Fraga, sobre a experiencia dos Camiños de Santiago e o universo xacobeo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Antonio e María Dolores, peregrinos sevillanos 23.06.2026 13:26
Hoxe coñecemos a María Dolores e Antonio, un matrimonio sevillano que acaba de chegar a Santiago tras facer o Camiño dende Sarria e despois de ter recibido xa 19 Compostelas.
Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín 09.06.2026 12:30
Manolo Fraga conversa hoxe con Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín, vila que foi este ano quilómetro cero dos incendios deste verán, que obrigaron a pechar parte do Camiño de Inverno.
Mónica y Marta 27.05.2026 6:06
Mónica e Martan veñen de Bos Aires e rematan hoxe a súa última etapa do Camiño de Santiago. Hoxe cóntannos as súas experiencias, a felicidade e a xente que puideron atopar no Camiño.
Juan Neira, tuno y peregrino colombiano 22.04.2026 13:05
Juan Neira é un arquitecto colombiano e tamén tuno da Universidade Nacional de Colombia. Tiña claro o primeiro que quería facer cando chegou a Europa: o Camiño de Santiago.
Julián Prieto 18.03.2026 10:27
Julián Prieto é responsable do Albergue 'La Tinería' en Ávila, quen despois de con xubilarse se aventurou a coñecer o Camiño de Santiago e conversa hoxe con Manolo Fraga.
Joaquín Gómez, sacerdote de Guadalajara 14.12.2021 11:26
Hoxe conversamos con Joaquín Gómez, un sacerdote de Guadalajara que remata o camiño e agarda a poder entrar na Praza do Obradoiro despois da visita dos Reis á Catedral.
Pedro - Tren de Sahagún a León 30.11.2021 7:48
Hoxe falamos con Pedro, que percorre o traxecto de Sahagún a León en tren para facer o singular camiño de San Salvador.
Beatriz y Blanca - Bar Gil de Reliegos 23.11.2021 6:31
Hoxe en Onda Peregrina escoitamos a Beatriz e Blanca que rexentan a Bodega Gil de Reliegos de las Matas, un pobo de León.
Diana Bar El Camino - El Burgo Ranero 09.11.2021 5:49
Hoxe en Onda Peregrina escoitamos a Diana, que rexenta o Bar El Camino, en El Burgo Ranero.
Pablo de Zaragoza 26.10.2021 7:57
Hoxe falamos con Pablo, un zaragozano de 41 anos, chegando ao Burgo Ranero, camiño de León, mentres fai o Camiño Francés.
Erika 12.10.2021 9:42
Hoxe coñeceremos a historia de Erika, unha colombiana que nos contará as súas experiencias facendo o Camiño de Santiago.
José Luis e Nicolás 28.09.2021 9:21
Hoxe Manolo Fraga retoma Onda peregrina falando con José Luís e Nicolás en Terradillos de los Templarios, no Camiño de Santiago.
Jean-Claude 26.05.2021 9:48
Entrevista en abril de 2019 a Jean-Claude Benazet, autor da canción de peregrinos “Ultreia”.
Perregrinas en Torrijos 19.05.2021 9:03
Hoxe coñecemos en Torrijos a un grupo rapazas toledanas que están facendo o Camiño de Santiago.
Coronel Rúa 12.05.2021 14:00
O coronel José Rúa Pérez, santiagués, fixo o Camiño de Inverno 14 veces. Entrevista de 2019.
Padres Carlos Salazar y Evanán González 05.05.2021 13:02
Neste podcast escoitaremos a dous párrocos venezolanos nos Camiños De Santiago: Carlos Salazar e Evanán González.
Conselleiro Román Rodríguez 28.04.2021 5:56
Entrevista sobre o Camiño de Inverno en Monforte ao conselleiro Román Rodríguez en abril de 2019, cando Turismo e o Xacobeo estaban entre as súas competencias.
Romualdo e Asunción Arias 21.04.2021 13:50
Entrevista a Romualdo, zanfonista afincado na Ribeira Sacra, e a Asunción Arias, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, o día en que se inaugurou a exposición sobre o Camiño de Inverno no Hotel Oca Puerta del Camino o 29 de febrero de 2020.
Roberto Iglesias nos Pendellos 14.04.2021 12:50
Entrevista a Roberto Iglesias, hostaleiro de Chantada, en plena Ribeira Sacra luguesa, por onde pasa o Camiño de Inverno. 10 de outubro do 2020.
Aida Menéndez 10.04.2021 7:37
Aida Menéndez, presidenta fundadora da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, fala do traballo de fondo realizado en defensa do Camiño de Inverno ―ruta xacobea oficial desde 2016― con motivo do vixésimo aniversario da entidade, que se celebrou en abril de 2019.
Saturno Astandoa 01.04.2021 5:51
O presidente da Asociación Camiño de Inverno a Santiago polo Bierzo, Saturno Astandoa, lamenta que Castilla y León non outorgue carácter oficial ao Camiño de Inverno. Entrevista de outubro de 2019.
Segundo Pérez 24.03.2021 11:32
O delegado das Peregrinacións da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, fala do ano xubilar en pandemia.
Espido Freire 17.03.2021 6:41
A escritora bilbaína de orixe galega Espido Freire participou nun faladoiro sobre Muller e Camiño que se celebrou no Centro Internacional de Acollida do Peregrino. Neste encontro organizado pola Xunta de Galicia baixo o epígrafe de Xacobeo Peregrinas, Espido rememorou a súa peregrinación ata Fisterra e o subseguinte libro que escribiu e publicou en 2009.
Míkel e Márkel en Villacálzar de Sirga 09.03.2021 6:15
Míkel e Márkel, pai e neno, fan xuntos o Camiño desde Roncesvalles a Santiago en agosto de 2019. Falamos con eles saíndo de Villalcázar de Sirga, unha vila espectacular, e a poucos kilómetros de Carrión de los Condes.
Secundino en Itero de la Vega 02.03.2021 7:52
Secundino, agricultor en Itero de la Vega —primeira vila de Palencia, tras cruzar a ponte sobre o río Pisuerga— amosa unha humanidade e unha franquza difíciles de lograr cando hai un micrófono diante.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.