ghurrucho
Gurrucho de Vozcast
Programa no que charlamos sobre os nosos gustos e inquedanzas: literatura, cinema, banda deseñada, series ou o que se nos pase pola cachola, e en galego.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Gurrucho Indiana Jones Aventura. Podcast en galego 01.05.2018 2:04:09
Falamos da creación de Lucas e Spielberg, Indiana Jones, tanto das súas catro (si, catro) películas coma das fontes das que beben e dos traballo posteriores que poidesen ter inspirado. Tamén inventamos un tráiler dunha suposta serie ambientada en Galicia e protagonizada pola aventureira Barbanza Anllóns.
Gurrucho Superlópez Superheroes. Podcast en galego 03.04.2018 2:09:31
Desta vez falamos do superheroe Superlópez, un clásico da banda deseñada española, dende unha pequena biografía de Jan, o seu creador, até comentar algunha das súas aventuras. Tamén indagamos no mundo dos superheroes, esas figuras tan americanas, nas súas raíces e na proliferación actual. Rematamos co tráiler dun suposto superheroe galego, Cormomán.
Gurrucho Homero Mitoloxía. Podcast en galego 04.03.2018 2:16:50
Se o de decembro publicámolo en xaneiro e o de xaneiro en febreiro, este gurrucho de febreiro non podía ser menos e subímolo en marzo. Inflación temporal. Desta vez falamos de mitoloxía grega coa axuda do pesado erudito Fin, que nos ilustrará en col de Homero e a súa obra, outros mitos da Hélade e tamén algúns de Galicia e o mundo.
Gurrucho P.K.Dick Ficción científica. Podcast en galego 03.02.2018 1:59:40
Falamos do escritor de novela e relato estadounidense Phillip K. Dick, da súa vida e obra, e tamén das obras que inspirou, inda que fose de xeito moi miúdo. Tamén nos atrevemos, ousados que somos, a definir a ficción científica e rastrexar as súas orixes.
Gurrucho A Guerra das Galaxias. Podcast en galego 02.01.2018 2:19:08
No derradeiro podcast do 2017 e primeiro do 2018, falamos dunha das iconas da cultura popular, a saga de "A Guerra das Galaxias" ou como din agora, "Star Wars". A creación de George Lucas que trascendeu ao propio autor e se converteu nunha obra universal, patrimonio dos fans e os non tan fans. Tamén repasamos as súas influenzas e o posible legado desta magna obra.
Gurrucho Leone Spaghetti Western. Podcast en galego 20.11.2017 2:40:00
Para celebrarmos o noso aniversario escollemos falar do primeiro tema que tratamos no gurrucho, cando aínda eramos "chupito". Un podcast inédito que algún día, se hai demanda, subiremos. Desta vez falamos do director italiano Sergio Leone e do Spaghetti Western como xéneroe facémolo por primeira vez en dúas quendas que unimos neste podcast.
Anuncio Triloxía Dolar 13.11.2017 2:41
Preme este enlace para oirnos en directo o luns 13 de Novembro de 2017!! https://www.youtube.com/watch?v=1lnJIXY044o Segunda parte do podcast que adicamos á Triloxía do Dólar de Sergio Leone, co motivo do noso primeiro aniversario nas redes podcasteiras.
Gurrucho The Wire Series. Podcast en galego 30.09.2017 2:00:40
Falamos sobre a gran serie da HBO "The Wire", dos seus autores, actores, tempadas e teorías varias. E SEN SPOILERS. Non deixamos de lado tampouco o polémico tema da súa dobraxe ó castelán feita en Galicia. Tamén abordamos un chisco o mundo das series, tan de moda nos nosos días.
Monogurrucho Xogos de Mesa. Podcast en galego 12.09.2017 1:09:57
Neste episodio contamos con Marc, presidente da asociación de xogos de mesa "Tempus Ludit" de Cangas do Morrazo. Con el falaremos un chisco dos primeiros xogos da historia, así coma os da nosa infancia aló polos anos set... oitenta. Finalmente, o celme do programa serán os xogos de mesa actuais, unha industria que está en época de bonanza, ou iso semella.
Gurrucho Monty Python Humor Absurdo. Podcast en galego 27.08.2017 1:56:50
Neste programa falamos do mítico grupo humorísico británico Monty Python, dos seus inicios, o seu programa "Monty Python's Flying Circus", e das súas películas. Máis adiante falamos das súas posibles inspiracións no mundo do humor absurdo, asi como das orixes da comedia (un chisquiño so). Por último comentamos posibles debedoras máis actuais, e buscamos trazas de humor absurdo en Galicia.
Gurrucho Yojimbo Kurosawa. Podcast en galego 28.07.2017 1:57:15
Neste episodio falamos do filme xaponés Yojimbo, unha mistura entre o xénero nipón do chanbara e o americano do western. Tamén adicamos tempo ó seu director, o famoso Akira Kurosawa, un dos directores do país do sol nacente máis consumidos en occidente, dende os estratos máis baixos até a máis alta nobreza... Por último, indagamos un chisco na historia do Xapón para a continuación explorar todo o...
Gurrucho Lovecraft Horror Cósmico. Podcast en Galego 20.06.2017 2:09:14
Nesta ocasión visitamos o mundo de H. P. Lovecraft, o escritor de Providence que tanto influenciou no xénero de terror no século XX e o que levamos do XXI. Falamos da súa vida, obra, antecedentes e legado, para rematar por falarmos brevemente na literatura deste xénero cultivada en Galicia. Fe de erratas: Manuel Quiroga non é un violinista de principios do século XIX, senon do XX!
Gurrucho Astérix e Obélix. Podcast en galego 31.05.2017 1:59:12
Este é un gurrucho especial no que falamos dos entrañables personaxes saídos do maxín de Goscinny e o lápis de Uderzo. Centrámonos sobre todo na banda deseñada, que é o medio que os viu nacer, pero tamén nos adentramos noutras disciplinas coma a animación e o cinema.
Monogurrucho King Kong. Podcast en galego 02.05.2017 1:02:30
Falamos sobre a orixe do icónico personaxe King Kong, e do filme que lle deu vida, King Kong do ano 1933. Tamén tocamos brevemente outras películas do mesmo título, así coma algunhas das versións que se fixeron e o salto da criatura a outras plataformas e medios como son a literatura e os videoxogos.
Gurrucho Ghost in the Shell Cyberpunk. Podcast en galego 18.04.2017 1:57:55
Neste gurrucho falamos do manga, e sobre todo do anime "Ghost in the Shell", de Masamune Shirow e Mamoru Oshii respectivamente, co gallo da recente estrea en cinemas da película homónima protagonizada pola actriz Sacrlett Johansson, á que lle facemos menos caso. Á película, claro... Tamén tocamos un chisco o subxénero denominado cyberpunk, as súas orixes e a súa evolución polos vieiros da cultura...
Monogurrucho Stephen King. Podcast en galego 05.04.2017 1:07:37
Neste segundo monogurrucho falamos sobre o escritor Stephen King, un dos máximos representantes da literatura de terror do século XX e do que levamos de XXI. Facemos un leve repaso á súa vida e metémonos a opinar acerca dalgunha das súas obras así coma do seu estilo como narrador.
Gurrucho Tolkien Fantasía Heroica. Podcast en Galego 21.03.2017 2:25:06
Desta vez falamos dun dos escritores máis influíntes da literatura fantástica, o inglés J.R.R. Tolkien, e do seu libro máis afamado, O señor dos aneis. Coma sempre, no primeiro bloque abordamos algunhas das fontes das que bebe o autor, no segundo achegámonos á súa vida e obra, no terceiro fixámonos no seu posible legado e, para rematar, no cuarto pescudamos trazas de fantasía heroica na obra de fi...
Monogurrucho Peckinpah. Podcast en galego 05.03.2017 1:02:46
Falamos durante unha hora da vida e obra do director de cinema estadounidense Sam Peckinpah, dos trazos mais característicos do seu traballo, e da sua obra mestra "Grupo Salvaxe" neste primeiro gurrucho monográfico.
Gurrucho Romero Zombie. Podcast en galego 20.02.2017 2:11:18
Falamos da triloxía zombie de George A. Romero, así coma dos inicios do termo zombie, as suas raíces na relixión vudú, e do impacto que este cineasta terá na nosa percepción do "xénero zombie". Por último, tentamos atopar referentes deste xénero na nosa propia cultura, e propoñemos un guión dun suposto apocalipse zombie galaico.
Gurrucho Conan Espada e Bruxería. Podcast en galego 17.01.2017 2:33:23
Desta vez falamos sobre o xénero de Espada e Bruxería e do seu expoñente máis famoso, Conan o Bárbaro, o personaxe saído do caletre do texano Robert E. Howard. Bloco 1, O germen, o xerme, o xermolo: Tentamos esclarecer algunhas das influenzas do xénero. Bloco 2, Afondarmos-nos: "Destripamos" a Conan e a Howard. Bloco 3, Máis en col: Derivados do Cimmerio. Bloco 4, Acanda Galicia: Made in Galicia e...
Gurrucho Wells Máquina do Tempo. Podcast en galego 21.12.2016 1:56:50
Falamos sobre as viaxes no tempo e a obra de HG Wells, centrándonos na súa "Máquina do tempo". BLOCOS: 1- O germen, o xerme, o xermolo... e metamovidas: O tempo e as viaxes no tempo antes de HG Wells 2- Afondarmos-nos: Vida e obra (por riba) de HG Wells 3- Máis en col: O tempo e as viaxes no tempo despois de HG Wells 4- A canda Galicia: O tempo e as viaxes no tempo en Galicia
Gurrucho Mad Max Postapocalíptico. Podcast en galego 24.11.2016 1:58:23
Falamos das catro películas de Mad Max e do xénero postapocalíptico en xeral.
Gurrucho Falcón Maltés Noir. Podcast en galego 24.11.2016 1:58:13
Tomamos como punto de partida a novela de Dashiell Hammett "O falcón maltés" para adentrarnos no mundo do xénero negro.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.