Manuel Gago
Na volta da folla
Manuel Gago desenvolve neste podcast as exploracións na historia e cultura de Galicia que publica habitualmente noutras redes sociais. Unha porta aberta á volta de folla da historia, antropoloxía e cultura galegas.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Sole Felloza, o Festival Atlántica e o futuro da narración oral 28.06.2026 55:37
Esta semana iníciase a XIV edición do Festival Atlántica de Narración Oral, o evento consagrado á arte de contar máis grande do ámbito europeo. Coa súa directora, a narradora oral e xestora cultural Sole Felloza, falamos sobre as novidades da edición pero tamén de moitas máis cousas: as conexións entre os festivais e as comunidades locais, a renovación xeracional da narración oral galega ou como o...
O achado da copa de Berlanga con Jesús García Sánchez 23.04.2026 30:27
Acaba de publicarse na prestixiosa revista Britannia o achado dunha peza excepcional en Berlanga de Duero (Soria): a bautizada como copa de Berlanga. Trátase dun vaso da escasa serie do muro de Hadriano, unha especie de souvenir dos militares destacados nos límites entre o Imperio Británico e Caledonia. Para Jesús García, un dos arqueólogos responsables do seu estudo, o vaso foi traído por un anti...
Xurxo Ayán: unha arqueoloxía do arqueólogo (Parte I) 05.04.2026 40:11
Xurxo Ayán é un dos máis coñecidos arqueólogos de Galicia. Irreverente, brillante, rebelde e visionario, nesta entrevista fago arqueoloxía del mesmo, percorrendo os momentos clave da súa vocación. Unha conversa informal cun gran amigo na que coñeceremos as claves íntimas dunha visión do pasado, de Galicia e da ciencia. Fotografía de Xurxo: Sergio Enríquez Nistal
O val do Salas e fronteira con Portugal 20.12.2025 37:40
No século XII o reino de Galicia viviu a escisión da súa parte portuguesa, e alí se formou unha das fronteiras máis antigas de Europa. Pero neses primeiros séculos, a fronteira era calquera cousa menos unha marca estable, e os conflitos entre os dous territorios deixaron traza arqueolóxica. Falamos co arqueólogo Juan Manuel Galiña sobre como no ourensán Val do Salas fican numerosas trazas document...
A nova literatura portuguesa con Miguel Gouveia 31.07.2025 30:51
O editor, libreiro e narrador oral Miguel Gouveia ofrécenos pistas para descubrir o panorama da nova literatura portuguesa: desde editoras, librarías interesantes do norte e de Lisboa, podcasts especializados ata autoras e autores. Unha conversa que mantivemos no marco do Festival Atlántica de Narración Oral 2025.
As lexións da fin do mundo 26.06.2025 37:07
Entre 2023 e 2024 un equipo das universidades de Salamanca e Santiago de Compostela, xunto coa empresa Tempos Arqueólogos, desenvolvimos un proxecto de investigación ao redor dos campamentos romanos máis occidentais localizados no continente europeo: os da provincia da Coruña. Entre as iniciativas de difusión coas que acompañamos os proxectos arqueolóxicos atópase este podcast dun único episodio:...
O cineísta andarengo, con Manolo González 08.06.2025 27:22
No novo episodio de Na volta da folla, abordamos a vida do que debe ser un dos primeiros sendeiristas de Galicia, Alfonso Piñón. Camiñante da comarca de Ferrol e de toda Galicia nas décadas de 1920 e 1930, Piñón asinaba co seudónimo Bernardino de Lamas populares columnas de xornal nas que narraba as súas aventuras polos montes. E non só iso: deixounos un legado de tres horas de cine (absolutamente...
O mar que escribe no santuario da Virxe da Barca 29.04.2025 25:07
O santuario da Virxe da Barca garda rechamantes prácticas ao redor das pedras sagradas, pero algunhas desapareceron na memoria. Entre elas, aquela pola que o mar escribía nas pedras para ti. Exploramos de a cabalo entre a documentación histórica e a bioloxía mariña este curioso fenómeno hoxe esquecido.
Cando Merlín era galego 11.04.2025 12:20
Merlín é unha das personaxes medievais de ficción máis intrigantes, e a súa ampla sona e os moitos escritores fixeron que a súa historia fora cambiando cos séculos. Neste episodio coñeceremos a curiosa historia de cando Merlín era galego (spoiler, de Lugo).
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.